OS MAIOS 2016

             
           
             
   

 

 

 

 

 

  

 O PASADO 6 DE MAIO CELEBRAMOS NO COLEXIO A CHEGADA DA PRIMAVERA,

COS TRADICIONAIS MAIOS

Ao principio estaba organizada esta celebración nun acto conxunto na praza de España de Ferrol, pero, polo mal tempo, non foi posible.

Así o anunciaban na nosa RADIO CHALANA os nosos alumnos e alumnas:

 Non poido ser... pero... CELEBRÁMOLO NO COLE!

Durante o día os nenos e nenas de Educación Infantil elaboraron dous fermosísimos maios.Ás 12 do mediodía, a obra de arte xa estaba feita e lista para cantar e danzar ao redor dela! Pasámolo moi ben, escoitando cancións interpretadas polas alumnas de 6º. Unha das pezas escenificadas estaba entonada cunha melodía tradicional, e a letra fora composta por alumnos e alumnas do cole, na clase de Música. Por outro lado, aproveitando que o día das Letras Galegas está a piques de chegar, as alumnas amenizáronnos cun poema musicado de Manuel María, "O caracol" .

Velaí as fotos do acto

 

  

 

 

 

   
     

  

  

     
     

 SE QUEREDES VER MÁIS FOTOS DO ACTO, PREMEDE NA IMAXE DE ABAIXO

     
     

E COMO COLOFÓN VEXAMOS OS VÍDEOS DO ACTO 

     
           
             

Powered by Drupal - Design by artinet