Ola a tod@s: Desexo que tiverades moi bo día de Letras Galegas.
Comezamos esta semana con novas actividades tanto online (en snappet) como de facer a lapis ou boli.
Recordade tamén que a vindeira semana porei actividades de Plástica e Valores.
Déixovolas aquí abaixo.
As de snappet son entrando coma sempre en cada materia, en lugar de premer no apartado rosa de "leccións", tedes que dárlle ao seguinte de cor laranxa que pon "listas de trabajo". Tamén podedes facer actividades do "sigo aprendiendo", que é o segundo apartado en azul clariño. Pero principalmente centrádevos no laranxa. Aínda que hai que destacar que aqueles que leven pouco traballado en snappet non terán moitos exercicios, polo que primeiro rematade as actividades que están no apartado rosa de "leccións" e despois pasade ao laranxa.
Moi boa semana a tod@s!!!