Damos a benvida a toda a comunidade educativa ao novo curso escolar 2022/23
As clases comezan o día 8 de setembro nos horarios e portas que se relacionan a continuación.
ENTRADAS E SAÍDAS
Alumnado de 4º de Educación Infantil.
Acceso pola porta pequena do edificio administrativo.

Imaxe 1 acceso 4º de Infantil
A porta ábrese ás 8:50 h. As nais ou pais dos alumnos poderán acompañalos ata as filas correspondentes, deixándoos na fila á hora da entrada (9:00 h.), procurando non interrumpir o paso ao persoal do centro.

Imaxe 2 acceso 4º de Infantil
As nais e pais que teñan fillos en 4º de Educación Infantil e tamén en 5º ou 6º do mesmo ciclo educativo, deberán deixar primeiro a/aos irmáns maiores e, excepcionalmente, poderán acceder ao patio de 4º de Educación Infantil, atravesando as instalación do centro polo patio de Educación Primaria, previa solicitude á dirección do centro e respectando as normas xerais do centro.
A hora de saída é as 13:50 h.
Alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil.
As nais/pais ou responsables dos alumnos de 5º e 6º de Educación Infantil deixarán aos seus fillos ou ás súas fillas subindo pola rampla do portalón do edificio de educación infantil situado xunto ao pavillón do Ventorrillo, na rúa Alcalde Peñamaría del Llano, a cargo das profesoras de garda, saíndo o mais rápido posible polas escaleiras do pavillón para non molestar a subida de alumnos e alumnas e facilitar a adquisición de autonomía das nenas e nenos.
A porta estará aberta desde as 8:50 h. ata as 9:00 h.

Imaxe 3 acceso 5º e 6º de Infantil

Imaxe 4 acceso 5º e 6º de Infantil
As nais e pais que teñan fillos en 5º ou 6º de Educación Infantil e tamén en educación primaria, poderán deixar aos maiores pola porta do pavillón para que desde alí accedan á súa aula, podendo ser acompañados polo profesorado de garda.
As familias que teñan fillas ou fillos de 5º e 6º de Educación infantil e de primaria, deixaranos a todos ou todas na mesma entrada que usan os irmáns menores (rampla do pavillón) e recollerán en primeiro lugar aos menores e atravesarán os patios para agardar a saída dos irmáns de primaria.
A recollida do alumnado de 5º e 6º de Ed. Infantili realizarase nas filas situadas no patio cuberto destes cursos.
A saída será ás 13:50 h.
As titoras, titores e Mestres especialistas preocuparanse de entregar cada alumna ou alumno á persoa autorizada que o veña recoller.
As excepcións, a estas normas anteriores só poderán ser autorizadas pola dirección do centro para causas debidamente xustificadas.
Alumnado de 1º a 6º de Educación Primaria.
A porta ábrese ás 8:50 h. e péchase ás 9:00 h.
Deberán deixar ás alumnas e alumnos no portalón principal do colexio, que será guiado polo profesorado de garda ata a súa aula.
A fin de evitar conflictos innecesarios terase presente que a puntualidade consiste en que o alumnado estea no colexio uns minutos antes ou á hora oficial de entrada.
Ás 9:00 h. considérase que o alumnado deberá estar na súa aula, ou dentro do recinto escolar accedendo á mesma.
Ao soar a música de entrada, ás 9:00 horas procéderase ao peche da entrada principal, e non se permitirá a entrada no centro ata os seguintes tramos horarios.
Os horarios de saída do alumnado de primeria son os seguintes:
1º e 2º de Ed. Primaria: 13:50 h.
3º e 4º de Ed. Primaria: 13:55 h.
5º e 6º de Ed. Primaria: 14:00 h.
Á hora das saídas do alumnado ao remate da xornada escolar, os pais dos alumnos e alumnas de Educación Primaria agardarán ao alumnado no exterior do edificio, no portalón grande de entrada a que as titoras/titores ou mestres especialistas lles entreguen aos seus fillos ou fillas.
De non vir a recoller á hora de saída a alguna alumna ou alumno, a mestra ou mestre que a teña ao seu cargo, entregarao ao profesorado de garda que se porá en contacto telefónico coa familia. Pasados dez minutos (14:10 h.), de non ser posible localizar aos pais ou titores da alumna/alumno, comunicarase o feito ás autoridades pertinentes.
Todas as portas do centro péchanse ás 9:00 h, nas entradas, e ás 14:10 h. nas saídas
Se algunha alumna ou algún alumno precisa chegar despois da hora de entrada en horario lectivo, deberá facelo, con xustificación, nas seguintes horas pola porta principal do centro situada no edificio administrativo:
- 11:30 a 12:00 h. (recreo)
Os alumnos que precisen faltar ou ausentarse no horario lectivo por motivos xustificados, deberán saír do centro na hora do recreo (11:30 a 12:00 h.) pola porta xa mencionada.

Imaxe 5 Acceso porta principal (Edificio Administrativo)