CELEBRACIÓN MAGOSTOMAÍN

 

Pouco a pouco imos voltando á normalidade o que trae consigo a celebración de festexos, así que desde o Equipo de Extraescolares e Equipo de Dinamización da Lingua Galega temos unhas propostas relacionadas co outono e... O DÍA 29 DE OUTUBRO CELEBRAREMOS O MAGOSTOMAÍN!!

 Tiñamos moitas ganas de poder dar novas como esta e, como sempre, precisaremos da vosa colaboración:

  • Traer un puñado de castañas xa cortadas (cun pequeno corte) para axilizar o traballo entre o mércores 27 e venres 29.
  • Exposición de cabazasque os nenos/as poderán decorar na casa. DEBEN VIR PECHADASa partir do luns 25 de outubro, co NOME  E CURSO.
  • Ovenres 29 de outubro, os nenos e nenas que o desexen poderán vir caracterizadosda casa coa temática do Samaín ou do Magosto con dúas condicións:

- non se poderá traer complementos nas mans (nada fóra do que traían posto).

 - os disfraces deben ter relación coa temática do MAGOSTOMAÍN: meigas, fantasmas, morcegos, esqueletos, demos, castañeiras…

 Moitas grazas pola vosa colaboración.

Apelamos á responsabilidade que vós como familias tedes á hora da elección do disfrace evitando caer en temáticas perigosas para a infancia e descontextualizadas da festividade en cuestión pois, o noso cometido é darlle un sentido educativo e cultural.

 

 

DÍA DA NORMALIDADE

Hoxe, 14 de outubro, é o DÍA DA NORMALIDADE e o EQUIPO DE ACOLLEDORES recibiunos así de ben!!   

                                    

Entrade no noso blog para ver uns vídeos moi chulos nos que nos explican por que as normas son tan importantes no noso día a día.

Non perdas detalle!!!

PRAEMO

Un curso máis, dende o Concello de Oleiros, iníciase o programa de reforzo e apoio educativo (PRAEMO). Este programa vai dirixido ao alumnado de Primaria e Secundaria dos centros educativos do Concello.

 

Para consultar toda a información podedes descargar o díptico AQUI.

Neste arquivo tedes a FOLLA DE INSCRICIÓN.

 

 

PLAN DIRECTOR

CALENDARIO ESCOLAR E DÍAS NON LECTIVOS

O día 11 de outubro non haberá clase por ser o DÍA DO ENSINO.

Os DÍAS NON LECTIVOS elexidos polo centro para este curso 2021-22 e aprobados polo Consello Escolar son:

- 7 de decembro de 2021

- 16 de maio de 2022

Estes días sumaranse aos periodos non lectivos xa contemplados no calendario escolar que ven recollido na Orde do 19 de maio de 2021.

EDIXGAL NO CEIP LUÍS SEOANE

BOAS FAMILIAS,

DEIXÁMOSVOS UNHA PEQUENA PRESENTACIÓN ONDE EXPLICAMOS O USO E FUNCIONAMENTO DE EDIXGAL, PARA AS FAMILIAS DE 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

Adxuntamos o folleto informativo onde podedes ver toda a información e o teléfono para contratar o seguro para o equipo e a cobertura deste seguro facilitada pola empresa Plexus.

Un saúdo.

 

AULAS VIRTUAIS - CURSO 21/22

Ola familias!!!!

 

As nosas Aulas Virtuais xa están operativas!!!

 

Ao longo das vindeiras semanas as mestras e os mestres poñerán actividades para que vos familiaricedes co seu uso e solventar as dúbidas. Serán unha ferramenta no noso día a día nas aulas e a ferramenta de traballo e de comunicación a distancia e este ano veñen con moitas novidades e posibilidades de uso.

 

Cada mestre e mestra facilitaravos un Usuario e unha Contrasinal, (serán os mesmos que tíñades o curso pasado), para poder acceder.

RECORDADE QUE É MOI IMPORTANTE CUBRIR - MODIFICAR O E-MAIL NO PERFIL DE USUARIO.

Tamén é importante comunicar aos vosos titores e titoras se tedes algunha dificultade para usar estas aulas, ben sexa por falta de medios ou de rede na casa.

 

Desde o Equipo TIC do Centro realizamos o seguinte vídeo explicativo para que podades acceder ás vosas aulas sen problema e para que entendades, dunha maneira xenérica o seu uso. 

Calqueira dúbida que teñades podedes contactar a través deste email coa coordinadora TIC do colexio: apintosl@edu.xunta.es

UN SAÚDO.

 

 

 

INFORMACIÓNS VARIAS INICIO DE CURSO

LISTAXES DE MATERIAL POR CURSOS

EDUCACIÓN INFANTIL: farase entrega de 30€ para a compra de material a través da ANPA do colexio no seu horario de atención ao público.

