Secretaría

Secretaría

             EQUIPO DIRECTIVO

     Director: Luís Teira Parada.

     Xefa de estudos: Josefa Otero Callón.

     Secretaria: Olga Mato Creo.

 

       Contacto

     881 867 027
     ceip.frions@edu.xunta.gal
 
Os días non lectivos para o curso 22/23:
- 12 de setembro (festivo local).
- 9 de decembro.
 

CALENDARIO PARA RESERVA DE PRAZO, ADMISIÓN E MATRÍCULA PARA O CURSO 23/24

Este é o calendario remitido pola Inspección Educativa sobre a RESERVA DE PRAZA, ADMISIÓN E MATRÍCULA para o curso 2023/ 2024.

Se queres descargalo, pincha aquí:

 

 

CALENDARIO PARA RESERVA DE PRAZA, ADMISIÓN E MATRÍCULA CURSO 23/ 24

MATRÍCULA CURSO 22/23

 

                                           MATRÍCULA CURSO 22/23

                 Estimadas familias dende 1 ao 20 de marzo está aberto o prazo para a 

       matrícula do curso escolar 2022/23.

 

                O noso centro ten horario de 9:45 a 14:45 e conta cos servizos de comedor,

       dúas liñas de transporte (liña azul e liña verde) e plan madrugadores.

 

        O vindeiro martes 22 de febreiro de 16: 00 a 18:00, as familias que o desexen

poderán visitar o noso centro. Debido á situación COVID 19, este ano non podemos

facer unha xornada de portas abertas, pero mediante cita previa poderán visitar o

centro en   pequenos grupos.

Para solicitar a cita deben chamar ao 881867027 ou mandar un correo a ceip.frions@edu.xunta.gal

 

                               Atentamente

 

                                    A Dirección

 

 

RESERVA DE PRAZA DE CENTROS ADSCRITOS

Estimadas familias de 6º de primaria:

 Informamos que o dende o 11 de xaneiro ao 8 de febreiro establécese o prazo de preinscripción para que o alumnado de 6º de Primaria poida solicitar praza no noso centro adscrito (IES Leliadoura). No caso de que quixeran solicitar praza noutro centro que non sexa o IES Leliadoura, deberán presentar a solicitude no centro escollido. 

Hoxe foi repartido ao alumnado de 6º o ANEXO I que debén entregar cuberto á dirección do centro nos vindeiros días

 Achegamos enlace da ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzode 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B).

DESCARGA AQUÍ O IMPRESO

DOCUMENTOS COVID-19

     ESTIMADAS FAMILIAS:

AQUÍ PODEDES ACCEDER A TODA A DOCUMENTACIÓN E PLANS

RELACIONADOS CO PROTOCOLO COVID-19 DO NOSO CENTRO.

     PLAN DE ACOLLIDA COVID-19

     PLAN DE CONTINXENCIA COVID-19

     PLAN DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO COVID-19

COMEDOR CURSO 21/22

                                   COMEDOR PARA O CURSO 21/22

   Estimadas familias,

   Como vostedes solicitaron praza no comedor para o curso que vén e non temos praza para todos os solicitantes, temos que baremar, segundo o establecido pola Consellería de Educación, de cara a asignar as prazas.

     Para iso teñen que ler esta circular aportar a documentación pertinente, se é que non a portaron xa,  en función da súa situación familiar que corresponda.

     Ademáis, deben entregar cuberto e asinado o modelo de Autodeclaración cos datos da declaración do IRPF do 2020 (anexo II) que poden descargar de aquí.

     Deben entregar toda a documentación escaneada a través do correo electrónico ceip.frions@edu.xunta.gal

ou na secretaría do centro sempre antes do martes 6 de xullo de 2021 ás 12:30 horas

 

Reciban un cordial saúdo

 

                           ORDE DE ASIGNACIÓN DE PRAZAS E DOCUMENTACIÓN A ACREDITAR

 A baremación para asignar as prazas de comedor farase tendo en conta a documentación

presentada e os criterios establecidos na na instrución 3/2021 da Secretaría Xeral Técnica, a orde de entrada no comedor será a seguinte:

 

1º) Alumnado usuario do servizo do comedor no curso anterior, salvo que non variase

substancialmente o criterio polo que foi admitido. Neste caso non se precisará traer xustificación documental.

2º) Usuarios lexítimos de transporte escolar nos termos establecidos na instrución 1/2019. Neste caso non se precisará traer xustificación documental.

3º) Alumnado de familias en situación socioeconómica de exclusión social  ou con discapacidade superior ao 33%. Deberá adxuntarse certificado de servizos sociais e/ou de minusvalía.

4º) Alumnado de familias numerosas. Fotocopia do libro de familia numerosa.

5º) Alumnado fillo de pais e nais, titores legais ou acolledores familiares, traballadores ambos os dous con incompatibilidade dos seus horarios laborais co horario de saída do seu fillo/a ao mediodía, acreditada documentalmente de xeito alternativo, mediante a seguinte

documentación: informe de vida laboral, expedido polo organismo laboral competente, ou certificado da Unidade de persoal á que pertenza o empregado público; certificación da empresa, xustificativa da duración de xornada e o horario de traballo;certificación xustificativa de alta no IAE, e unha declaración responsable, sobre a vixencia da actividade económica, e o horario que require a actividade, para o caso de traballadores por conta propia. Débese presentar algunhda documentación da referida neste punto.

