Curso 16 - 17

BURBULLAS DE XABRÓN XIGANTES

          
  BURBULLAS DE XABRÓN XIGANTES  
  Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

O alumnado de E. Infantil de 3 anos saiu ao patio para realizar unha actividade con burbullas de xabrón xigantes.

Foi unha actividade moi atractiva e moi interesante na que observaron  e vivenciaron como se fan, como as despraza o vento e, por supostro, como explotan as burbullas!!!

 

Para ver máis imaxes da actividade premer nas fotos

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

 
   

PROGRAMA TEI: FORMACIÓN DO ALUMNADO

          
   
  Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Tras as reunións informativas coas familias do alumnado de 3º e 5º de E. Primaria, pasamos ás docencias para dito alumnado, que serán os principais artífices do cambio na convivencia do centro.

Ao alumnado fíxoselle entrega dun tríptico informativo, asi como un carnet e un diploma nos que asinaron o seu importante compromiso.

NORABOA AOS TITORES E AOS TITORIZADOS!!!!!

Premer nas imaxes para acceder á nova.

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

 
   

RADIO CHALANA 2016 - 2017 - Con mar maraxeiro

     
  NOVAS EMISIÓNS: "CON MAR MARAXEIRO"  
 

  Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completoE seguimos coas novas emisións da nosa radio escolar, RADIO CHALANA

AGORA CUN NOVO PROGRAMA:


Preme na imaxe e escoita! 

 

CONMEMORAMOS O DÍA DA PAZ 17

     
   
 

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completoO DÍA 30 DE XANEIRO CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

Entre as actividades feitas neste día cabe destacar a Carreira Solidaria sumámonos á iniciativa de SAVE THE CHILDREN  e ao seu  compromiso coa defensa dos dereitos da infancia.

Despois da carreira bailamos todos xuntos no patio a Polca pola PAZ

 Máis información e imaxes premendo na fotografía 

 

A APRENDIZAXE COLABORATIVA NAS AULAS

         
       
   

Nas aulas estanse vendo xa as dinámicas colaborativas baseadas na teoría constructivista das aprendizaxes. A colaboración, como novo estilo de traballo e forma de producir coñecemento, implica unha abordaxe colectiva na resolución dos problemas.

Máis información e imaxes premendo nas fotografías

   

EXCURSIÓN DE 1º E 2º A CORUÑA

         
   
 

 O 24 e o 27 de xaneiro, os alumnos e alumnas de 1º e 2º fomos de excursión á Fundación Barrie, a visitar a exposición "Sorolla. Terra adentro" e ao "Museo Arqueolóxico - Castelo de San Antón" na Coruña. 

Máis información e imaxes premendo nas fotografías

 

CARREIRA SOLIDARIA

     
  CARREIRA SOLIDARIA NO DÍA DA PAZ  
 

 O día 30 de xaneiro celebramos, como todos os anos o día da Paz. Este ano sumámonos a iniciativa de SAVE THE CHILDREN  e ao seu  compromiso coa defensa dos dereitos da infancia. A iniciativa chámase “quilómetros de solidariedade” 

A colaboración das familias e do resto da comunidade escolar foi impresionante, por iso

A RECADACIÓN FOI DE 659,40 €

Mil grazas pola vosa solidariedade!!!

 Pódese entrar na páxina da organización para mais información acerca dos proxectos e do destino das aportacións .

www.savethechildren.es

 

Nadal 2016

     
   
 

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

PREMENDO NA IMAXE ACCEDEMOS A TODAS AS ACTIVIDADES DESTE NADAL:

Felicitación de Nadal, panxoliñas, visita do Apalpador, visita dos Reis Magos....

 

 

TRÍPTICO DE LECTURAS DE NADAL 2016

       
   
La imagen puede contener: una persona

Dende o Grupo da Biblioteca publícannos o tríptico de lecturas recomendadas e lémbrannos que 

O MELLOR AGASALLO.... UN LIBRO!

 Máis información premendo na imaxe.

   

O APALPADOR CHEGA AO NOSO COLE

     
   
 

O APALPADOR CHEGOU AO NOSO COLE

Dende O Courel, terra de vales e bosques cubertos de xélidas folerpas, chegou ao Isaac Peral o seu carboeiro máis célebre, O APALPADOR

 Máis información e imaxes premendo na fotografía 

 
     

CONVERSAS CO ESCRITOR ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

             
   

 

   
           
 

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

 

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

 

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

 

Antonio chegou contento e relaxado, transmitindo serenidade entre o alumnado. Iniciou a súa conversa falándolles do afortunados que eran por ter esta fermosa biblioteca, chea de grandes obras literarias. Contoulles que el de pequeno non tiña ningún libro na súa casa e tampouco no colexio; que ata os 16 anos non empezara a le, pero que despois xa nunca parou de facelo.

 

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

 

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

 

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

 
   

Díxolles que lle gustaba moito vir a este centro no que se respiraba entre as mestras e mestres, un grande amor pola literatura e especialmente, pola poesía; que aprenderan delas.

