ENTROIDO
ORDE DO MECO PARA O XOVES
A orde do Meco para este xoves,e lembrade que son acumulativas. Aquí quedan, todas xuntas:
SE O RITMO DO MECO QUERES TER,
EN XIMNASTA HASTE CONVERTER.
O LUNS CÓMODO QUERES VIR?
UNHAS MALLAS SI OU SI.
PARA O MARTES NON SUAR,
UNHA CINTA NA CABEZA TERÁS QUE AMARRAR.
O MÉRCORES FRÍO HA FACER,
UNS QUENTADORES VIRANCHE MOI BEN.
O XOVES UNS BAILES TOCARÁN,
POR TENIS DIFERENTES DEBES APOSTAR.
ORDE DO MECO PARA O MÉRCORES
E xa chegou a orde do Meco para mañá mércores.
O MÉRCORES FRÍO HA FACER,
UNS QUENTADORES VIRANCHE MOI BEN.
Lembrade que as consignas son acumulativas: mallas, cinta na cabeza e quentadores.
Vémonos mañá no cole!!!
ORDE DO MECO PARA O MARTES
Esta é a orde do Meco para mañá martes:
PARA O MARTES NON SUAR,
UNHA CINTA NA CABEZA TERÁS QUE AMARRAR.
Lembra, que as consignas son acumulativas, polo que haberá que vir con mallas e unha cinta na cabeza.
ORDE DO MECO PARA O LUNS
Pronto chegará o entroido e, como xa é costume, chega o Meco ao centro con propostas para disfrazarnos.
Como vedes, ven moi deportista, e repectando as normas, con máscara e desinfectándose con xel á entrada ao centro.
E o primeiro mandato do Meco, para este luns é:
SE O RITMO DO MECO QUERES TER,
EN XIMNASTA HASTE CONVERTER.
O LUNS CÓMODO QUERES VIR?
UNHAS MALLAS SI OU SI.
Pois agora xa sabes, a facerlle caso ao Meco.
