Skip to Content

CURSO 2016-2017

CURSO 2016-2017 

14 DE XUÑO: DÍA NACIONAL DAS LINGUAS DE SIGNOS ESPAÑOLAS

Para festexar o Día Nacional das Linguas de Signos Españolas, 14 de xuño, a comunidade educativa do CEIP Mariñamansa elaborou un vídeo signado da canción "Cuestión de gusto". Con ela participamos no concurso "¡Cantamos con las manos!" organizado pola FAXPG con motivo deste día. A canción está cantada por alumnado e profesorado do centro, e tamén fixemos a música e á adaptación á LSE. Esperamos que vos guste!

Se o queres ver máis grande preme aquí.

E tamén participamos na elaboración dun vídeo xunto con outros centros educativos de Galicia. Nel interveñen alumnado xordo e ouvinte, profesorado, intérpretes de lingua de signos e mediadores comunicativos de todos os niveis educativos, amosando a presenza normalizada da LSE no ensino galego. A quen vedes do noso cole?

  Se o queres ver máis grande preme aquí.

 

VIDEOCONFERENCIAS EN LSE

Ao longo deste curso organizamos varias videoconferencias en LSE con outros colexios de toda Galicia. Foi moi emocionante coñecer a outros nenas e nenos xordos que tamén signan! 

Os centros que conectaron con nós foron: CPI As Mirandas (Ares), CEIP As Mercedes (Lugo), CEIP Princesa de España (Verín), CEP Lois Tobío (Viveiro). Moitas grazas a todos!

 

PARTICIPAMOS NO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL DA FAXPG

Este curso, participamos no concurso de postais de Nadal da FAXPG (Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia). Pablo (1º) e Marta (6º) acadaron o primeiro premio nas súas respectivas categorías. Parabéns! Podedes ver a entrega de premios premendo aquí.

 

Luis, Pablo, Valeria, Marta e Saúl coas súas postais.

 

 



page | by Dr. Radut