Skip to Content

O noso colexio

                                                                                                     

Axudas Libros e Material Escolar

Informamos que a partires de mañán martes día 4 de xullo ata o venres 7 de xullo

poderán pasar a recoller os vales de Material Escolar, para todos os niveis educativos

e os dos vales de Libros de texto para os alumnos de 1º e 2º cursos de Educación Primaria.

Horario: 10 h. a 13 h.

 

 

LISTAXE DAS AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR.

Listaxe das AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR para todos os cursos de Educación Primaria.

Ver aquí.

Avisaremos o luns do día de recollida dos vales.

Entregarémolos esta semana.

Os que non poidan recollelos agora poderán facelo en setembro.

LISTAXE DE SOLICITUDES DE AXUDA PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS

Listaxes do alumnado de 1º e 2º que solicitou cheque de axudas para libros:

Pulsar aquí.

Avisaremos o luns do día de recollida dos vales.

Entregarémolos esta semana.

Os que non poidan recollelos agora poderán facelo en setembro.

LISTAXES PROVISIONAIS DE EXCLUÍDOS E ADMITIDOS EN FONDO LIBROS.

Listaxes para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º que ten solicitado o Fondo Libros: 

 

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS. Pulsar aquí.

 

LISTAXE PROVISIONAL DE EXCLUÍDOS. Pulsar aquí.

 

Ábrese un prazo de reclamación de dous días hábiles tra-lo que se deberán publicar as listaxes definitivas non máis aló do 7 de xullo.

Os libros serán entregados en setembro ao comenzo das clases.

Na listaxe definitiva xa figurarán os libros adxudicados pola aplicación informática a cada neno/a. Na presente listaxe só figura o número de libros. 

A CORUÑA, 01/07/2017 

LISTADO DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2017/18

Listado de Libros de Texto para o vindeiro curso 2017/18. Para ve-lo pdf pulsa aquí.

 O ISBN de C. Naturais de 5º foi cambiado pola editorial Vicens-Vives pero o libro é o mesmo.

O novo ISBN é 978-84-682-3459-5

 

 
 
 

A ESCOLA MARÍA BARBEITO NO CAMPIONATO GALEGO DE HOCKEY HERBA.

A Escola María Barbeito de hockey herba proclamouse esta fin de semana:

Campións Galegos en categoría Alevín Masculino.

Subcampionas Galegas en categoría Alevín Feminino.

  Noraboa!!!

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR.

librosNo DOG do día 22 de maio de 2017 pubícase a Orde do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18.

Ver aquí.

Prazos Fondo Libros do centro:

Publicar listaxes provisionais: 1 de xullo de 2017.

Prazo de reclamación ás listaxes provisionais: 2 días hábiles despois da publicación das listaxes provisionais.

Para publicar listaxes definitivas: 7 de xullo de 2017.

AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE 3º DE EP.

A Consellería de Educación convoca para os días 30 e 31 de maio as probas de avaliación individualizada de 3º de Educación Primaria.

Non haberá probas de avaliación individualizada en 6º de EP no noso centro.

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS.

A continuación expoñemos as listaxes definitivas de admitidos e non admitidos

por niveis, correspondentes ao vindeiro curso 2017/18.

O prazo de matrícula é do 20 ao 30 de xuño na secretaría do colexio.

O que non se matricule neste prazo perderá a praza no centro. 

Convócase aos pais do novo alumnado de 3 anos a unha reunión o día 12 de xuño ás 17 horas no Salón de Actos.

(Agradecemos que acudades sen nenos, é moi aburrido para eles).

 

BECAS DE COMEDOR DO CONCELLO.

Onte, 8 de maio de 2017, publícanse no BOP da Coruña as bases que rexen a nova convocatoria do Programa de Bolsa comedor do Concello da Coruña para o curso 2017-2018.

O prazo para solicitalas será do 9 ao 30 de maio, ambos os dous incluídos.

Os formularios de solicitude específicos para esta convocatoria, poderanos obter nos Rexistros Municipais, nos centros cívicos, na páxina web dos servizos sociais municipais (www.coruna.es/serviciossociales), ou na páxina web da sede electrónica (https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/tramites?method=enter#l242).

As bases e a información pódense obter na web municipal de servizos sociais (www.coruna.es/serviciossociales), no teléfono 010 de información cidadá e nos centros cívicos municipais.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut