Skip to Content

O noso colexio

                                                                                                     

Exposición do Entroido 2014

Exposición de pantallas realizadas e decoradas polos distintos niveis educativos para o entroido 2014.

Admisión e matrícula para o curso 2014/2015

                                

Comunicamos a todos os interesados que se abre o proceso de admisión neste centro. Entre o 6 e o 20 de marzo de 2014 poderán entregar a solicitude de praza debidamente cumprimentada, na Secretaría do Centro. Lembramos tamén a todas as familias con alumnado matriculado no colexio, que teñen garantida a praza escolar, sempre que non soliciten praza noutro centro no que resultaran admitidos. A continuación aportamos documentos e enlaces de interese para este proceso de admisión. Poden premer nos mesmos para descargalos.

Vacantes ofertadas polo noso centro.

Documento do taboleiro do centro.

Decreto de admisión.

Instruccións de admisión 2014/2015 da Consellería de Educación.

Instruccións da Xefatura Territorial de A Coruña.

Mapa de zonas de influencia dos centros públicos de A Coruña.

Anexo II. Formulario de Admisión en castelan.

Anexo II. Formulario de Admisión en galego.

Paxina web da Consellería de Educación sobre o proceso de admisión.

Proxecto Educativo do Centro

A xornada de portas abertas será o día 17 de marzo de 2014 ás 17:00 horas. Poden premer na imaxe seguinte para descargar o folleto informativo da xornada.

                                                

** O horario de atención na Secretaría do centro é de Luns a venres de 9:00 h. ata as 13:30 h. e os luns de 16:00 a 18:00 h.

Felices Festas

A Comunidade Educativa do CEIP María Barbeito deséxalles Felices Festas.

Postal de Teo García Nicolás (2º B)

Listado de libros de texto para o curso 2013/2014

 

 

O listado de libros de texto para o vindeiro curso escolar 2013/2014 xa está dispoñible. Premer na imaxe superior para visualizalo ou descargalo e tamén aquí.

Axudas para a adquisición de libros de texto para o curso 2013/2014

No DOG de hoxe ven de publicarse a Orde do 30 de maio de 2013 pola que se convocan axudas para a adquisición
de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos
públicos, no curso escolar 2013/2014.

O prazo para presentar as solicitudes (Anexo I da orde) será o seguinte:

a) Para o alumnado de educación primaria e educación especial: do 3 de xuño ao 3 de xullo de 2013, ambos inclusive.

b) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo ordinario: do 25 de xuño ao 26 de xullo de 2013, ambos inclusive (no IES).

c) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo extraordinario: do 2 de setembro ao 2 de outubro de 2013, ambos inclusive.

Poden acceder á circular con información emitida polo centro premendo aquí.

Para descargar a solicitude (Anexo I) premer aquí.

Para acceder á información do portal da Consellería de Educación, premer no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.es/web/gratuidadesolidaria

Lembramos que o horario de atención ao público da secretaría do centro é de luns a venres de 9 horas a 13:30 horas e os luns de 16 a 18 horas.

LISTADO DE ADMISIÓN DE ALUMNOS E ALUMNAS PARA O CURSO 2013/2014

O Consello Escolar reunido en sesión ordinaria o 6 de maio de 2013 acordou por unanimidade aprobar as seguintes listaxes de admitidos con carácter provisional. Os solicitantes poden facer reclamacións por escrito, a estas listaxes ata o 16 de maio na secretaría do Centro. Unha vez resoltas as posibles reclamacións publicaranse as listaxes definitivas antes do 31 de maio.

Transcorrido o prazo de reclamacións estes listados son os definitivos.

Educación Infantil

4º Educ. Infantil (3 anos). ADMITIDOS

Educ. Infantil (4 anos). NON ADMITIDOS

Educ. Infantil (5 anos). ADMITIDOS

 

Educación Primaria

1º Educ. Primaria. ADMITIDOS

Educ. Primaria. ADMITIDOS

Educ. Primaria. NON ADMITIDOS

Educ. Primaria. ADMITIDOS

Educ. Primaria. ADMITIDOS

Educ. Primaria. ADMITIDOS

 

 

 

 

Agradecemento dos nenos de Guinea Bissau

Agradecemento dos nenos da aldea de Denbanje en Guinea Bissau polas aportacións da comunidade educativa do noso centro no mercadillo solidario da ONG "Miradas al Mundo".

 

Día do libro

Hoxe celebramos o día do libro 2013

Día da Terra

Hoxe 22 de abril, celébrase o Día da Terra 2013 en todo o mundo. Neste día trátase de acercar as consecuencias do cambio climático, para lembrar que non é algo moi lonxano senón que é algo que xa afecta a persoas e hábitats concretos do globo. Celébrase dende 1970, cando o senador de EEUU Gaylor Nelson decretou a celebración deste día co obxectivo de crear conciencia común polos distintos problemas que naquel tempo xa tiña o noso planeta. Hoxe os problemas non se solucionaron e outros teñen mais vixencia que naqueles anos, como a contaminación e a superpoboación do planeta.

Neste día tratamos de concienciarnos do coidado do entorno máis próximo, para coidar a biodiversidade que disfrutamos cada día.

FONDO ACCIÓN SOCIAL ATENCIÓN PERSOAS DISCAPACITADAS.

Informámosvos da publicación no DOG dos criterios de repartición do fondo de acción social para o exercicio económico do ano 2012 relativos á axuda par atención de persoas discapacitadas. 

Distribuir contido


by Dr. Radut