Skip to Content

O noso colexio

                                                                                                     

Fondo Solidario de Libros de Texto

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

CURSO 2024/2025

No día de Hoxe, 20 de maio de 2024 foi publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG) a Orde de 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o alumnado matriculado en primaria, secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/2025 (Código de procedemento ED330B)

Acceso á orde

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación abrangue dende o 21 de maio ata o 21 de xuño ambos inclusive.

Instrucións

A presentación será preferentemente telemática tal e como se dispón na Orde seguindo os pasos que alí se indican.

As familias que desexen entregar a solicitude presencialmente poden facelo no horario habitual da secretaría:

De luns a venres de 9 a 13:30 h.

Os luns lectivos de 16 a 18 h.

Formularios e documentación

Os formularios pódense descargar na aplicación Fondolibros, nesta mesma páxina ou recollelos na secretaría.

a) Anexo I e II (entregar debidamente cubertos e asinados).

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

c) En caso de separación o divorcio, ademais, deberán aportar la sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

1º. Certificado ou volante de convivencia. Informe dos servizos socias ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

En casos especias, nos que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 da orde, aportarase un certificado ou volante de convivencia no que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

d) Certificado de discapacidade do/a alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

e) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, cando o agresor forme parte da unidade familiar.

f) Resolución xudicial constitutiva da curatela representativa ou resolución xudicial que estableza a patria potestade prorrogada ou rehabilitada mentres no se produza a revisión desta medida.

g) Resolución administrativa o xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela o garda da Xunta de Galicia.

h) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos socias ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, en caso de que o pai, a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.

i) Outra documentación que consideren necesaria.

Imaxe Cadro resumo das axudas Fondo Libros. Fonte: Admisión Alumnado

 

Anexos solicitude

Circular do centro

Enlace á Sede Dixital

Enlace á aplicación Fondo Libros

Manual de Usuario para os solicitantes

Fondo Libros Preguntas Frecuentes

 

 

 

 

 

 



page | by Dr. Radut