invernadoiro

AVANZAMOS NO INVERNADOIRO E NO HORTO DO COLEXIO

Como case tódolos mércores, Manuel (o encargado dos hortos escolares de Carballo), veu ao noso colexio para traballar cos nenos e nenas no horto e no invernadoiro. E nesta ocasión tocoulles aos nenos e nenas da clase de 6º de Educación Infantil "dar o callo"!!

Estivemos facendo os inicios do que serán as paredes do invernadoiro.

1º hai que quitarlle as etiquetas e os tapóns ás botellas.

2º hai que cortarlles o cú (ou boca) ás botellas de auga baleiras (isto fano os adultos) .

3º encaixalas para formar torres duns 2 metros de alto.

4º sacalas ao invernadoiro e enganchalas á estrutura e unhas ás outras con arame.

Mirade algunhas fotos do proceso!

 

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design