Día da Paz
DÍA DA PAZ 2021
Este ano, puxéronse na nosa contra a pandemia e o tempo atmosférico. Así que tocounos celebrar o Día da Paz desde as nosas aulas.
Atrás quedou a solta de pombas, cantar todos xuntos e compartir a experiencia entre todos.
Na cortiza do cole fixemos o noso "Muro da PAZ", e alí fumos poñendo todos os traballiños que fixemos;o alumnado de 6º de Primaria, como xa é tradicional, "pintou" no chan cos seus corpos a palabra PAZ e preparamos a canción "Móvete", de Paco Nogueiras, para cantar todos en lingua de signos. E non podía faltar o noso "Manifesto da Paz" feito polos aiores do cole.
Aquí tedes o video da canción.
Acceso ás fotos: Galería Día da Paz
