PDI

APERTURA DA BIBLIOTECA

Bo día nenos e nenas! Hoxe, 24 de outubro é o día da bibliotecas escolares e con este motivo queremos anunciarvos que a partir de mañá abrimos a biblioteca do cole. 

Como xa sabedes, este ano o proxecto de centro é o Camiño de Santiago. Ao longo do curso traballaremos sobre este tema e afondaremos nalgúns dos camiños máis relevantes e empregados polos peregrinos. 

Nos próximos días anunciaremos os horarios de biblioteca no recreo así como os solicitados para o empréstito de libros.

Lede, creade e imaxinade.

Bo camiño!

Buscando nome ao noso proxecto

Como todos saberedes este ano a nosa PDI (Proxecto Documental Integrado) tratará sobre as emocións. Neste punto do camiño estamos na procura dun título que bautice o noso proxecto. É por iso que na entrada do colexio o equipo de biblioteca colocou unha árbore sen follas, coa idea de que entre tod@s decidamos o nome do noso proxecto. Cada clase do centro aportou as súas ideas, así como todo o mundo que por alí pasou. En breves publicaremos por fin o nome da nosa PDI.

PDI (Proxecto Documental Integrado)

Os Proxectos Documentais Integrados están moi relacionados didácticamente cos Traballos por Proxectos e as Unidades Didácticas Integradas xeneradas do traballo para as Competencias Básicas. Seguen uns pasos bastantes comúns que finalizan coa elaboración dun produto que hai que compartir cos demáis. Así os podemos definir:

Os proxectos documentais integrados (PDI) son actividades nas que o alumnado, ademáis de investigar sobre un tema ou problema concreto, familiarízase cos mecanismos de búsqueda de información e traballo intelectual empregando os recursos documentais da Biblioteca Escolar.

Son proxectos porque se desenvolven mediante unha metodoloxía activa e colaborativa para desenvolver competencias básicas. Son documentais porque a partir dos documentos que atesouran as nosas bibliotecas escolares axudan aos rapaces e ás rapazas a construir o seu coñecemento, ser creativos e capaces de comunicar o que entenden. Por fin, son integrados porque ademáis permiten integrar aprendizaxes de diferentes disciplinas e serven para acercar o mundo escolar á vida diaria.

PRONTO COÑECEREDES O TEMA DA PDI DESTE CURSO 2015/16. PROMETE SER MOI EMOCIONANTE!!!!!!!!!

Powered by Drupal - Design by artinet