Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

Recomendacións para evitar a fatiga visual durante a corentena

     Tanto tempo en corentena seguramente faga que moitos de nosoutros esteamos sufrindo o que se denomina “fatiga visual”, un conxunto de molestias que afectan ao noso ollo e que se producen por utilizar moito a visión próxima (mirando o ordenador, lendo, escribindo...).

Algunhas destas molestias poden ser sequidade, lagrimexo e envermellamento dos ollos, visión borrosa, dificultade para enfocar, dor de cabeza...

Primeiro indicar que a vista non se “gasta”, pero iso non evita que teñamos que seguir unhas pautas de hixiene visual que nos axuden a coidar e relaxar os nosos ollos.

Tamén recordade que tras a corentena é posible que teñamos o que se denomina “exceso de acomodación”, que tamén se chama “falsa miopía”. Pero podemos estar tranquilos, posto que é unha visión borrosa que mellora limitando o esforzo visual de cerca (cousa que non sucederá coa miopía, que non se pode corrixir sen o uso de gafas ou lentes de contacto). Tédeo en conta se revisades a vosa visión xusto despois de saír do período de corentena.

Agora déixovos aquí unhas pautas para evitar o que viña comentando antes, a fatiga visual, e que espero que sigades e que vos sexan de utilidade.

 

 Foto de Jackson Hunter en Pexels

 

PAUTAS PARA EVITAR A FATIGA VISUAL

1. Pauta de 20:20, descansar 20 segundos a vista por cada 20 minutos de traballo de cerca.

 

2. Alternar a vista entre un obxecto distante e outro próximo varias veces durante 10 segundos. Este exercicio relaxa os músculos oculares.

 

3. Tapar os ollos coas palmas das mans, sen efectuar presión. Ao haber escuridade e facer que ollo non reciba estímulos fai que este descanse.

 

4. Cerrar os ollos e mover varias veces os globos oculares en tódolos sentidos.

 

5. Cada certo tempo, pestanexar conscientemente, de maneira pausada.

 

6. Realizar unha breve masaxe, apertando lixeiramente cos dedos e cun movemento circular os laterais do nacemento do nariz, encima das cellas, na parte das cellas, por debaixo dos extremos exteriores das cellas, as sens e a parte superior dos pómulos.

 

7. Distancia visual: para evitar a fatiga visual debemos manter unha distancia entre 45 e 75 cm cando traballemos diante dun libro, pantalla, teclado, etc.

 

 

Referencias: Real Decreto 488/1997, de 14 de abril, sobre disposiciones mínimas de seguridad y salud relativas al trabajo con equipos que incluyen pantallas de visualización.

 

 

 

 



paxina_eq | by Dr. Radut