You are here3º B

3º B


Terceiro B.

Aula de 3º B - Eventos curso 2017 / 2018

 

INFORMACIÓN ACERCA DAS TAREFAS NO COLEXIO E NA CASA

Estimados pais/nais/titores legais:

Á vista de que, a pesares de que as tarefas que lles propoño son moi poucas en cada sesión, e aínda así vendo o pouco que traballan en clase a maioría do alumnado deste grupo, insteinos a que levasen para a casa os exercicios que lles quedaran sen rematar aquí en clase. Por suposto que non é obrigatorio, pero si sería conveniente.

Un saúdo.

 

CONTROL DE CIENCIAS SOCIAIS - Xoves 9 de novembro de 2017

- As localidades: características de aldeas, vilas e cidades.

- Os barrios dunha localidade: tipos.

- As rúas dunha localidade: elementos visibles e ocultos.

- O goberno da localidade: o concello, os servizos municipais e as eleccións municipais.

- A poboación: o padrón, o censo e os cambios na poboación nun lugar.

- O plano: elementos.

- O mapa: elementos e tipos.

- Formas de orientarnos no espazo: pola posición do sol, pola vexetación, pola estrela polar e mediante un compás.


 

CONTROL DE LINGUA GALEGA - Luns 6 de novembro de 2015

- Vocabulario: na escola e o outono.

- O alfabeto e a orde alfabética.

- Letras, palabras e oracións.

- O punto e a maiúscula.

- Os textos literarios: contos, poesías e obras de teatro.

- Palabras sinónimas.

- Sílabas tónicas e átonas.

- O guión e a coma.

- A descrición de lugares.


 

CONTROL DE CIENCIAS DA NATUREZA - Venres 3 de novembro de 2017

- Os seres vivos: clasificación e funcións vitais.

- Os animais: características e hábitats.

- Clasificación dos animais segundo a súa alimentacion, a súa reprodución e o seu aparello locomotor.

- Os animais vertebrados: peixes, anfibios, réptiles, aves e mamíferos. Características.

- Os animais invertebrados: cnidarios, vermes, equinodermos, moluscos e artrópodos. Características.

- Aproveitamento dos animais: productos que obtemos deles e formas de aproveitamento.


 

CONTROL DE LENGUA ESPAÑOLA - Lunes 30 de octubre de 2017

- El punto y la mayúscula.

- Letras, sílabas y palabras.

- El orden alfabético.

- La sílaba tónica.

- El guión.

- La oración.

- Palabras sinónimas.

- La anécdota, el chiste y la fábula.


 

CONTROL DE MATEMÁTICAS - Venres 27 de outubro de 2017

- Valor posicional das cifras dun número.

- Lectura e escritura de números de ata 5 cifras.

- Comparación e ordenación de números naturais de ata 5 cifras.

- Aproximación de números ás decenas e ás centenas.

- A suma e a resta con levadas.

- A multiplicación e os seus termos.

- As táboas de multiplicar.

- O dobre e o triple.

- Problemas da vida cotiá con algunha das tres operacións traballadas.

 


 

 

CRITERIOS PARA AVALIAR Ó ALUMNADO

Como información que puidera ser de interese para nais/pais/titores legais de alumnado desta titoría, adxúntanse criterios aprobados pola Comisión de Coordinación Pedagóxica deste centro relativos á avaliación continua que se concretará no Nadal, Semana Santa e Fin de Curso:

Para 3º e 4º cursos:

- Exames, controis e outras probas de avaliación continua: 30%

- Tarefas feitas na casa e na escola: 50%

- Actitude, esforzo, comportamento... : 20%

Con este comunicado preténdese que nais/pais/titores legais de alumnado desta titoría poidan comprender un pouco mellor o traballo inherente ás cualificacións de cada unha das avaliacións que vai ser desenvolvido polo titor deste grupo de alumnos.

Con isto anímase a que as familias xeren un clima favorable á realización de actividades propostas polo titor e distintos especialistas (inglés, educación física, música, etc.) que atenden ós rapaces para favorecer a consecución de avaliacións positivas ó longo do presente curso.

Un saúdo.

 

INICIO DE CURSO

Benvid@s ó recuncho virtual de 3º B para este curso académico 2017/2018.

Nesta páxina irase publicando periodicamente información que puidera ser de interese para tódolos membros da Comunidade Educativa deste centro vinculados a esta titoría. Para calquera suxerencia, por favor diríxanse ó titor deste grupo de alumnos, José M. Boo. Un saúdo.

 

MATERIAL NECESARIO A MAIORES DOS LIBROS DE TEXTO

- Unhas tesoiras de punta roma.

- Dous lapis.

- Dúas gomas.

- Un sacapuntas.

- Un tubo de pegamento de barra.

- Dous bolígrafos: un azul e outro vermello.

- Unha caixa de ceras duras.

- Catro libretas das grandes. Unha delas debe ser cuadriculada para matemáticas. Non importa se xa están usadas, dende esta titoría promoverase a regra das 3 R (reducir, reutilizar e reciclar).

- Unha regra milimetrada de 30 cm.

- Unha escadra ou cartabón de tamaño mediano.

- Un transportador de ángulos de tamaño pequeno.

- Un compás metálico.

- Uns pequenos dicionarios, de galego e de español.

 

Para o alumnado de relixión católica: unha libreta grande raiada.

 

Para as clases de educación física: a maiores da indumentaria apropiada, unha bolsa de aseo con xabón, toalla, etc.

 

Para as clases de plástica:

- Unha caixa de acuarelas.

- Un paquete de toalliñas húmidas.

- Purpurina.

- Un bloc de cartolinas de cores A4.

- Pasta branca para modelar.

- Un paquete de folios de cores A4.

 

Seguramente vaian aparecendo máis necesidades de material ó longo do curso. Neses casos serán vostedes informados puntualmente mediante circular e, a maiores, desde esta mesma páxina.

Moitas grazas pola súa colaboración.