CAMPAÑA 1 LIBRO- 1 QUILO
OS LIBROS TAMÉN ALIMENTAN
ESTIMADAS FAMILIAS:
Emprendemos unha campaña solidadria para todo o alumnado e familias que desexen colaborar.
Aproveitando o expurgo de libros da Biblioteca, farase a campaña de troco de libros por alimentos que serán doados ao Banco de Alimentos.
Os libros estarán expostos no patio cuberto grande a partir do 22 de febreiro (unha semana antes do comezo do intercambio), de modo que o alumnado poda ir vendo para poder escoller no momento de facer o troco: Do luns 1 ao venres 5 de marzo (ambos incluídos).
Lembrade, podedes enviar os alimentos ao Colexio polos nenos e nenas desde o luns día 1 ata o venres día 5.
Grazas pola colaboración.