Skip to Content

O noso colexio

                                                                                                     

Felices Festas

 

 

Festas Nadal do centro 2015 (días 17 e 18 de decembro)

 

Enlace ás imaxes das celebracións do Nadal 2015 no cole AQUI

 

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN E DO MAGOSTO

 O vindeiro xoves, dia 29 de Outubro celebraremos no colexio a festa do magosto. Os nenos/as traerán da casa unha presa de castañas xa picadas (sen un trozo de pel para que non estoupen no lume) e llas entregarán ao seu titor ata o mércores, para ser asadas o xoves.

Co gallo da celebración do samaín no centro, o alumnado que o desexe poderá traer cabazas decoradas da casa para a exposición que terá lugar os días 27, 28 e 29 de Outubro. As cabazas serán entregadas ao seu titor o luns, día 26, e retiradas o xoves, 29, despois do magosto. As cabazas que non se recollan, se tirarán ese mesmo día despois das clases.

Axudas adsquisición de material escolar 2015/2016

CONVOCADAS AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 201572016

                                   (Orde do 25 de agosto de 2015, DOG do 1 de setembro)

1.- DESTINATARIOS

Todo o alumnado de educación primaria, educación secundaria obrigatoria e  educación especial que teñan unha renda pér cápita igual ou inferior a 5.400 €.

 

2.-PRAZOS

 Prazo de presentación de solicitudes:

Do 2 de setembro ao 1 de outubro de 2015

 Unha vez que a solicitude estea debidamente tramitada, o centro xerará un vale que será entregado ao solicitante en horario de Secretaría (de luns a venres de 9:00 a 13:30 h. e os luns pola tarde de 16:00 a 18:00 horas)

 

3.- DOCUMENTACIÓN

Presentarase orixinal e copia da documentación. No caso de que a presentación non se faga no centro, deberá presentar orixinal ou copia debidamente compulsada.

Documentos:

a)Copia do DNI ou NIE dos membros computables da unidade familiar cando non autoricen a consulta telemática. 

 b) Cando non autoricen a consulta telemática, presentarase copia da declaración da renda do 2013, e no caso de non ter a obriga de facela, certificado de facenda no que consten os ingresos de todos os membros computables da unidade familiar

 c)Copia do Libro de familia no cal figuren todos os membros da unidade familiar.

No suposto de non ter libro de familia ou  se a situación familiar, a dia 31 de decembro de 2013 non coincidise coa reflectida no libro, terá que presentarse documentación que acredite os membros da unidade familiar, tales como: sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do alumno; certificado ou volante de convivencia; informe dos servicios sociais que acredite a situación familiar.

 d) No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude, ou do alumno/a igual ou superior ao 33% e inferior ao 65% deberá presentarse un dos seguintes documentos que acrediten esta circunstancia a 31 de decembro de 2013.

•      Certificado de minusvalía igual ou superior ao 33%.

•      Resolución ou certificado emitido pola Seguridade Social de pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez, ou

•      Documentación acreditativa da condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.

 e) No caso de violencia de xénero no ámbito familiar: documentación acreditativa.

4.- CONTÍA DAS AXUDAS

50 € para material escolar, que poderá mercarse no establecemento da súa elección ata o 31 de outubro de 2015

Poden descargar o anexo I aquí

No portal da Consellería de Educación. Aquí.

Na sede electrónica da Xunta de Galicia. Aquí.

 

INSTRUCIÓNS SOBRE O FONDO SOLIDARIO DE LIBROS PARA AMPLIACIÓN DE EXISTENCIAS

Aprezadas familias: 

Recentemente recibimos por e-mail novas instruccións da Dirección Xeral de Centros sobre o Fondo Solidadrio de Libros:

Ao obxecto de ampliar o nivel de cobertura do fondo solidario de libros de texto, regulado

pola Orde do 21 de maio de 2015 (DOG do 1 de xuño), e garantir que o alumnado admitido

con renda per cápita incluída nos mesmos tramos que as axudas poida dispoñer de libros de

texto a través do fondo, os centros deberán adquirir os libros de texto que complementen os

xa existentes no fondo. 

A adquisición realizarase con cargo á partida de gastos de funcionamento para o alumnado

admitido cunha renda per cápita igual ou inferior a 9.000 €

Con carácter xeral, e tendo en conta os tramos de renda e os importes das axudas, fíxase o

seguinte número máximo de libros a adquirir por cada alumno/a, segundo a o tramo de

renda per cápita no que se encontre:

Renda per cápita ata 5.400 €: 6 libros.

