Skip to Content

O noso colexio

                                                                                                     

LISTADO DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2018/19

REUNIÓN DE PAIS E NAIS DO FUTURO ALUMNADO DE 3 ANOS.

O día 18 de xuño ás 17:00 horas teremos unha reunión cos pais e coas nais do alumnado de 3 anos (4º de EI) do curso que ven.

O lugar será o salón de actos do centro. Vide, se é posible, sen nenos.

Ábrese o prazo para solicitar as axudas para a adquisición de libros e material escolar e o acceso ao fondo solidario

Unha das principais novidades é a posibilidade de que as familias tamén poidan presentar as solicitudes de xeito telemático.

Mantense a axuda de 250 euros para o alumnado matriculado en educación especial.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria abre o prazo para que as familias soliciten a súa participación no Fondo Solidario de Libros de Texto, ou ben as axudas para a adquisición de libros de texto, e de vales para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e Educación Especial en centros sostidos con fondos públicos. O prazo para presentar as solicitudes permanecerá aberto dende mañá ata o próximo día 22 de xuño (incluído). A convocatoria pode consultarse facendo un clic na seguinte imaxe: 

Cómpre lembrar que será requisito fundamental para acceder ao fondo solidario, ou recibir as axudas para libros ou material escolar, ter devolto os libros dos cursos anteriores.

As solicitudes poderán presentarse por primeira vez por vía electrónica empregando a aplicación informática “fondolibros” https://www.edu.xunta.es/fondolibros  a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou ben presencialmente nos propios centros docentes, así como en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo.

AVALIACIÓNS DE 3º E FINAL DE 6º DE PRIMARIA.

Este mes terán lugar as avaliacións individualizadas de 3º EP e final de primaria, para o alumnado de sexto.

A primeira realízase a todo o alumnado galego de terceiro os días 23 e 24 de maio.

A de sexto ten carácter censal e será os días 29 e 30 de maio. Este curso tocoulle ao noso centro participar nela.

 

Para que esta avaliación sexa completa, precisa dun estudo do contexto complementario. Esta información obterase a partir de cuestionarios dirixidos ao alumnado, ás familias e ao profesorado e determinarán o grupo ISEC (Índice socio-económico e cultural).

 

 

VISITA ESCOLAR VALORES 100% BRANQUIAZUIS

Onte clausuramos as xornadas de valores 100% blanquiazuis  de visitas de centros escolares ao campo de fútbol de Riazor. Pulsade na imaxe para ver a noticia en La Opinión.

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS PARA O VINDEIRO CURSO

 

Para ver as listaxes definitivas de admisión para o vindeiro curso pulsa na imaxe:

Benvidos ao noso cole!

 

CONCURSO DE DEBUXO DO BANCO DE ALIMENTOS

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2018/19

 

Unha vez baremadas as solicitudes presentadas en prazo procedemos á publicación das listaxes provisionais de admisión nos diferentes niveis.

Para ver as listaxes prema na imaxe:

 

listaxe definitiva será publicada antes do 15 de maio de 2018.

matrícula do alumnado realizarase entre o 20 e o 30 de xuño de 2018.

 

 

BOLSAS DE COMEDOR DO CONCELLO PARA O VINDEIRO CURSO 2018/19.

 

Hoxe 15 de marzo de 2018, publícanse no BOP da Coruña as bases que rexen a nova convocatoria do Programa de Bolsa comedor do Concello da Coruña para o curso 2018-2019.

O prazo para solicitalas será do 16 de marzo ao 2 de abril de 2018, ambos os dous incluídos.

Os formularios de solicitude específicos para esta convocatoria, poderanos obter nos Rexistros Municipais, nos centros cívicos, na páxina web dos servizos sociais municipais (www.coruna.es/serviciossociales), ou na páxina web da sede electrónica (https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/tramites?method=enter#l242).

As bases e a información pódense obter na web municipal de servizos sociais (www.coruna.es/serviciossociales), no teléfono 010 de información cidadá e nos centros cívicos municipal.

