Skip to Content

O noso colexio

                                                                                                     

Vales de material e libros 1º e 2º

Listaxes provisionais de fondo libros

 

Avaliación individualizada de 3º de EP.

Este mes terán lugar as avaliacións individualizadas de 3º EP. Esta proba realízase a todo o alumnado galego de terceiro os días 28 e 29 de maio.

Para que esta avaliación sexa completa, precisa dun estudo do contexto complementario. Esta información obterase a partir de cuestionarios dirixidos ao alumnado, ás familias e ao profesorado e determinarán o grupo ISEC (Índice socio-económico e cultural) do alumnado que realiza a proba.

Enlace Resolución do 12 de abril: DOG.

Axudas para adquirir libros de texto e material escolar para Educación Primaria no curso escolar 2019/20

No DOG do luns 20 de maio publícase a convocatoria do fondo solidario de libros de texto para 3º, 4º, 5º e 6º de EP, así como convocatoria de axudas para mercar os libros de 1º e 2º de EP e material escolar para toda a etapa de Educación Primaria o vindeiro curso 2019/20.

Enlace DOG.

Circular-resumo do colexio.

 

O prazo está aberto ata o venres 21 de xuño. A presentación da solicitude única (libros e materiais) farase preferentemente a través de medios electrónicos nos seguintes enlaces; FONDOLIBROS e CHAVE 365.

No primeiro dos enlaces poden acceder a un manual do cidadán onde explica paso a paso o procedemento.

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS PARA O VINDEIRO CURSO

Para ver as listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido para o vindeiro curso escolar 2019/20 pulsen no debuxo.

Lembren que é imprescindible matricularse do 20 ao 30 de xuño para poder cursar estudos no centro o curso que ven.

 

Benvidos ao noso colexio!

Listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido por cursos para o curso 2019/20:

Unha vez rematado o prazo de presentación de documentación e baremadas as solicitudes, procedemos a publicar as listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido nos diferentes cursos.

As listaxes definitivas serán publicadas antes do 15 de maio.

Listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido por cursos para o curso 2019/20: Clic aquí.

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2019/20

A admisión do alumnado neste Centro para o curso 2019/20 axustarase á lexislación e proceso que se indican:

 

1. NORMATIVA REGULADORA DE ADMISIÓN

 

·         Decreto 254/2012, do 13 de decembro (DOG 26/12/2012).

 

·         Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG 15/03/2013).

 

·         Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG 01/02/2017).

 

·         Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para o proceso de admisión e da Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, se é o caso.

 

2. OFERTA DE POSTOS ESCOLARES DISPOÑIBLES

 

 

 

Cursos de Educación Infantil (1) Cursos de Educación Primaria (1)
  Cuarto (3 anos) .................66 Quinto (4 anos) ..................   0 Sexto (5 anos) ...................    2   9   Primeiro ...............................................         0 Segundo ...............................................        0 Terceiro ...............................................          0 Cuarto ...............................................            3 Quinto ..................................................         1 Sexto ....................................................         0  
(1) Postos escolares a disposición da comisión de escolarización para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (art. 3 da Orde do 12 de marzo de 2013, DOG do 15)

 

3. ÁREA DE INFLUENCIA E IES DE ADSCRICIÓN DO CENTRO

 

A área de influencia do Centro, ao obxecto de aplicar a puntuación que corresponda por proximidade do domicilio ou do centro de traballo, é a que figura no plano exposto ao lado do presente escrito. Aos efectos de continuidade dos estudos de Educación Secundaria Obrigatoria o Centro está adscrito ao Instituto de Educación Secundaria Agra do Orzán.

 

4. LETRAS DE PRIORIDADE EN CASO DE EMPATE

As letras de prioridade que afectan ao primeiro apelido son "E" e "T", así mesmo, afectan ao segundo apelido as letras "U" e "J".

XORNADA DE PORTAS ABERTAS


XORNADA DE PORTAS ABERTAS

 

DÍA 11 DE MARZO ÁS DEZASETE HORAS.

 

FOLLETO XORNADA

RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR DO CENTRO.

Finalizado o proceso electoral para a renovación do Consello Escolar os resultados foron os seguintes:

Sector pais/nais.-

Elexidos/as.

Distribuir contido


by Dr. Radut