Skip to Content

O noso colexio

                                                                                                     

Avaliación individualizada de 3º de EP.

Este mes terán lugar as avaliacións individualizadas de 3º EP. Esta proba realízase a todo o alumnado galego de terceiro os días 28 e 29 de maio.

Para que esta avaliación sexa completa, precisa dun estudo do contexto complementario. Esta información obterase a partir de cuestionarios dirixidos ao alumnado, ás familias e ao profesorado e determinarán o grupo ISEC (Índice socio-económico e cultural) do alumnado que realiza a proba.

Enlace Resolución do 12 de abril: DOG.

Axudas para adquirir libros de texto e material escolar para Educación Primaria no curso escolar 2019/20

No DOG do luns 20 de maio publícase a convocatoria do fondo solidario de libros de texto para 3º, 4º, 5º e 6º de EP, así como convocatoria de axudas para mercar os libros de 1º e 2º de EP e material escolar para toda a etapa de Educación Primaria o vindeiro curso 2019/20.

Enlace DOG.

Circular-resumo do colexio.

 

O prazo está aberto ata o venres 21 de xuño. A presentación da solicitude única (libros e materiais) farase preferentemente a través de medios electrónicos nos seguintes enlaces; FONDOLIBROS e CHAVE 365.

No primeiro dos enlaces poden acceder a un manual do cidadán onde explica paso a paso o procedemento.

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS PARA O VINDEIRO CURSO

Para ver as listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido para o vindeiro curso escolar 2019/20 pulsen no debuxo.

Lembren que é imprescindible matricularse do 20 ao 30 de xuño para poder cursar estudos no centro o curso que ven.

 

Benvidos ao noso colexio!

Distribuir contido


by Dr. Radut