Hoxe queremos lembrarvos e pedirvos algunhas cousas.
. Avisade ao CENTRO ESCOLAR e máis ás TITORAS se os nenos quedan ou non no comedor, ANTES DAS 9:30 h.
. Lembrar aos usuarios que aínda non trouxeron a AUTORIZACIÓN PARA O COBRO e as normas firmadas, que o traian URXENTEMENTE. Témolo que enviar canto antes á empresa de cáterin.
. No punto 3 de ditas normas, no que dicía que ían cobrar no mes en curso, dende a empresa aseguráronnos que van cobrar A MES VENCIDO, tal e como sempre fixeron.
. O alumnado de 3 e 4 anos pode traer unha muda na mochila por se teñen algún "escape" durante o servizo. Así, as monitoras poderían cambialo.
. Evitade, na medida do posible, a entrada no recinto escolar, tal e como facemos polas mañás.
Moitas grazas