Xa están as solicitudes para a inscripción ás clases de karate que comezan o vindeiro día 12 de septiembre, no horario habitual. No enlace só hai que clicar, encher e enviar .Aí tedes , tamén, máis información.
No colexio tedes á vosa disposición como será o periodo de adaptación en 3 anos (4º Ed. Infantil).
Podedes consultalo nas aulas, onde saberedes en cal delas vai ir o voso fillo/a e en que horario.
O día 8 de setembro entrarán en 3 grupos, a diferentes horas con pouco alumnado en cada aula. Os pais/nais estades convidados para estar acompañalos durante ese tempo.
Lembrade traer o material escolar ese día, para entregarllo ás titoras.
Informamos ás socias e socios da ANPA e á comunidade escolar que estamos a negociar o prezo dos almorzos para este curso, xunto coas ANPAS do Feal, A Solaina e o Virxe do Mar, e a empresa Eurest quere impor unha incremento do prezo de entre o 25 e o 50 %. Isto non é todo, porque as condicións que nos esixen non as cumprimos a maioría dos coles.
Estamos solicitando presupostos a outras empresas.
O servizo de almorzos comezará o luns 12 de setembro. Pregamos ós que realizaron a solicitude sin indicar a data na que comenzarán a usar o servizo, que nos infomen canto antes. Non se poderá utilizar o servizo sen entregar previamente a solicitude.
Lembramos que o horario de almorzos é de 7:30 a 8:30 horas.
O comedor dará comezo, xunto co colexio, o vindeiro 8 de setembro. Dende aquí pregamos que nestes días confirmedescanto antesse os vosos fillos/as van quedar a xantar e que días, para poder organizarnos do mellor xeito posible. Lembrade que temos que facer aprevisión demenús o día anterior. AVISADE NAS TITORÍAS E TAMÉN AO COLEXIO POR TELÉFONO OU POR MAIL.
Tamén pedimos que entreguedes ao colexio ( en persoa o por email) o INFORME DE ALERXIAS do neno/a, TANTO SE SON USUARIOS DE COMEDOR COMO SE NON O SON (podedes aproveitar a ocasión cando traiades o material ás titoras). O precisamos tanto para incluilos no programa Alerta Escolar como para enviar á empresa de cáterin.
O alumnado o entregará ás titoras o primeiro día que inicien o curso.
1º de primaria
Día 6-09-22 (martes) 10:00 a 11:00 nas aulas (libros e materiais)
2º de primaria
Día 6-09-22 (martes) 10:00 a 11:00 nas aulas (libros e materiais).
Reunión coas familias no ximnasio ás 11:15.
3º de primaria
Día 5-09-22 (lunes) 9:00 a 11:00 (materiais e libros do primeiro trimestre)
4º de primaria
Día 5-09-22 (lunes) 9:00 a 11:00 materiais nas aulas.
Día 6-09-22 (martes) 9:00 a 11:00 recollida de libros na aula de música.
5º y 6º de primaria
Traerán o material o primeiro día de clase.
*En 3º de primaria avisarase da data de entrega dos libros de préstamo cando os teñamos dispoñibles por parte da editorial (aínda non chegaron ao centro).
Xa podedes solicitar o servizo de almorzos para o curso 2022-23. Tedes que encher o formulario e envialo ó correo da ANPA (anpabuxaina@hotmail.com). O PRAZO VAI DENDE HOXE, 18 DE XULLO, ATA O 18 DE AGOSTO. (podédesvos apuntar logo desta fecha, dende logo, isto é para poder nos calcular a cantidade de usuarios para o convenio e negociar o prezo final). O horario será de 7:30 a 8:30, para os que almorcen, e ata as 8:45 para os que non o fagan. O prezo é o mesmo para todos.
Dende hoxe están publicadas no taboleiro do anuncios no interior do colexio as listas provisionais do fondo de libros e de axudas para material escolar. Podedes consultalas xa o luns dende as 9:30 horas ata as 13:30h.
Recordade que para o alumnado de 4º de EP tan so tedes que mercar o activity book de inglés xa que hai libros de préstamo no colexio independentemente do fondo libros.