-ÓNDE PRESENTAR AS SOLICITUDES: NOS REXISTROS MUNICIPAIS (ÁGORA, FÓRUM, Mª PITA, MESOIRO), OU NA SEDE ELECTRÓNICA(https://sede.coruna.gob.es)

-OS MODELOS DE SOLICITUDE PÓDENSE CONSEGUIR: NOS CENTROS CÍVICOS MUNICIPAIS, NAS UAS (Ágora, Monte Alto ou Catro Camiños), NA PÁXINA WEB:OU NA SEDE ELECTRÓNICA: (https://sede.coruna.gob.es)

-DOCUMENTACIÓN NECESARIA, ESPECIFÍCASE NO MODELO DE SOLICITUDE.

-REQUISITOS  E OUTRA INFORMACIÓN, CONSULTA NAS BASES DA CONVOCATORIA DA BOLSA COMEDOR. BOP, Nº 51, DO 15 DE MARZO DE 2018. Na páxina web: (www.coruna.es/serviciossociales) ou na Sede Electrónica(https://sede.coruna.gob.es)

-PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DO 16 DE MARZO Ó 2 DE ABRIL, ÁMBOLOS INCLUIDOS.

ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2018/19.

 

  

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

As solicitudes de admisión, dirixidas á dirección dos centros públicos e á titularidade dos centros privadospresentaranse mediante o formulario normalizado a través da aplicación de xestión do proceso “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado).

Tamén se poderán presentar de forma presencial no centro docente indicado como primeira opción e, ademais, en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común utilizando o formulario normalizado.

A notificación electrónica a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia Notific@ (https://notifica.xunta.gal) realizase con respecto aos trámites e actos propios da competencia das xefaturas territoriais, sempre que a persoa elixira esta modalidade como medio de notificación preferente.

O formulario normalizado (ED550B) será facilitado gratuitamente nos correspondentes centros docentes e tamén estará disponible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) e na páxina web da consellería competente en materia de educación.

Deberán ser presentadas na Secretaría do Colexio do 1 ao 20 de marzo ambos os dous inclusive, (horario de mañá de luns a venres de 9 a 13:30 horas e en horario de tarde os luns de 16:00 a 18:00 horas) debendo ir acompañadas da copia compulsada do DNI do/da alumno/a ou da copia compulsada de todas as follas escritas do libro de familia. (As compulsas realízanse na Secretaría do centro).

No caso de optar a un curso de Primaria, deberán achegar tamén certificación de matrícula do centro de procedencia.

 

En caso de separación xudicial ou divorcio, deberán presentar o convenio regulador ou resolución xudicial.

 

ÁREA DE INFLUENCIA E IES DE ADSCRICIÓN DO CENTRO

          A área de influencia do Centro, ao obxecto de aplicar a puntuación que corresponda por proximidade do domicilio ou do centro de traballo, é a que figura no plano exposto ao lado do presente escrito. Aos efectos de continuidade dos estudos de Educación Secundaria Obrigatoria o Centro está adscrito ao Instituto de Educación Secundaria Agra do Orzán.

 

PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS CRITERIOS DE BAREMACIÓN ALEGADOS

 

O prazo de presentación da documentación xustificativa dos criterios de baremación é do 23 de marzo ao 9 de abril. Porén, para facilitar trámites e evitar viaxes ao Centro, poderán achegala coa solicitude.

Só será necesario presentar a documentación relativa aos criterios de: domicilio fiscal, renda, condición de familia numerosa e discapacidade do alumno/a, do proxenitor/a, do titor/a ou dos irmáns/ás cando a persoa interesada denegue a consulta automática de datos (art. 17.1).

A presentación dos xustificantes dos criterios de baremación ten carácter voluntario. A non presentación dalgún deles suporá a renuncia explícita a ser baremado no criterio correspondente.

 

LETRAS DE PRIORIDADE EN CASO DE EMPATE

As letras de prioridade que afectan ao primeiro apelido son "Z" e "T", así mesmo, afectan ao segundo apelido as letrad "C" e "J".

 

PUBLICACIÓN DA LISTAXE DO ALUMNADO ADMITIDO

Antes do 25 de abril: Publicación da resolución provisional de admitidos e non admitidos. A listaxe ou listaxes que se publiquen terán carácter provisional e poderán ser obxecto de reclamación ante o Consello Escolar do centro no prazo de cinco días hábiles.

Antes do 15 de maio: Publicación da resolución definitiva de admitidos e non admitidos. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o responsable da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e O.U. no prazo dun mes. 

