SAÚDO DO EQUIPO DOCENTE

COMEZA UN NOVO CURSO!

O 2021-2022 XA ESTÁ AQUÍ!

E aínda que o lastre da pandemia inevitablemente segue aí, esta vez vimos todos con moito aprendido do vivido o ano anterior. Así pois todos xuntos, familia e escola, con ilusión, ganas e tomando todas as precaucións esperamos facelo o mellor posible e que este curso quede a altura do que os nosos nenos e nenas se merecen.

 

 

UN SAÚDO DE TODO O EQUIPO DOCENTE DO CEIP LUÍS SEOANE

 

 

 

INFORMACIÓNS VARIAS:

 

  • PRIMEIRO DÍA DE CLASE

AS CLASES COMEZAN O DÍA 9 DE SETEMBRO para todos os cursos, en horario de 9:00 a 14:00 horas, excepto para 4º de Educación Infantil, que terá o Periodo de Adaptación.

O primeiro día de clase NON PRECISAN TRAER NINGÚN LIBRO DE TEXTO OU MATERIAL ESCOLAR ESPECÍFICO distinto dun caderno, carpeta para gardar as circulares e un estoxo con lapis, goma, tesoiras, pegamento, cores… Non esquecer unha máscara de protección de reposto e auga.

*As listaxes de material serán publicadas na páxina web do cole o primeiro día de clase.

 

  • REUNIÓN FAMILIAS 4ºEDUCACIÓN INFANTIL

Lembramos que o vindeiro LUNS 6 DE SETEMBRO ÁS 17:00 HORAS terá lugar unha reunión informativa para as FAMILIAS DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL. Por protocolo COVID, só poderá asisitir un proxenitor por cada neno ou nena (non acudir cos nenos). Adxúntanse aquí calendario coas quendas que logo se adxudicarán a cada nesa reunión.

Informarase, principalmente, sobre o PERIODO DE ADAPTACIÓN.

 

  • ENTREGA DE FONDO DE LIBROS DE TEXTO PARA 3º E 4º E.P

O LUNS 6 de SETEMBRO, de 10:30 a 13:00 horas, os titores de 3º e 4º de E.P farán entrega dos libros do Fondo Solidario da Xunta para os alumnos que resultaron beneficiarios do mesmo. Recollerá os libros a persoa que fixo a solicitude ou alguén autorizado por ela, en cuxo caso traerá unha fotocopia do DNI asinada do/a solicitante. O lugar de entrega habilitarase por fóra do edificio de Primaria, no acceso de entrada do alumnado de 4º,5º e 6º.

O mesmo día, e a continuación desta entrega, as familias socias da ANPA que o solicitaron poderán completar os lotes cos libros que lles faltan. Habilitarase un espazo no mesmo acceso, diante da porta de saída da biblioteca. Para máis información desta entrega, consultar no seu blogue.

 

  • HORARIO PRESENCIAL DE REFORZO DO ANPA

Para evitar aglomeracións os primeiros días e para que as familias podades preguntar, entregar as circulares cubertas, pagar en efectivo (os que escollan esta modalidade)… ESTAREMOS PRESENCIALMENTE NO LOCAL DA ANPA OS SEGUINTES DIAS DO INICIO DO CURSO:

 

XOVES 9 DE SETEMBRO

15:30 A 17:00

LUNS 13 DE SETEMBRO

16:00 A 18:00

MARTES 14 DE SETEMBRO

16:00 A 17:15

MERCORES 15 DE SETEMBRO

16:00 A 17:15

XOVES 16 DE SETEMBRO

16:00 A 17:15

AdxuntoTamaño
Proposta periodo de adaptacion 2021.pdf46.48 KB