Renda per cápita desde 5.400,01 € ata 9.000 €: 4 libros.

Neste momento estamos xestionando a compra dos libros que farían falla para completar os lotes de libros que correspondan segundo a listaxe que nos facilitan ás familias admitidas pero que quedaron sen libros ou ás que non lle corresponderon todos os que deberían.

Irémosvos informando das novidades que se produzan e dos libros adquiridos para que non os teñades que mercar.

Lamentamos as molestias que vos poida ocasionar esta situación.

 

Fondo solidario de libros de texto

 

Listaxe definitivo de admitidos no fondo solidario de libros de texto AQUI.

Nos primeiros días do curso procederase ao reparto de libros aos alumnos polos titores.

LISTAXE DE LIBROS PARA O VINDEIRO CURSO 2015/16.

CONFIRMADO POR ESCRITO; REXEITADA A NOSA PETICIÓN DE CAMBIO DE LIBROS DE 3º E 5º DE EP.

PARA O RESTO DOS CURSOS É VÁLIDA A LISTAXE PUBLICADA COAS NOSAS PETICIÓNS.

A LISTAXE DEFINITIVA DE LIBROS QUEDA ASÍ

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO.

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS POR ORDE ALFABÉTICO: AQUÍ.

LISTAXE PROVISIONAL DE EXCLUIDOS POR ORDE ALFABÉTICO: AQUÍ.

LISTAXE DE EXISTENCIA DE LIBROS: AQUÍ.

O PRAZO DE RECLAMACIÓN SERÁN OS DÍAS 8 E 9 DE XULLO DE 2015.

HAI MOITAS MÁIS SOLICITUDES QUE LIBROS DE CADA ASIGNATURA. COMO CONSECUENCIA MOITAS FAMILIAS QUEDARÁN SEN EXEMPLARES ADXUDICADOS. 

O DÍA 15 DESTE MES XENERARASE NA APLICACIÓN UNHA LISTAXE DEFINITIVA COS LIBROS ADXUDICADOS A CADA SOLICITANTE, QUE SERÁ PUBLICADA NESTA PÁXINA.

 

Fondo Libros

Por erro no programa XADE e na utilidade Fondo Libros non se poderá publicar o listado provisional das axudas de Fondo Libros (3º e 5º de Ed. Primaria).

Agardamos cando se solucionen os problemas técnicos poder dar máis información próximamente.

Publicación de listaxes de libros de texto 2015/16

Comunícase ás familias interesadas que as seguintes listaxes de libros de texto son provisionais, pendentes de aprobación pola Inspección Educativa.

Non fagan reservas de libros durante uns días ata que obteñamos resposta da Administración Educativa.

En breve publicaremos listaxes definitivos.

Libros e material de 4º de Educación Infantil (3 anos)

Libros e material de 5º de Educación Infantil (4 anos)

Libros e material de 6º de Educación Infantil (5 anos)

Libros 1º e 2º de Educación Primaria

Libros 3º e 4º de Educación Primaria

Libros 5º e 6º de Educación Primaria

 

Axudas para a adquisición de libros de texto

 

Comunícase que no DOG de 1 de xuño saíron as Ordes que regulan o fondo solidario de libros de texto para 3º e 5º de Primaria (Orde do 21 de maio) e as axudas para adquisición de libros de texto para 1º, 2º, 4º e 6º de Primaria (Orde do 22 de maio).

Os impresos de solicitude poderán obterse en:
      
- Facendo clic neste enlace (1º,2º,4º e 6º): solicitude

- Para os alumnos que cursarán e:Anexo I da orde do 21 de maio

-Na Xefatura Territorial Educación (edificio administrativo de Monelos).
-Na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.es/
-No portal educativo:  http://www.edu.xunta.es/

As solicitudes poderán entregarse no colexio ou no rexistro de Xefatura Territorial de Educación, no edificio administrativo de Monelos, acompañando fotocopia da solicitude cuberta e do libro de familia do alumno ou alumna (co orixinal para o seu cotexo).

O prazo de presentación remata o 30 de xuño para e e o 2 de xullo para , 2º, 4º e 6º cursos de Primaria.

Distribuir contido


by Dr. Radut