Skip to Content

O noso colexio

                                                                                                     

Admisión e matrícula para o curso 2014/2015

                                

Comunicamos a todos os interesados que se abre o proceso de admisión neste centro. Entre o 6 e o 20 de marzo de 2014 poderán entregar a solicitude de praza debidamente cumprimentada, na Secretaría do Centro. Lembramos tamén a todas as familias con alumnado matriculado no colexio, que teñen garantida a praza escolar, sempre que non soliciten praza noutro centro no que resultaran admitidos. A continuación aportamos documentos e enlaces de interese para este proceso de admisión. Poden premer nos mesmos para descargalos.

Vacantes ofertadas polo noso centro.

Documento do taboleiro do centro.

Decreto de admisión.

Instruccións de admisión 2014/2015 da Consellería de Educación.

Instruccións da Xefatura Territorial de A Coruña.

Mapa de zonas de influencia dos centros públicos de A Coruña.

Anexo II. Formulario de Admisión en castelan.

Anexo II. Formulario de Admisión en galego.

Paxina web da Consellería de Educación sobre o proceso de admisión.

Proxecto Educativo do Centro

A xornada de portas abertas será o día 17 de marzo de 2014 ás 17:00 horas. Poden premer na imaxe seguinte para descargar o folleto informativo da xornada.

                                                

** O horario de atención na Secretaría do centro é de Luns a venres de 9:00 h. ata as 13:30 h. e os luns de 16:00 a 18:00 h.



page | by Dr. Radut