A nosa benvida ao CEIP Martagona                   

 

DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

 Dende o Departamento de Normalización Lingüística ficemos moitas actividades ao longo do curso. Deixámosvos unhas fotos do traballo realizado.

Para celebrar a entrada do Outono e o Magosto, entre outras activdades, fixemos  uns murais moi chulos...

UN PLANETA VERDE

Foi moi ben aproveitado este curso de reciclaxe!

Adquirimos hábitos de conservación e protección da natureza e traballamos xuntos e en equipo para facer un mundo máis sostible. 

Deixámosvos un documento power point para que poidades ver o traballo realizado. Esperamos que vos guste.

SAMAÍN

Achégase o Samaín, e o noso cole xa está ambientado con cabazas, que os nosos nenos e nenas con agarimo decoraron para colocar nunha exposición nos corredores e na biblioteca do colexio.

Quedaron moi chulas!! Animádevos a vir velas!!!

CARREIRA SOLIDARIA

 O pasado venres 26 celebramos a carreira solidaria contra a leucemia infantil. Foi unha xornada moi emotiva na que alumnado e mestras/es  corrimos cun mesmo obxectivo: colaborar na investigación da leucemia infantil.

CARREIRA SOLIDARIA

O vindeiro 26 de outubro o noso colexio organiza unha carreira solidaria participando na IV edición de la "La vuelta al cole", que é promovida pola Fundación Unoentrecienmil.

Powered by Drupal - Design by artinet