Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

Alumnado con TDAH

Antes de describir algunhas pautas familiares para a actuación co noso fill@ con Trastorno por Déficit de Atención con/sen Hiperactividade (TDAH) imos a definilo seguindo o exposto no DSM-V:

 

Patrón persistente de inatención e/ou hiperactividade – impulsividade que interfire negativamente no funcionamento ou desenvolvemento.

 

Podemos diferenciar 3 tipos de alumnos con TDAH:

 

  • Predominantemente inatentos.

 

  • Predominantemente hiperactivos/impulsivos.

 

  • Presentación combinada.

 

Algúns dos síntomas de inatención ou hiperactivo-impulsivos están presentes antes dos 12 anos, están presentes en 2 o máis contextos e existen probas claras de que interfiren co funcionamento social, académico ou laboral, ou reducen a calidade dos mesmos. Os síntomas non se producen durante o curso da esquizofrenia ou outros trastornos psicóticos nin se explican por outro trastorno mental.

 

Para a correcta actuación familiar cos nen@s con TDHA deberemos seguir diferentes pautas:

 

PAUTAS FAMILIARES PARA O ALUMNADO CON TDAH

-         

Ter normas claras e ben definidas.

-         

Cumprir sempre os castigos e recompensas que lle indicamos (moi importante esta pauta).

-         

Darlle instruccións cortas e de unha en unha e nunca berrarlle.

-         

Proporcionarlle un ambiente ordenado, organizado e sereno.

-         

Recoñecer sempre os seus esforzos.

-         

Evitar ser “sobreprotectores” con el/ela e non ceder ante os seus caprichos.

-         

Darlle pequenas responsabilidades.

-         

Aceptal@ tal e como é.

-         

Fomentar os seus puntos fortes.

-         

Ofrecerlle numerosas mostras de afecto e aceptación.

 

 

Por último pero non menos importante, quero recordar certos aspectos moi a ter en conta sobre o TDAH.

 

É de vital importancia que teñamos presente que estes nen@s, debido ás características do TDAH, teñen dificultades para respectar as normas, comportarse, expresar adecuadamente as súas emocións... dando a falsa sensación de que son irrespetuosos ou inmaduros. Non podemos pensar que ese comportamento é algo que fan “a propósito” ou “por molestar”, debemos entender que é unha consecuencia do TDAH e que nós, como adultos, debemos comprendelo e prestarlle sempre a axuda necesaria para que poida superar as dificultades que lle ocasiona.

 

Un erro moi grave que se pode cometer con estes nen@s é xuzgalos inxustamente, posto que moitas veces se lles di: “es malo”, “iso non se fai así”,  xulgándoos e valorándoos como persoas. A actitude correcta é axudarlles construtivamente e ofrecerlles os apoios para poder resolver as situacións o máis satisfactoriamente posible.

 

Estes rapaces e rapazas vense moitas veces superados por esixencias sociais difíciles de cumprir polas características do seu TDAH, polo que poden ter problemas emocionais asociados como ansiedade e estrés que non son causados directamente polo trastorno, se non polas demandas que lles esixe a escola ou as súas familias.

 

Polo tanto, máis que esixirlles un rendemento escolar elevado ou unha conduta impecable, debemos ofrecerlles as axudas adecuadas. Para apoiar adecuadamente ao noso fillo con TDAH non podemos perder de vista tres aspectos:

 

1. Coidar a súa autoestima: con reforzos positivos e constantes, evitando o exceso de críticas e comparalo cos demais, non berrarlle e falarlle con suavidade.

 

2. Organizarlle as súas tarefas e actividades: axudándolle a planificar, organizar e estruturar o seu traballo sen esquecer que deberá adquirir hábitos e rutinas que lle permitan ser máis autónomo.

 

3. Axudarlle a autocontrolarse: ensinándolle técnicas de relaxación, a darse autoinstruccións (intrucións que se dá un a si mesmo para regular a súa conduta), premiando os seus esforzos e avances, etc.

 

Recordemos que as súas dificultades e comportamentos non son así porque “non queren” controlarse, se non porque “non poden”. En consecuencia, como docentes e como pais, sexamos conscientes e comprensivos da súa situación e ofrezámoslles as axudas que lles permitan mellorar a súa calidade de vida e adaptarse ao medio social o mellor posible. 

 

Cunha detección temperá e unha intervención eficaz haberá unha boa evolución e prognóstico nos nenos con TDAH, posto que algúns aprendendo estratexias para manexarse na vida social, académica, familiar e persoal xa non precisan tratamento de ningún tipo, pois están perfectamente adaptados ao seu entorno.

 

 

 



paxina_eq | by Dr. Radut