A partir do vindeiro luns 27 de setembro, ofrecemos aos nenos/as de comedor poder marchar ás casas ás 15:30h. As familias que desexen ese horario deben avisar no correo do colexio (ceip.gandara.naron@edu.xunta.es) para que poidamos organizalo. Tede en conta que, se os recolledes a esa hora, será para tódolos días que queden no comedor, que os irmáns marcharán xuntos, e que case non lles dará tempo a xogar antes de saír con vós. Os que non avisedes, esperarán a saír despois dese grupo e antes das 16:00 h como hora límite.
Un saúdo