DINAMIZACIÓN DE CONVIVENCIA CURSO 16 -17 | |||||
Premendo na imaxe accédese ao noso proxecto dinamizador de convivencia para este curso 2016- 2017 no que, seguindo os tres eixos fundamentais (coidado do entorno, de si mesmo e das relacións), continuaremos con actividades xa iniciadas en cursos anteriores como "A patrulla verde" ou "Xoves froita, venres bocadillo" e como novidade implementaremos o PROGRAMA TEI
Por outra parte, un obxectivo prioritario este curso é a actualización do noso Plan de convivencia, adaptándoo á Lei 4/2011 de Convivencia. Nas imaxes de abaixo podemos ver algunhas das actividades dinamizadores realizadas durante este curso. Premendo nas imaxes accédese a elas |
|||||
Convivencia 16 - 17
DINAMIZACION DA CONVIVENCIA 2016 - 2017
PREVENCIÓN DO ACOSO ESCOLAR
PREVENCIÓN DO ACOSO ESCOLAR PROGRAMA TEI: TITORÍA ENTRE IGUAIS |
||||
Traballar as emocións na aula é abrir as portas á aprendizaxe e á mellora da convivencia. Este curso poñemos en marcha o PROGRAMA TEI: TITORÍA ENTRE IGUAIS encamiñado á prevención do acoso escolar. Este proxecto esixe a formación específica do profesorado e a implicación de toda a comunidade escolar, especialmente das familias. Por iso pedimos a vosa colaboración. Para saber en que consiste esta primeira colaboración das familias premer na imaxe. |
||||
|
DÍA MUNDIAL DO TRASTORNO AUTISTA
DOCENCIA DO TEI
O PROFESORADO DO CENTRO RECIBE A DOCENCIA SOBRE O PROGRAMA TEI | ||||
O profesorado do centro recibiu a docencia para a aplicación no noso centro do programa de "Titoría entre iguais", programa de prevención da violencia e acoso escolar. A docencia, que se realizou durante dous días, foi moi positiva. No mes de xaneiro comezaremos aplicación deste programa no noso centro no que os alumnos e alumnas de 5º de primaria titorizarán ao alumnado de 3º de primaria.
|
||||
|
AGRADECEMENTO DA FUNDACIÓN SAVE THE CHILDREN
CONMEMORAMOS O DÍA DA PAZ 17
O DÍA 30 DE XANEIRO CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ Entre as actividades feitas neste día cabe destacar a Carreira Solidaria sumámonos á iniciativa de SAVE THE CHILDREN e ao seu compromiso coa defensa dos dereitos da infancia. Despois da carreira bailamos todos xuntos no patio a Polca pola PAZ Máis información e imaxes premendo na fotografía |
CARREIRA SOLIDARIA
CARREIRA SOLIDARIA NO DÍA DA PAZ | ||
O día 30 de xaneiro celebramos, como todos os anos o día da Paz. Este ano sumámonos a iniciativa de SAVE THE CHILDREN e ao seu compromiso coa defensa dos dereitos da infancia. A iniciativa chámase “quilómetros de solidariedade” A colaboración das familias e do resto da comunidade escolar foi impresionante, por iso A RECADACIÓN FOI DE 659,40 € Mil grazas pola vosa solidariedade!!! Pódese entrar na páxina da organización para mais información acerca dos proxectos e do destino das aportacións . |
|
"TITORÍA ENTRE IGUAIS" UN PROXECTO PARA A PREVENCIÓN DO ACOSO ESCOLAR
O PROGRAMA TEI, UN PROGRAMA DE PREVENCIÓN DO ACOSO ESCOLAR | ||
Oitenta alumnos de seis centros da comarca estrenan un programa de titoría entre iguais (TEI), programa de prevención do acoso escolar. O noso centro é un dos participantes. O proxecto consiste en que alumnado de 5º de primaria exerza coma titor de alumnado de 3º de primaria, tratando así de igual a igual os problemas. O profesorado do noso centro acudirá ás sesións de formación no CEFORE de Ferrol o luns e o martes. Premendo na imaxe accédese á nova da Voz de Galicia |
|