CORRELINGUA 2016

         
   

   
         
         
     Este é o lema deste ano, inspirado nun poema do poeta chairego ao que se lle dedica o Día das Letras galegas:    
    MANUEL MARÍA    
    O martes, 10 de maio, os rapaces e rapazas de 5º, de 4º B, de 2º e de 1º participamos nunha actividade tan divertida como necesaria: O CORRELINGUA    
    Trátase dunha carreira e dun acto para reivindicar o uso do noso idioma.      
   

Fala, non pares!

Fala, non cales!

A miña boca provoca.

A miña boca non se equivoca.

   
     Este ano celebrouse no Auditorio de Ferrol. Alí xuntámonos con nenos e nenas doutros colexios de Ferrol.    
    O grupo Talía Teatro foi o encargado de presentar a festa do Correlingua e fixeron a representación dunha nena que non quería perder a " súa Lingua ".     
         
    Un grupo de nenos e nenas do colexio A Solaina de Narón leron o manifesto gañador deste ano.    
    Os seus creadores foron un grupo de alumnos de 4º da ESO do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo.    
       
       
    No Auditorio tamén nos ofreceron un marabilloso concerto o grupo     
                   
    Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo            Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo    
   

E chegou á marcha polo paseo de Caranza. Daba gusto ver tanta rapazada coas gorras postas que nos deran antes de saír. 

   
    PREME PARA VER AS IMAXES DESE DÍA.    
       
   

Despois da marcha, tocaba a merenda. 

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo    Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo   Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo   

   
    UNHA MAÑÁ PERFECTA!!!     
         

Powered by Drupal - Design by artinet