6º) Outro alumnado do centro que este escolarizado fóra da área de influencia que lle corresponda.

                                     DESCARGUE AQUÍ O ANEXO II

 

 

Recollida de alumnos do comedor

 

Estimadas familias de comedor: De cara a cumplir o protocolo de covid, á saída do comedor, as familias de educación infantil poderán acceder ao patio de infantil para recoller o seu fillo/a.

Só poderá acceder un familiar e con mascarilla. No caso de irmáns en distintas etapas, só se poderá levar ao alumno de educación infantil, e o alumno de educación primaria sairá canda o resto (polo tanto débese esperar fóra do recinto para coller ao alumnado de primaria).


Os alumnos de educación primaria sairán pola porta principal e serán entregados aos familiares no portalón do centro. O horario de recollida, tanto para educación infantil como para primaria, é de 15:50 a 16:00 horas. Por favor, lembren que se teñen que aproximar á liña blanca para recoller aos seus fillos de cara a evitar posibles accidentes.

Moitas grazas pola súa colaboración.

 

 

 

INFORMACIÓN MATRÍCULA CURSO 2021/22

NOVA MATRÍCULA PARA CURSO 21_22

O PRAZO PARA NOVAS MATRÍCULAS ESTÁ ABERTO DENDE O DÍA

1 DE MARZO AO 22 DE MARZO DE 2021

(Só se pode presentar unha única solicitude no centro no que se solicita praza en primeiro lugar. )

ORDE DO 12 DE MARZO DE 2013 polo que se regula o procedemento para a admisióndo alumnado no segundo ciclo de educación infantil e primaria, así como a ORDE do 25 de xaneiro de 2017

Segundo o artigo 13 da nomeada Orde, terase en conta o seguinte:

1º. Que cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

2º. Que o alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

3º. Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de ad­misión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

A vía recomenda pola Consellería de Educación para facer a solicitude de reserva de praza é a través de internet no enderezo www.edu.xunta.es/admisionalumnado ou na Guía  de procedementos e servizos da administración da Comunidade Autónoma de Galicia na dirección www.xunta.es /portada co procedemento ED550B.

 

  De todos os xeitos poderán entregar a súa solicitude en papel na secretaría do centro no mesmo prazo establecido do 1 ao 22 de marzo. Os impresos están na conserxería do centro.  Pode descargar  os impresos dende aquí.

 

OFÉRTANSE OS SEGUINTES POSTOS ESCOLARES

CURSO

VACANTES

4º EDUCACIÓN INFANTIL

25

5º EDUCACIÓN INFANTIL

8

6º EDUCACIÓN INFANTIL

6

1º EDUCACIÓN PRIMARIA

6

2º EDUCACIÓN PRIMARIA

-2

3º EDUCACIÓN PRIMARIA

6

4º EDUCACIÓN PRIMARIA

0

5º EDUCACIÓN PRIMARIA

2

6º EDUCACIÓN PRIMARIA

1

 

 Se é necesario presentar documentación xustificativa dos criterios alegados darase o prazo estipulado na normativa.

 

O CEIP plurilingüe de Frións ten adscrito o IES Leliadoura.

A área de influencia vén determinada no mapa que aprobou a Xefatura Territorial e que se pode consultar na dirección deste centro.

 

O CENTRO PLURILINGÜE DE FRIÓNS DISPÓN DOS SEGUINTES SERVIZOS COMPLEMENTARIOS:

•  SERVIZO DE TRANSPORTE GRATUÍTO.(Instrución 22 de xuño de 2009)

•  SERVIZO DE COMEDOR XESTIÓN INDIRECTA POLA CONSELLERÍA  (Decreto 132/2013)

 

En Frións a 26 de febreiro de 2021

  

Luís Teira Parada

Director

VISITA AO CENTRO

 

              Estimadas familias dende 1 ao 22 de marzo está aberto o prazo para a matrícula do curso escolar 2021/22.

     O vindeiro 23 de febreiro de 16: 00 a 17:50, as familias que o desexen poderán visitar o noso centro. Debido á situación COVID 19, este ano non podemos facer unha xornada de portas abertas, pero mediante cita previa poderán visitar o centro de forma individualizada.

     Para solicitar a cita deben chamar ao 881867027 ou mandar un correo a ceip.frions@edu.xunta.gal

 

             Atentamente

             A Dirección

 

RESERVA DE PRAZA DE CENTROS ADSCRITOS

 

Estimadas familias de 6º de primaria:

 Informamos que o dende o 11 de xaneiro ao 8 de febreiro establécese o prazo de preinscripción para que o alumnado de 6º de Primaria poida solicitar praza no noso centro adscrito (IES Leliadoura). No caso de que quixeran solicitar praza noutro centro que non sexa o IES Leliadoura, deberán presentar a solicitude no centro escollido. 

Hoxe foi repartido ao alumnado de 6º o ANEXO I que debén entregar cuberto á dirección do centro nos vindeiros días

 Achegamos enlace da ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzode 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B).

 

Distribuir contido