COMEDOR CURSO 21/22
COMEDOR PARA O CURSO 21/22
Estimadas familias,
Como vostedes solicitaron praza no comedor para o curso que vén e non temos praza para todos os solicitantes, temos que baremar, segundo o establecido pola Consellería de Educación, de cara a asignar as prazas.
Para iso teñen que ler esta circular aportar a documentación pertinente, se é que non a portaron xa, en función da súa situación familiar que corresponda.
Ademáis, deben entregar cuberto e asinado o modelo de Autodeclaración cos datos da declaración do IRPF do 2020 (anexo II) que poden descargar de aquí.
Deben entregar toda a documentación escaneada a través do correo electrónico ceip.frions@edu.xunta.gal
ou na secretaría do centro sempre antes do martes 6 de xullo de 2021 ás 12:30 horas
Reciban un cordial saúdo
ORDE DE ASIGNACIÓN DE PRAZAS E DOCUMENTACIÓN A ACREDITAR
A baremación para asignar as prazas de comedor farase tendo en conta a documentación
presentada e os criterios establecidos na na instrución 3/2021 da Secretaría Xeral Técnica, a orde de entrada no comedor será a seguinte:
1º) Alumnado usuario do servizo do comedor no curso anterior, salvo que non variase
substancialmente o criterio polo que foi admitido. Neste caso non se precisará traer xustificación documental.
2º) Usuarios lexítimos de transporte escolar nos termos establecidos na instrución 1/2019. Neste caso non se precisará traer xustificación documental.
3º) Alumnado de familias en situación socioeconómica de exclusión social ou con discapacidade superior ao 33%. Deberá adxuntarse certificado de servizos sociais e/ou de minusvalía.
4º) Alumnado de familias numerosas. Fotocopia do libro de familia numerosa.
5º) Alumnado fillo de pais e nais, titores legais ou acolledores familiares, traballadores ambos os dous con incompatibilidade dos seus horarios laborais co horario de saída do seu fillo/a ao mediodía, acreditada documentalmente de xeito alternativo, mediante a seguinte
documentación: informe de vida laboral, expedido polo organismo laboral competente, ou certificado da Unidade de persoal á que pertenza o empregado público; certificación da empresa, xustificativa da duración de xornada e o horario de traballo;certificación xustificativa de alta no IAE, e unha declaración responsable, sobre a vixencia da actividade económica, e o horario que require a actividade, para o caso de traballadores por conta propia. Débese presentar algunhda documentación da referida neste punto.
6º) Outro alumnado do centro que este escolarizado fóra da área de influencia que lle corresponda.
Recollida de alumnos do comedor |
Estimadas familias de comedor: De cara a cumplir o protocolo de covid, á saída do comedor, as familias de educación infantil poderán acceder ao patio de infantil para recoller o seu fillo/a. |
- Inicie sesión para enviar comentarios