O curso pasado celebramos...Este ano tocará...

CAMBIA O MES E CAMBIAMOS DE MÚSICA!!!!

Chega o mes de abril cheo de música nova... Queredes sabes que festexamos este mes?? Mirade a nosa Playlist de Abril!!!

 

 

ESTADO DAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2022/23

Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitude de admisión de alumnado, ábrese un prazo de 10 días comprendidos entre o 24 de marzo ao 4 de abril de 2022 (ambos incluídos) para que a persoa solicitante a baremar presente a documentación xustificativa dos criterios xerais de admisión alegados (ante calquera dúbida chamar ao teléfono do centro 981617130 en horario de 9:00 a 14:00 horas)

 

Nivel Solicitudes Estado
4EI 30 Admitidas
5EI 1 Admitidas
6EI 1 Admitidas
1EP 3 Baremar
2EP 2 Admitidas
3EP 3 Admitidas
4EP 0  -
5EP 3 Admitidas
6EP 0       -

Antes do 25 de abril publicaranse as listaxes provisionais de admitidos e non admitidos.

ORDE do 12 de marzo de 2013  pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Uso das máscaras

Estimadas familias:

Esta mañá, venres 18 de marzo, no portal de edu.xunta.gal, acaban de publicar unha comunicacion conxunta das consellerías de Sanidade e Educación onde veñen de acordar "deixar de recomendar o uso das máscaras nos espazos ao aire libre dos colexios".
Por elo, o alumnado, a partir do luns 21 de marzo, terá que contar cunha caixa portamáscaras ou similar onde gardala no tempo de recreo, xa que deberán entrar e saír do edificio con ela posta.

(Podedes consultar a comunicación premendo AQUÍ)

Obradoiro para familias

#8M NIN TÚA NIN DE NINGUÉN, LIBRE!

 

#8M As nosas alumnas María González Blanco e Jimena Toledo Piñeiro, de 6ºA de E. Primaria, resultaron gañadoras na convocatoria de lemas“Nin túa nin de ninguén, libre!”,organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros. Parabéns!!

 

ADMISIÓN ALUMNADO 2022/23

Reserva praza de novo alumnado para o curso 2022/23

Prazo: do 1 ao 21 de marzo 

Presencialmente no centro (previa cita no 981617130 ) ou a través da Sede Electrónica da Xunta.

Tedes toda a información no menú á esquerda nesta web.

Lembramos que o mércores 9 ás 16.30 faremos unha" Xornada de portas abertas" (reserva no ceip.luis.seoane@edu.xunta.gal )

A NOSA PLAYLIST DE MARZO...

EN MARZO CAMBIA AS CONMEMORACIÓNS E TEMOS NOVA MÚSICA NO NOSO FÍO MUSICAL...

 

 

 

E O COLE ENCHEUSE DE FESTA...

Boas familias!!!!

Nun fermoso día festexamos o Entroido no cole baixo o tema " Traballos tradicionais" e o patio encheuse de xente do campo e do mar, garbabosques, ferreiros, oleiros, carboeiros, panadeiras e panadeiros, apicultores e como non, sanitarios, dispostos todos a pasar un fantástico día de troula!

Que ben o pasamos! 

E PARA O VENRES....

4º MANDADO DA MECA

Distribuir contido