Skip to Content

O noso colexio

                                                                                                     

Publicación da listaxe definitiva Admisión 2022/23

No día de hoxe procedemos a publicar as listaxes definitivas de admitidos e non admitidos no proceso de admisión para o vindeiro curso escolar 2022/2023.

O alumnos a alumnas de 4º de educación Infantil están todos admitidos.

Toda a información relativa ao proceso encóntrase publicada no taboleiro de anuncios situado no interior do centro. Tamén poden acceder telemáticamente única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.

A impugnación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas poderá realizarse mediante recurso de alzada
ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.
A resolución da persoa titular da xefatura territorial porá fin á vía administrativa.

A formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño de 2022.

 

 

 



page | by Dr. Radut