Skip to Content

O noso colexio

                                                                                                     

Axudas adsquisición de material escolar 2015/2016

CONVOCADAS AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 201572016

                                   (Orde do 25 de agosto de 2015, DOG do 1 de setembro)

1.- DESTINATARIOS

Todo o alumnado de educación primaria, educación secundaria obrigatoria e  educación especial que teñan unha renda pér cápita igual ou inferior a 5.400 €.

 

2.-PRAZOS

 Prazo de presentación de solicitudes:

Do 2 de setembro ao 1 de outubro de 2015

 Unha vez que a solicitude estea debidamente tramitada, o centro xerará un vale que será entregado ao solicitante en horario de Secretaría (de luns a venres de 9:00 a 13:30 h. e os luns pola tarde de 16:00 a 18:00 horas)

 

3.- DOCUMENTACIÓN

Presentarase orixinal e copia da documentación. No caso de que a presentación non se faga no centro, deberá presentar orixinal ou copia debidamente compulsada.

Documentos:

a)Copia do DNI ou NIE dos membros computables da unidade familiar cando non autoricen a consulta telemática. 

 b) Cando non autoricen a consulta telemática, presentarase copia da declaración da renda do 2013, e no caso de non ter a obriga de facela, certificado de facenda no que consten os ingresos de todos os membros computables da unidade familiar

 c)Copia do Libro de familia no cal figuren todos os membros da unidade familiar.

No suposto de non ter libro de familia ou  se a situación familiar, a dia 31 de decembro de 2013 non coincidise coa reflectida no libro, terá que presentarse documentación que acredite os membros da unidade familiar, tales como: sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do alumno; certificado ou volante de convivencia; informe dos servicios sociais que acredite a situación familiar.

 d) No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude, ou do alumno/a igual ou superior ao 33% e inferior ao 65% deberá presentarse un dos seguintes documentos que acrediten esta circunstancia a 31 de decembro de 2013.

•      Certificado de minusvalía igual ou superior ao 33%.

•      Resolución ou certificado emitido pola Seguridade Social de pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez, ou

•      Documentación acreditativa da condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.

 e) No caso de violencia de xénero no ámbito familiar: documentación acreditativa.

4.- CONTÍA DAS AXUDAS

50 € para material escolar, que poderá mercarse no establecemento da súa elección ata o 31 de outubro de 2015

Poden descargar o anexo I aquí

No portal da Consellería de Educación. Aquí.

Na sede electrónica da Xunta de Galicia. Aquí.

 



page | by Dr. Radut