Skip to Content

O noso colexio

                                                                                                     

Día da Terra

Hoxe 22 de abril, celébrase o Día da Terra 2013 en todo o mundo. Neste día trátase de acercar as consecuencias do cambio climático, para lembrar que non é algo moi lonxano senón que é algo que xa afecta a persoas e hábitats concretos do globo. Celébrase dende 1970, cando o senador de EEUU Gaylor Nelson decretou a celebración deste día co obxectivo de crear conciencia común polos distintos problemas que naquel tempo xa tiña o noso planeta. Hoxe os problemas non se solucionaron e outros teñen mais vixencia que naqueles anos, como a contaminación e a superpoboación do planeta.

Neste día tratamos de concienciarnos do coidado do entorno máis próximo, para coidar a biodiversidade que disfrutamos cada día.



page | by Dr. Radut