Plan Proxecta +

Estes son algúns exemplos de actividades do programa "O Aqueliño coida cada animaliño" enmarcada dentro do Plan Proxecta +, no que imos participar este ano.

Este consiste nunha serie de actividades encamiñadas a concienciar e sensibilizar sobre o abandono e coidado dos animais domésticos e de compañía.

Ademais, este ano seguimos coas actividades deportivas enmarcadas dentro de "Xogade", polo que participaremos en xornadas multideporte con outros centros e competicións deportivas escolares, como campo a través.

Seguídenos a través da web do cole e tamén do noso facebook ("CEIP Plurilingüe de Frións"). E se vos animades... aprendede as coreografías e bailádeas cos vosos fillos e fillas na casa!!

 

PLAN PROXECTA + "O AQUELIÑO COIDA CADA ANIMALIÑO"

 

 Xa podedes ver na nosa galería, algunhas das actividades que estamos a realizar co alumnado de 1º dentro do proxecto "O Aqueliño coida cada animaliño". Para iso só tedes que premer na imaxe do noso Aqueliño.

 

Páxina de Ed. Infantil do CEIP Frions | CEIP plurilingüe de Frións

 

 

 

XOGADE-  CARREIRA CAMPO A TRAVÉS 2023 

 

 

 

 

MÓVETE + 2022/ 23

As alumnas de 4º curso de Primaria (Alba, Carlota, María, Ainara e Lucía) crearon unha nova coreografía para a canción "Despechá" de Rosalía. Este traballo formará parte do proxecto "Móvete +", polo que compartimos o vídeo para que poidades aprendervos o baile.

 

 

ANIMÁDEVOS A PRACTICALO, PORQUE EN BREVE SONARÁ NOS "VENRES MUSICAIS"!

 


MÓVETE + E XOGADE 2021/ 22

Estas foron as coreografías realizadas durante o curso 2021/ 2022.