   
   

A continuación fíxolles un xogo: unha proba de atención para introducilos no mundo da poesía. Picoulles dicíndolles que non ían ser quen de poder facelo.

O xogo consistiu en lerlles varias veces un poema e despois lelo sen a palabra final de cada verso, eles tiñan que rematalo. Non faltaron grandes risas e aplausos ata ó final.

   
   

Logo pasou a falarlles do libro que leran: “Verbas de sal”. Respostou todas as preguntas que lle fixeron de moi bo grado.

Faloulles do protagonista, Don Evaristo, que se parecía a el. Gústalle o mar, escoitalo, sentir que lle conta cousas. Non podería vivir sen o mar. Tamén é coma el, moi curioso, gústalle saber moitas cousas; por iso encantáballe estar na biblioteca do pobo de Vilamollada.

   
 

Para el a obra é unha defensa da literatura, das palabras, ten a intención de animar a ler.

Está escrito en prosa poética, buscando aquelas palabras fermosas que enchan de emocións os vosos corazóns e vos encamiñen a amar a poesía.

 
 

Para finalizar a rapazada agasallouno con debuxos e un poema que compuxeron. El firmoulles a cada un o seu libro.

E para rematar... PODEDES VER NA BIBLIO O AGASALLO QUE NOS DEIXOU ASINANDO SEU LIBRO!

        

 

Moitas gracias e ata pronto, Antonio !!!

 
     
 

                   

 

RECOMENDACIÓNS LECTURAS NADAL

       
                               
       
 

DENDE A

DESEXÁMOSVOS     

FELICES FESTAS E MOI BOAS LECTURAS

 

  

 
       
  PODEDES VER AS PROPOSTAS PARA ESTE NADAL    
       
       
     
       

VISITA ANTONIO GARCIA TEIJEIRO

         
     
  Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

 O pasado día 12, o alumnado de 4º de Ed. Primaria recibiu a visita

do escritor ANTONIO GARCIA TEIJEIRO.

Veunos a falar do seu libro

 

Máis información premendo na imaxe

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo  

VISITA AO CONCELLO DE FERROL

         
   
 

O ALUMNADO DE 3º FOI DE VISITA AO CONCELLO DE FERROL

O xoves 15, as nenas e nenos de 3º, fixeron unha saída ao Concello, visitando o barrio da Magdalena e observando neste percorrido a estructura típica deste barrio: "tableta de chocolate" e algunha mostra da arquitectura modernista.

Máis información premendo na imaxe

 

 
 
 
 
 
 
 
   

DOCENCIA DO TEI

         
  O PROFESORADO DO CENTRO RECIBE A DOCENCIA SOBRE O PROGRAMA TEI  
   

O profesorado do centro recibiu a docencia para a aplicación no noso centro do programa de "Titoría entre iguais", programa de prevención da violencia e acoso escolar. A docencia, que se realizou durante dous días, foi moi positiva.

No mes de xaneiro comezaremos aplicación deste programa no noso centro no que os alumnos e alumnas de 5º de primaria titorizarán ao alumnado de 3º de primaria.

   
   

REPRESENTACIÓN DA OBRA "A RATIÑA FACHENDOSA"

     
  REPRESENTACIÓN DA OBRA DE TEATRO "A RATIÑA FACHENDOSA"  
 

 O xoves ás 17: 30 hora na sala de usos múltiples terá lugar a representación da obra "a ratiña fachendosa". Esta obra será interpretada polo alumnado de TEATRO das ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES SUBVENCIONADAS POLO CONCELLO:

Antía Fernández Abad, Adrián Jerez Grandal, Luisa López de Jesús, Candela Primoi Martínez e Elia Soto Faraldo.

A obra será dirixida pola profesora de teatro Julia Graña Fuentes.

 

"TITORÍA ENTRE IGUAIS" UN PROXECTO PARA A PREVENCIÓN DO ACOSO ESCOLAR

     
  O PROGRAMA TEI, UN PROGRAMA DE PREVENCIÓN DO ACOSO ESCOLAR  
 

Oitenta alumnos de seis centros da comarca estrenan un programa de titoría entre iguais (TEI), programa de prevención do acoso escolar.

O noso centro é un dos participantes. O proxecto consiste en que alumnado de 5º de primaria exerza coma titor de alumnado de 3º de primaria, tratando así de igual a igual os problemas. 

O profesorado do noso centro acudirá ás sesións de formación no CEFORE de Ferrol o luns e o martes.

Premendo na imaxe accédese á nova da Voz de Galicia

 

COLABORACIÓN SOLIDARIA

           
  COLABORACIÓN  SOLIDARIA  
   

Como todos os anos, pedimos a colaboración solidaria das familias na recollida de alimentos (poden ser alimentos típicos do nadal ou non) para Cáritas Parroquial. Deberán traelos en bolsa ou caixa de cartón.

O  plazo  máximo  de  entrega  será  o  venres  16  de decembro.

