DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

 Dende o Departamento de Normalización Lingüística ficemos moitas actividades ao longo do curso. Deixámosvos unhas fotos do traballo realizado.

Para celebrar a entrada do Outono e o Magosto, entre outras activdades, fixemos  uns murais moi chulos...

 Durante o outono tamén celebramos o Día do Peón

O día dos Dereitos dos Nenos, vimos un vídeo na biblioeca e os maiores contáronnos un pouco cales eran os nosos dereitos. 

Polo Samaín fixemos unha exposición de cabazas.... que marabillas fixeron os nosos nenos/as e familias!

Polo Nadal os alumnos de 1º foron ao centro de maiores cantarlles unha panxoliña! Que ben o pasaron os nosos maiores e nosos nenos!!

Para celebrar o Día da Paz fixéronse unha serie de xogos cooperativos e para rematar os nenos e os mestres representaron os símbolos da Paz. 

Días previos o Día de Rosalía fixemos unha exposición con libros e artigos de Rosalía de Castro que foron traendo os nenos. 

No Entroido, seguindo a temática do universo cada curso fixo os seus disfraces e todos con materiais reciclados! Que chulos quedaron.

No Día do Libro, o 23 de Abril, os maiores fixeronlle de contacontos aos máis pequenos! Que ben o pasaron cos contos.

Durante o curso tamén o alumno de 5º e 6º leron o libro "Unha Misión para Clara" e ademais recibiron a visita da autora do libro, Marica Campo.

Para celebrar o Día das Letras Galegas, os nenos de infantil tiveron un Conta contos moi divertido!

Ademaís, co gallo das Letras Galegas, adicado a Antonio Fraguas, os alumnos dos diferentes cursos fixeron unha representación das súas obras. Que ben o fixeron!

A finais de Maio celebrouse o Corre Melide, actividade orgnizada polo IES de Melide. 

Powered by Drupal - Design by artinet