AS FAMILIAS CO GALEGO

         
     

 Durante os meses de abril e maio, as nosas familias tiveron a xentileza de presentarnos diferentes poemas de Manuel María. Nestas xornadas lectoras, coñecimos  a paisaxe e fauna da Terra Chá, da que tanto nos falou, o escritor de Outeiro de Rei. A través das voces do nosos pais, escoitamos o cantar dun cuco e dun carro , vimos cintas de seda nun carreiro que engalanaba un caracol, un burriño que co seu trote, desafiaba ao vento que zoaba e construimos cas nosas mans un barco de xoguete no que queriamos embarcar. Entregáronnos tamén agasallos de recordo coma un marcapáxinas do carro que canta na Terra Chá, e caramelos  que nos mostran a dozura dos poemas de Manuel María.

Despois de recitar os poemas nas clases, algúns pais, nais ou avós ían gravar á nosa radio. Aquí tedes unha pequena mostra.

Escoitade a unha nai como recita o poema de Manuel María "GALIZA"

     
     

Velaí as fotos destas fermosas xornadas!

    

    

Se queredes ver máis fotos destas xornadas poéticas, premede na imaxe de abaixo

  

     
       

Tamén as familias participan na nosa radio "Radio Chalana" e....

ANÍMANNOS A FALAR GALEGO!!!.

Máis gravacións das familias na nosa Radio Chalana.

 
   
 
     

 E como colofón mirade este vídeo no que un avó do noso cole en compañia da súa neta preséntanos o conto "O bigote de Mimí" de Manuel María

MOITAS GRAZAS ÁS FAMILIAS POLA SÚA PARTICIPACIÓN!!!

AH!!!! E POLOS AGASALLOS!!!!

AQUÍ MOSTRÁMOLOS   

     
     

   

     

Powered by Drupal - Design by artinet