 

GRAZAS A QUEN MANTÉN VIVA A SOLIDARIDADE QUE NOS DISTINGUE

 

   
   

EDUCANDO EN DEREITOS DENDE A CIDADE

       
   

O pasado martes 30 de novembro, as alumnas e os alumnos de 2º de E.Primaria, asistimos a actividade "OS DEREITOS DAS NENAS E DOS NENOS A TRAVERSO DA OBRA DE FRANCESCO TONUCCI".

Esta actividade forma parte da conmemoración do "Dia Internacional de Cidade Educadora" organizado polo Concello de Ferrol.

Máis información premendo na imaxe.

 

O ALUMNADO DE 6º VISITA O MUSEO NAVAL

         
   
 

O venres 18 de novembro, os alumn@s de 6º visitaron o Museo de Exposición Naval de Ferrol.

Foi unha visita moi interesante onde poideron observar: maquetas de barcos, máquinas de propulsión...

Máis información premendo na imaxe.

   
   

PROGRAMA DE PREVENCIÓN DO ACOSO ESCOLAR

          
  PROGRAMA DE PREVENCIÓN DO ACOSO ESCOLAR  
 

Como xa sabedes, estamos traballando cara á prevención do acoso escolar.

Partindo das aportacións das familias comezamos a falar nas asambleas de aula dos sentimentos que esperta o acoso.

Seguimos aportando datos e reflexionando sobre o tema vendo videos adaptados ás distintas idades.

Tamén escoitamos en directo o rap do alumnado de 5º de E. Primaria.

E SEGUIMOS TRABALLANDO... IREMOS INFORMANDO.

Premer nas imaxes para acceder á nova.

 
   

PREVENCIÓN DO ACOSO ESCOLAR

         
 

PREVENCIÓN DO ACOSO ESCOLAR

PROGRAMA TEI: TITORÍA ENTRE IGUAIS

 
 

Traballar as emocións na aula é abrir as portas á aprendizaxe e á mellora da convivencia.

Este curso poñemos en marcha o PROGRAMA TEI: TITORÍA ENTRE IGUAIS encamiñado á prevención do acoso escolar. Este proxecto esixe a formación específica do profesorado e a implicación de toda a comunidade escolar, especialmente das familias.

Por iso pedimos a vosa colaboración.

Para saber en que consiste esta primeira colaboración das familias premer na imaxe.

 
 
 
 
 
 
 
   

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO 2016

          
   
  Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

OUTONO: TEMPO DE MAGOSTO

No CEIP ISAAC PERAL gústannos as tradicións.

Por iso tódolos anos cada familia aporta castañas que, unha vez asadas, degustamos todos xuntos no patio acompañadas dun bo vasiño de leite!!!

Premer nas imaxes para acceder á nova.

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

 
   

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN 2016

           
         
   Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Este ano celebramos o Samaín con terroríficas e creativas produccións artísticas, horripilantes e saborosos pratos e cun monstroso e coordinado baile.

Para acceder a toda a información premer nas imaxes

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

   
   

COMEZAMOS OUTRO NOVO CURSO CON RADIO CHALANA

     
  INAUGURAMOS O SEGUNDO CURSO DAS EMISIÓNS DE "RADIO CHALANA"  
 

  Comezamos un novo curso e con el o noso segundo ano das emisións da nosa radio escolar, Radio CHALANA.

A primeira emisión deste curso leva un título moi suxerente: 

Por que será?.... Preme na imaxe e escoita! 

 

CINENSINO 2016 - 2017

     
  O NOSO CENTRO PARTICIPA NO PROGRAMA CINENSINO 2016 - 2017  
 

Coma noutros cursos, participamos no programa CINENSINO, promovido polo Concello de Ferrol. O obxectivo principal deste programa é a Educación en Valores.

Este curso iníciase coa  película "LITTLE BOY" que foi proxectada no Cine Jofre é á que acudiu o alumnado de 6º de Primaria. 

Máis información premendo na imaxe.

 

APERTURA DE BIBLIOTECA PARA O CURSO 2016-17

         
   
 

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

 Premer na imaxe para acceder

  Aproveitamos o

 para festexar a apertura da nosa biblioteca, reencontrarnos coa nosa mascota

e para presentar o proxecto da biblioteca para este curso:

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Premer na imaxe para acceder

 
 
 
 
 
 
 
   

PLAN DE FORMACIÓN DO PROFESORADO

           
  PLAN DE FORMACIÓN DO PROFESORADO  
   

O noso centro participa no Plan de formación permanente do profesorado. A liña de actuación deste curso é a de Programación, desenvolvemento e avaliación de competencias clave segundo os novos currículos. Dentro esta liña, o profesorado formarase seguindo dous itinerarios:

"A APRENDIZAXE POR PROXECTOS"

"A AVALIACIÓN POR COMPETENCIAS"

Premer na imaxe para poder ler a nova do xornal "EL DIARIO DE FERROL"

   
   

LATÍN EN 5º DE E. PRIMARIA!!!

           
   
   

 O novo alumnado de 5º de E. Primaria participou na sección de latín do programa de

RNE 1: NO ES UN DÍA CUALQUIERA.

 

Premendo na foto accédese á nova e premendo na radio ao podcast do programa

  

   
   

Powered by Drupal - Design by artinet