Skip to Content

O noso colexio

                                                                                                     

Festival de Nadal 2014 (Educación Infantil)

Actuación dos alumnos de Educación Infantil de 3 anos "Eu son un artista"

 

 

Para acceder ao álbum fotográfico, premer na imaxe  Album_P2

Bo Nadal

Que o sorriso sexa o teu mellor adorno de Nadal

Postal

Sofía Valeria e Lola (Ed. Infantil 4 anos)

Magosto 2014

Imaxes da celebración do magosto 2014 no centro

 

 

Para acceder ao álbum fotográfico, premer na imaxe  album

 

Exposición cabazas 2014

Exposición de froitos do outono (Ed. Infantil) e cabazas decoradas polos alumnos de todo o centro.

 

 

Para visualizar ou descargar o album coas fotografías, premer na imaxe   album

Listado de libros e material didactico

 

Facendo clic na imaxe poden descargar o listado de libros de texto e material didáctico para o vindeiro curso escolar 2014/2015

libros e material

 

Axudas para adquisición de Libros 2014/2015

Libros pequena

 

O venres 30 de maio ven de pubricarse no DOG a Orde do 28 de maio de 2014 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 2014/15.

Para acceder á citada orde, premer aquí.

Para acceder á información en galego, premer aquí.

Para acceder á información en castelán, premer aquí.

As solicitudes poderán obterse na Guía de procedementos e servizos no enderezo https://sede.xunta.es, nas xefaturas territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e tamén se poderán descargar en formato pdf do portal educativo no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.es.

Unha vez cuberta a solicitude deberán presentarse, xunto coa documentación segundo se indica no artigo 3 desta orde, debidamente asinada polo pai, a nai ou titor/a do alumnado. Todo isto sen prexuízo da sinatura por parte do resto dos membros da unidade familiar que obteñan ingresos, agás nos supostos de separación ou divorcio, nos cales poderá omitirse a sinatura do proxenitor que non teña a custodia do menor.

A aplicación informática para a xestión das axudas tamén permitirá a xeración da solicitude unha vez introducidos os datos polo centro.
Se a solicitude se presenta no centro docente onde está matriculado o alumno presentarase orixinal e copia da documentación, co fin de que a persoa que a reciba poida verificar a autenticidade da copia e devolva os orixinais. En caso de que a presentación non se faga no centro deberá presentarse orixinal ou debidamente compulsada.

A documentación a achegar en cada caso é a seguinte:

Alumnado de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria.
a) Libro de familia en que figuren todos os membros da unidade familiar.
Só no caso de non ter libro de familia ou se a situación familiar, en 31 de decembro de 2012, non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documento ou documentos acreditativos do número de membros da unidade familiar, tales como:
1. Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do causante.
2. Certificado ou volante de convivencia.
3. Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia que acredite a situación familiar.
b) No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude, ou do alumno igual ou superior ao 33 % e inferior ao 65 %, deberá presentarse un dos seguintes documentos que acrediten esta circunstancia en 31 de decembro de 2012:
1. Certificado emitido polo órgano competente do grao de discapacidade cunha porcentaxe igual ou superior ao 33 %.
2. Resolución ou certificado emitido pola Seguridade Social de pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez, ou
3. Documentación acreditativa da condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.
c) No caso de situación de violencia de xénero no ámbito familiar: documentación acreditativa.

O alumnado matriculado en educación especial, en centros específicos ou en unidades de educación especial en centros ordinarios, segundo establece o Decreto 229/2011, do 7 de decembro (Diario Oficial de Galicia do 21 de decembro), unicamente deberá presentar a solicitude de axuda.

A documentación que se achegue deberá ter validez no momento da presentación da solicitude.
O centro educativo poderá requirir das persoas solicitantes, en calquera momento, aclaración da documentación presentada.

As solicitudes (anexo I) deberán presentarse en soporte papel, preferentemente no centro no que estea matriculado o alumno ou alumna, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es.

En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na primeira folla do formulario para acreditar a data de presentación da solicitude.

Presentarase unha solicitude por cada alumno ou alumna matriculados, de xeito que se un solicitante ten varios fillos ou fillas matriculados nas ensinanzas obxecto da convocatoria, xa sexa no mesmo ou en distinto centro, deberá presentar unha solicitude para cada un deles.
As axudas serán solicitadas polos pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado. Por cada alumno ou alumna só se concederá unha axuda por curso escolar, con independencia de que puidese estar escolarizado sucesivamente en dous ou máis centros sostidos con fondos públicos no curso escolar 2014/15.

Aínda que o alumno ou alumna teña previsto cambiar de centro para o curso escolar 2014/15, se nos prazos de solicitude da axuda aínda non formalizou a matrícula no novo centro, deberá solicitar a axuda no centro de orixe. O vale que se lle entregue será válido para a adquisición dos libros de calquera centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Sempre que un alumno ou alumna se traslade de centro, o centro de orixe comunicará ao centro de destino se este alumno ou alumna solicitou a axuda en prazo e, de ser o caso, se lle foi entregado o correspondente vale.

O prazo de presentación de solicitudes será o seguinte:
a) Para o alumnado de educación primaria e educación especial: do 2 de xuño ao 2 de xullo de 2014, ambos inclusive.

b) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo ordinario: do 25 de xuño ao 28 de xullo de 2014, ambos inclusive.
c) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo extraordinario: do 2 de setembro ao 2 de outubro de 2014, ambos inclusive.
d) Para as novas incorporacións de alumnado que se produzan ao longo do curso con posterioridade aos períodos indicados, sempre que no mesmo curso escolar non estivesen matriculados con anterioridade nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, o prazo será dun mes e contarase a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. En todo caso, o prazo para presentar a solicitude para as novas incorporacións terá como data límite o 31 de marzo de 2015.

 

Poden descargar a solicitude (AnexoI) premendo aquí.

 

 

 

Admisión de alumnado 2014/2015

Listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido por niveis educativos:

Admisión de alumnado 2014/2015

Listaxes provisionais de alumnado admitidos e non admitidos por niveis educativos:

Listaxe de admitidos 4º Ed. Infantil (3 anos)

Listaxe de non admitidos 4º Ed. Infantil (3 anos)

Listaxe de admitidos 5º Ed. Infantil (4 anos)

Listaxe de non dmitidos 6º Ed. Infantil (5 anos)

Listaxe de admitidos 2º Ed. Primaria

Listaxe de admitidos 3º Ed. Primaria

Listaxe de non admitidos 3º Ed. Primaria

Listaxe de admitidos 4º Ed. Primaria

Listaxe de admitidos 6º Ed. Primaria

Estas listaxes provisionais poderán ser obxecto de reclamación ante o Consello Escolar do Centro no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación (ata o día 2 de maio de 2014).

Unha vez resoltas as reclamacións pasaremos a publicar as listaxes definitivas e lémbrase que o alumnado que resulte admitido deberá formalizar a matrícula no mes de xuño, do 20 ao 30 ámbolos dous incluídos.

Entroido no cole (Ed. Primaria)

Pasarrúas dos alumn@s e mestr@s de Educación Primaria para celebrar a festa do Entroido no cole o día 24 de febreiro de 2014.

Entroido no cole 2014 (Educación Infantil)

Imaxes do pasarrúas dos alumnos de Educación Infantil na festa do entroido celebrada o pasado venres 28 de febreiro de 2014.


Distribuir contido


by Dr. Radut