Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

Reforza-T

PROA

Refórza-t Semana 13

Saúdos desde a miña casa!

Esta é a última semana do curso, así que simplemente quero deixarvos un novo xogo para que repasedes o aprendido dunha forma divertida.

https://view.genial.ly/5ee200b17da86f0d8c911881/game-breakout-aventura-f...

Para mín, foi un pracer acompañarvos neste aventura; quen nos ía dícir en xaneiro que pasaríamos unha corentena na casa por unha pandemia mundial!

Non podo despedirme de vós físicamente polas circunstancias, pero espero que podamos coincidir algún día. 

Espero que disfrutarades do tempo compartido e que levedes un bo recordo de mín. Disfrutade do verán e comezade o próximo curso con forzas e enerxías para que sexa inesquecible.

 

Unha aperta virtual enorme!

 

Refórza-t Semana 12

Saúdos desde a miña casa!

Entramos xa na recta final do curso e do programa Refórza-T, polo que imos pechar esta aventura do xeito que máis nos gusta: creando historias e aprendendo xogando. 

Déixovos para esta semana un caderno de creación de historias sobre unha máquina do tempo e un repaso cun pequeno xogo ambientado no mundo de Harry Potter, creado en colaboración cunha boa compañeira.

https://view.genial.ly/5ed60ae3fa75bb0d9d177115/game-las-aventuras-de-ho...

Unha aperta virtual enorme! Xa non queda nada!

Refórza-t Semana 11

Saúdos desde a miña casa!

Esta semana achégovos os últimos cadernos de repaso de Ciencias Sociais e Ciencias Naturais. As últimas semanas faremos repasos interactivos con cuestionarios e xogos.

Na aula virtual, atoparedes estes últimos cadernos, así como todos os anteriores. 

Ademais, déixovos un novo caderno de creación de historias, baseado na historia de Escarlatina e Román. Lembrádesvos deles?

Unha aperta virtual!

Refórza-t Semana 10

Saúdos desde a miña casa!

Esta semana, subirei na aula virtual o repaso do tema 4 de Ciencias da Natureza para 5ºEP.

 

Recordade que para Ciencias Sociais de 5º e para Ciencias Sociais e Ciencias da Natureza de 6º aínda tedes os repasos da semana pasada (eran para 2 semanas). 

 

Ademais, déixovos un pequeno Tirivial para recordar algunhas das cousas traballadas do Refórza-T este curso, dunha forma un pouco máis divertida. 

https://view.genial.ly/5ec7bc60f3aac90d34a35b8a/game-genially-sin-titulo

 

Espero que vos guste,

Unha aperta virtual enorme!!

LEMBRANZA

Saúdos desde a miña casa!

Recórdovos que, para calquera dúbida, tedes o meu correo fatimamaria.rua@edu.xunta.gal.

Ademais, dentro da aula virtual, tedes o foro de dúbidas e podedes iniciar nel calquera outro tema. Así mesmo, temos un chat semanal para comunicarnos, resolver dúbidas, lembrar tarefas etc.

Para iso, recordade entrar co voso usuarios e contrasinal (debedes cambialo a primeira vez que entredes). Se ademais cambiades o voso correo electrónico no perfil (quitade o que ven por defecto e poñede o voso ou o dalgunha persoa da vosa familia) recibiredes nese correo as mensaxes do foro, os avisos e as tarefas.

Unha aperta virtual!

Refórza-t Semana 9

Saúdos desde a miña casa!

Esta semana seguimos cos repasos de Ciencias Sociais e Ciencias da Natureza en ambos cursos.

Ademais, deixo un enlace dun reto ortogáfico para repasar lingua castelá.

https://view.genial.ly/5c5ad38b8805472c34584a30/interactive-content-como...

Recordade que podedes contactar comigo no correo: fatimamaria.rua@edu.xunta.gal e a través da aula virtual.

Se entrades na aula virtual e modifcades o voso perfil, engadindo o voso correo ou o dos vosos pais, recibiredes nese correo todos os avisos que se colquen nos foros da aula virtual ou as mensaxes. 

Unha aperta virtual!

 

Refórza-t Semana 8

Saúdos desde a miña casa!

Seguimos cos repasos de ciencias. Para os se sexto, esta semana continuaredes cos cadernos de repaso que vos subín a semana pasada á aula virtual.

Os de quinto seguiredes co caderno de repaso de sociais e, esta semana, subirei un novo de ciencias da natureza (na aula virtual, pois ocupa moito).

Tamén vos deixo un novo caderno de creación de historias e un par de retos de lóxica. 

Recordade que podedes enviarme calquera dúbida a fatimamaria.rua@edu.xunta.gal

Refórza-t Semana 7

Saúdos desde a miña casa!

Como sabedes, esta semana comezamos cos respasos de Ciencias Sociais e Ciencias da Natureza do que levamos de curso.

Para iso, preparei un pequeno caderno con resumos e actividades do primeiro tema de cada materia, que podedes ver na aula virtual (ocupan moito espazo para a web). Se tedes calquera dúbida ou non sabedes como entrar, podedes escribirme a fatimamaria.rua@edu.xunta.gal

O caderno de repaso I de Naturais de 5º EP está pensado para esta semana, mentres que o de Sociais de 5º EP e os de Naturais e Sociais de 6ºEP están pensados para dúas semanas, pois son máis longos. 

Déixovos aquí un par de retos de lóxica e un novo caderno de crear historias.

Unha aperta virtual!

Refórza-t Semana 6

Saúdos desde a miña casa!

Esta semana quero compartir con vós un novo caderno de contar historias, un xogo do parchís un tanto diferente ao habitual e retos de lóxica.

Ademais, quero informarvos de que estou preparando para vós unhas actividades especiais de repaso do que levades dado en Ciencias da Natureza e Ciencias Sociais para que non esquezades todo o aprendido.

Unha aperta virtual enorme!

Estádelo facendo xenial

Refórza-t Semana 5

Saúdos desde a misa casa!

Hoxe comezamos a Semana do Libro así que vos propoño un pequeno reto lector que inclúe retos de lengua e lingua, mates, plástica...

Ademais, inclúo varios libros electrónicos por se non vos chegan os que hai na vosa casa

Espero que vos guste e que consigades o reto!

Unha aperta virtual

Distribuir contido


by Dr. Radut