 

PRAZO PARA A FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

O alumnado admitido no Centro formalizará a súa inscrición na Secretaría do 20 de xuño ao 2 de xullo . Se finalizado o prazo de matrícula, non se formalizase esta, teráselle por decaído o dereito á praza obtida.

 

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

Os servizos complementarios que ofrece o Centro son:

 

           1.- Transporte Escolar.Soamente para os alumnos da zona de Bens.

Empresa Autos Fernández

Ruta: A Moura – Comeanda – Mazaido – Bens – San José

Non teñen dereito a este servizo os alumnos que, estando domiciliados nas áreas de influencia doutros centros, decidan solicitar praza neste. (Art. 6. Orde de 12 de marzo de 2013).

Lexislación aplicable:

. Orde do 12 de marzo de 2013, pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros sustentados con fondos públicos… (DOG 15/03/2013).

. Orde de 12 de marzo de 2013.

. Decreto 203/1986, do 12 de xuño, polo que se regulan provisionalmente determinados aspectos do transporte escolar. (DOG, 09/0/1986).

. Real Decreto 443/2001, do 27 de abril, sobre condicións de seguridade no transporte escolar e de menores. (BOE, 02/05/2001).

. Instrución 3/2012, do 22 de xuño, sobre a xestión do uso do transporte escolar.

2.-Comedor Escolar.

Organizado e xestionado pola ANPA do Centro:

Teléfono ANPA: 607 04 29 49

Web: www.anpa-agarimo.es

e-mail: anpa.agarimo@gmail.com

- Lexislación aplicable:

. Decreto 10/2007, do 25 de xaneiro, polo que se regula o funcionamento dos comedores escolares nos centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. (DOG, 06/02/2007).

. Orde do 21 de febreiro de 2007, pola que se regula a organización, funcionamento e xestión do servizo de comedor escolar nos centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. (DOG, 05/03/07).

3.- Madrugadores (7:45 - 9:00h).

Organizado e xestionado pola ANPA do Centro:

Teléfono ANPA: 607 04 29 49

Web: www.anpa-agarimo.es

e-mail: anpa.agarimo@gmail.com

4.- Actividades extraescolares (16:00 – 18:00h).

Teléfono ANPA: 607 04 29 49

Web: www.anpa-agarimo.es

e-mail: anpa.agarimo@gmail.com

 

CRITERIO COMPLEMENTARIO ESTABLECIDO POLO CENTRO:

Por solicitar en primeiro lugar un centro de ensino público: 1 punto

A acreditación farase de oficio polo propio centro, sendo o documento acreditativo a propia solicitude de admisión, anexo II da Orde.

INFORMACIÓN IMPORTANTE

A solicitude será única e vinculante, poderá conter ata seis centros, por orde preferencia e presentarase no centro indicado en primeiro lugar. Estará asinada por calquera dos titulares da patria potestade. No caso de separación ou divorcio, será necesaria a sinatura de ambos proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. En ambos casos, será necesario presentar xunto coa solicitude de admisión a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo.

O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro centro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

Darán lugar á perda de dereito de prioridade:

A presentación da solicitude fóra de prazo.

A presentación de máis dunha solicitude.

A presentación de solicitudes estando vinculado por reserva. A reserva ten carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio do prazo ordinario de presentación de solicitudes de admisión.

As solicitudes que conteñan datos que non se axusten ás circunstancias reais do alumno.

 

As solicitudes que estean acompañadas por documentación que reflicta datos que non se axusten ás circunstancias reais

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL.

             Día 5 de marzo ás 17 horas. Folleto informativo.

             Para unha mellor organización da visita pregamos que veñan sen nenos.

             Moitas grazas.

 

OFERTA DE POSTOS ESCOLARES DISPOÑIBLES

 

Cursos de Educación Infantil

(1)

Cursos de Educación Primaria

(1)

 

Cuarto (3 anos) .................66

Quinto (4 anos) .................  0

Sexto (5 anos) ................... 4

 

9

 

Primeiro ...............................................  0

Segundo ...............................................  0

Terceiro ...............................................   2

Cuarto ...............................................     2

Quinto ..................................................  0

Sexto .................................................... 3

 

(1) Postos escolares a disposición da comisión de escolarización para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (art. 3 da Orde do 12 de marzo de 2013, DOG do 15)

Distribuir contido


by Dr. Radut