Acceder ás listaxes premendo en cada un dos cursos:

1º EDUCACIÓN PRIMARIA

2º EDUCACIÓN PRIMARIA

3º EDUCACIÓN PRIMARIA

4º EDUCACIÓN PRIMARIA

5º EDUCACIÓN PRIMARIA

6º EDUCACIÓN PRIMARIA

DATAS E HORAS DE REUNIÓNS DE PAIS/NAIS

CAMBIO DE OPTATIVA RELIXIÓN/VALORES SOCIAIS E CÍVICOS: ata o 15 de setembro (inclusive) poderase cambiar a optativa.

Para elo, deberase cubrir a solicitude e entregar en secretaría (previa cita).

SOLICITUDE CAMBIO OPTATIVA

PLAN DE ACOLLIDA COVID CURSO 2021-2022

 

ACCEDENDO NESTE ENLACE AO PLAN DE ACOLLIDA COVID PARA O CURSO 2021-22, PODEDES CONSULTAR TODA A INFORMACIÓN RELATIVA  A:

PRIMEIRO DÍA DE CLASE, HORARIOS, ORGANIZACIÓN DAS ENTRADAS E SAÍDAS, RECREOS, PREVENCIÓN DA COVID, PLAN DE ACTUACIÓN PARA A FORMACIÓN TELEMÁTICA...

SAÚDO DO EQUIPO DOCENTE

COMEZA UN NOVO CURSO!

O 2021-2022 XA ESTÁ AQUÍ!

E aínda que o lastre da pandemia inevitablemente segue aí, esta vez vimos todos con moito aprendido do vivido o ano anterior. Así pois todos xuntos, familia e escola, con ilusión, ganas e tomando todas as precaucións esperamos facelo o mellor posible e que este curso quede a altura do que os nosos nenos e nenas se merecen.

 

 

UN SAÚDO DE TODO O EQUIPO DOCENTE DO CEIP LUÍS SEOANE

 

 

 

INFORMACIÓNS VARIAS:

 

  • PRIMEIRO DÍA DE CLASE

AS CLASES COMEZAN O DÍA 9 DE SETEMBRO para todos os cursos, en horario de 9:00 a 14:00 horas, excepto para 4º de Educación Infantil, que terá o Periodo de Adaptación.

O primeiro día de clase NON PRECISAN TRAER NINGÚN LIBRO DE TEXTO OU MATERIAL ESCOLAR ESPECÍFICO distinto dun caderno, carpeta para gardar as circulares e un estoxo con lapis, goma, tesoiras, pegamento, cores… Non esquecer unha máscara de protección de reposto e auga.

*As listaxes de material serán publicadas na páxina web do cole o primeiro día de clase.

 

  • REUNIÓN FAMILIAS 4ºEDUCACIÓN INFANTIL

Lembramos que o vindeiro LUNS 6 DE SETEMBRO ÁS 17:00 HORAS terá lugar unha reunión informativa para as FAMILIAS DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL. Por protocolo COVID, só poderá asisitir un proxenitor por cada neno ou nena (non acudir cos nenos). Adxúntanse aquí calendario coas quendas que logo se adxudicarán a cada nesa reunión.

Informarase, principalmente, sobre o PERIODO DE ADAPTACIÓN.

 

  • ENTREGA DE FONDO DE LIBROS DE TEXTO PARA 3º E 4º E.P

O LUNS 6 de SETEMBRO, de 10:30 a 13:00 horas, os titores de 3º e 4º de E.P farán entrega dos libros do Fondo Solidario da Xunta para os alumnos que resultaron beneficiarios do mesmo. Recollerá os libros a persoa que fixo a solicitude ou alguén autorizado por ela, en cuxo caso traerá unha fotocopia do DNI asinada do/a solicitante. O lugar de entrega habilitarase por fóra do edificio de Primaria, no acceso de entrada do alumnado de 4º,5º e 6º.

O mesmo día, e a continuación desta entrega, as familias socias da ANPA que o solicitaron poderán completar os lotes cos libros que lles faltan. Habilitarase un espazo no mesmo acceso, diante da porta de saída da biblioteca. Para máis información desta entrega, consultar no seu blogue.

 

  • HORARIO PRESENCIAL DE REFORZO DO ANPA

Para evitar aglomeracións os primeiros días e para que as familias podades preguntar, entregar as circulares cubertas, pagar en efectivo (os que escollan esta modalidade)… ESTAREMOS PRESENCIALMENTE NO LOCAL DA ANPA OS SEGUINTES DIAS DO INICIO DO CURSO:

 

XOVES 9 DE SETEMBRO

15:30 A 17:00

LUNS 13 DE SETEMBRO

16:00 A 18:00

MARTES 14 DE SETEMBRO

16:00 A 17:15

MERCORES 15 DE SETEMBRO

16:00 A 17:15

XOVES 16 DE SETEMBRO

16:00 A 17:15

Distribuir contido