LISTADO DE ALUMNADO ADMITIDO CURSO 2021-2022

BO DÍA, FAMILIAS!!

NO NOSO TABOLEIRO ESTÁN PUBLIDADAS AS LISTAS DEFINITIVAS DO ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 21-22. SE QUEREDES CONSULTALAS, RECORDADE QUE TEDES QUE PEDIR CITA PREVIA NO 981617130.

TOD@S OS ALUMNOS E ALUMNAS QUE PRESENTARON A SOLICITUDE DE ADMISIÓN NO NOSO CENTRO FORON ADMITID@S.

UN SAÚDO.

RECORDADE QUE O 18 DE MAIO SERÁ DÍA NON LECTIVO NO NOSO CENTRO

Boas familias!!!

Recordade que o 18 de MAIO será día NON LECTIVO no noso centro.

 

LETRAS GALEGAS 2021

ACHÉGASE A FESTA DA NOSA LINGUA, ASÍ QUE NON HABERÁ MELLOR MANEIRA DE CONMEMORAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS CUNHA FESTA CHEA DE CANCIÓNS POPULARES...

TEDES AQUÍ AS QUE IMOS TOCAR NAS CLASES ADEMÁIS DE TER MOITAS MÁIS ACTIVIDADES.

MOITAS GRAZAS AOS NOS@S ARTISTAS INÉS, ANDREA E FUCO!!!

 

CAMPAMENTOS DE VERÁN DO CONCELLO DE OLEIROS

Boas familias!!!!

O Concello de Oleiros abre o prazo de inscrición nas diferentes actividades e campamentos ofertadas para este verán. Tedes de prazo para realizar a Preincrición antes do 19 de Maio por Sede Electrónica no Concello.

Toda a información a podedes atopar AQUÍ.

 

CAMPAÑA DE AFORRO ENERXÉTICO

Os alumnos e alumnas do Equipo de Bosque (Boas Prácticas) pensamos que coas nosas accións no cole podemos aforrar moita enerxía.

Estás dacordo? Intentámolo?

 

SEMIFINALISTAS NO CONCURSO DE ECOVOZ

Ola familias!!!

Como xa sabedes, os alumn@s de 6º de Educación Primaria participaron este ano no Concurso de ECOVOZ. Fixérono xenial, xa que quedaron como semifinalistas!!!

Por iso, hoxe, recibiron un agasallo polo seu esforzo e adicación!!! Noraboa!!!

MES DO TEA NO NOSO COLE

O 2 de abril conmemórase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, mais no noso cole gústanos tanto a diversidade que celebramos todo o mes abril como Mes azul.

 Así, todos equipos de Boas Prácticas xuntámonos neste vídeo para explicar os Superpoderes das persoas con TEA, os nosos superheroes: os SÚPERTEA!!!!!

 

 

SEGUIMOS NO CAMIÑO DA NOVA NORMALIDADE...

Este trimestre seguimos un pasiño hacia diante... Volven as excursións de día enteiro organizadas polo Concello e, nesta ocasión, os alumnos e alumnas de 5º A de Primaria gozaron dun día cheo de actividades pola Terra Chá. Alí visitaron a Casa de Manuel María, Lagoa de Cospeito e Pena de Rodas.

Unha chulada de día!!

HOXE FOI UN DÍA DE SORPRESAS NO NOSO COLE!!!!

Como sabedes, o noso cole é un centro tan tan Ecolóxico e preocupado pola Natureza, que hoxe tivemos un novo alumno!!!!

Mirade que cousa bonita estivo parte da maña polos nosos pasillos!!!!

Ademáis, no noso Bosque temos unha pequena casiña nova... Sabedes quen é o seu dono ou dona? Traballará pola noite? Ao longo destes días intentaremos averigualo...

 

ABRIL É UN MES AZUL... ABRIMOS A PORTA AO TEA!!!

 

 Ola familias
 
Tal e como todos os anos desde o Departamento de Orientación, aproveitamos estas datas para aprender mais sobre "diversidade" e "diferenza".
 
Na WEB DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN temos propostas divertidas e moi interesantes para que o T.E.A. pase a formar parte, aínda mais do noso día a día.
 
Traballarémolas nas clases pero, dende aquí, gustaríanos animarvos a todxs a que naveguedes por eses espazos e disfrutedes ca información que nos aportan sobre algo tan evidente e tan presente como é "a diferenza e a inclusión".
 
Moitas grazas pola vosa atención e colaboración

 

 

 

 

Distribuir contido