O día das LETRAS GALEGAS é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria.
Comezou a celebrarse o 17 de maio de 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos,
de Rosalía de Castro.
NÓS TAMÉN NOS SUMAMOS Á CELEBRACIÓN CON....
colocadas nunha árbore moi florida que adornaba a entrada.
MOITAS FORON AS ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS PARA FOMENTAR O USO DA NOSA LINGUA
Premendo nas letras accédese ás novas
A celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS estaba prevista para o 13 de maio,
pero houbo que cambiala porque os nenos e nenas de 6º tiñan a avaliación de diagnóstico
Por fin chegou o tan ansiado día, o venres 27 de maio!
Desprazámos ao salón de actos do IES Saturnino Montojo para ver a representación teatral da compañía
Contos de Lobo
Un conto interactivo onde se mestura a maxia o circo ou a hipnose...
Dous personaxes dispares pero no fondo parecidos, acordan para contar historias onde aparezan lobos... pero ao final un fai maxia, outra hipnotiza, os dous fan acrobacias... ala!! E os contos? -Que nos axude o público...
"Mon e Pe", chegan para contar uns contos. Ao principio fan unha entrada tan espectacular que a “Pe” se lle vai a cabeza e comeza a facer espectáculos de maxia e acrobacias... “Mon”, contundente pero didáctica, centra a situación ofrecendo ao público presente colaboración nos contos.... e que colaboración!!!
"Mon", eficiente, sabichona, quere que todo saia ben... É unha gran coñecedora dos contos!! Menos mal que ten autocontrol se non.... “Pe”, Tolo, despistado e impaciente quere facer maxia, ou acrobacia, ou... ai...!! Que si, que viñamos contar contos... No espectáculo trátase a temática da boa alimentación así como a estimulación para o xogo e a participación teatral.
Tamén xogamos a buscar unhas pistas.
Trátase dun xogo en torno á poesía "O cuco" de Manuel María.
Dividiuse o poema en dez partes e escondéronse polo patio do colexio.
Os nenos e nenas de primaria tiñan que atopar esas dez partes e compoñer o poema.
Para iso se lles deu tamén dez pistas, ou suxerencias, de onde podían estar agochados os anacos da poesía.
Rematamos o día cantando "O cuco" e "Caracol".
Premendo nos debuxos accédese aos poemas
E non podía faltar o
Preme no letreiro anterior e accederás a todas as imaxes