Skip to Content

O noso colexio

                                                                                                     

Axudas para a adquisición de libros de texto para o curso 2013/2014

No DOG de hoxe ven de publicarse a Orde do 30 de maio de 2013 pola que se convocan axudas para a adquisición
de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos
públicos, no curso escolar 2013/2014.

O prazo para presentar as solicitudes (Anexo I da orde) será o seguinte:

a) Para o alumnado de educación primaria e educación especial: do 3 de xuño ao 3 de xullo de 2013, ambos inclusive.

b) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo ordinario: do 25 de xuño ao 26 de xullo de 2013, ambos inclusive (no IES).

c) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo extraordinario: do 2 de setembro ao 2 de outubro de 2013, ambos inclusive.

Poden acceder á circular con información emitida polo centro premendo aquí.

Para descargar a solicitude (Anexo I) premer aquí.

Para acceder á información do portal da Consellería de Educación, premer no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.es/web/gratuidadesolidaria

Lembramos que o horario de atención ao público da secretaría do centro é de luns a venres de 9 horas a 13:30 horas e os luns de 16 a 18 horas.



page | by Dr. Radut