Skip to Content

News aggregator

CASTELAO: O RETORNO A GALICIA, 1984. XAN CARBALLA. FOTOGRAFÍAS

Axenda Cultural - Xov, 07/03/2024 - 20:00

De 7 de marzo a 2 de xuño
Museo Provincial de Pontevedra - Pontevedra - Pontevedra

A mostra esta articulada a partir de 52 fotografías realizadas o 28 de xuño de 1984 por Xan Carballa durante os actos desenvolvidos en Santiago con motivo do retorno a Galicia dos restos de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. O escritor, artista e líder galeguista falecera na Arxentina en xaneiro de 1950. Desde esa data, o seu corpo descansaba no cemiterio de Chacarita de Buenos Aires, albergado no Panteón Social do Centro Gallego. Restauradas as liberdades democráticas en 1978, a demanda do seu retorno a Galicia pasou a ser unha reivindicación que anos despois sería asumida polo parlamento galego tras as primeiras eleccións autonómicas. Un acto parlamentario que foi aprobado por unanimidade das forzas políticas representadas, despois dunha proposta impulsada polo deputado nacionalista Camilo Nogueira.

https://museo.depo.gal/-/exposicion-castelao-o-retorno-a-galicia-1984-xan-carballa-fotografia

Categorías: Cultura

Sopiña de contos

Axenda Cultural - Xov, 07/03/2024 - 19:00

7 de marzo, 18:00
- Vigo - Pontevedra

Historias onde os máis miudiños achegaránse aos libros e á lectura dunha forma lúdica e divertida, despertando o interés pola lectura con esta sopiña de contos, ben quentiña e saborosa.

dade: de 0 a 3 anos.

Duración: 30 minutos.

Reserva de praza a propia semana da actividade na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.

 

Categorías: Cultura

Un, dous, tres ... paxariño inglés!

Axenda Cultural - Xov, 07/03/2024 - 19:00

7 de marzo, 18:00
Biblioteca Pública de Ourense - Ourense - Ourense

Cantas estacións hai? Unha, dúas, tres e catro…Cantas patas ten un gato?

Un , dous, tres…paxariño inglés!

Cancións, versos e contos para os máis pequenos.

Sesións de bebeconto a cargo de Olga Cuervo para nenas e nenos de 1 a 3 anos acompañados dunha persoa adulta.

Para asisitir é necesario facer a inscrición previa dende o venres anterior a actividade chamando ao 988 788385.

Categorías: Cultura

Secaderos

Axenda Cultural - Xov, 07/03/2024 - 19:00

7 de marzo, 18:00
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña

(España, 2022)

Dirección e guión:  Rocío Mesa. Reparto: Vera Centenera Carnero, Ada Mar Lupiañez Huertas

Sinopse: Dúas historias paralelas que transcorren entre secadoiros de tabaco durante un verán tinxido de realismo máxico.
 

Categorías: Cultura

Mulleres de Compostela no século XX

Axenda Cultural - Xov, 07/03/2024 - 18:30

7 de marzo, 17:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal - Santiago de Compostela - A Coruña

Este roteiro percorre aspectos biográficos de mulleres que deixaron pegada na sociedade compostelá do século XX en diferentes ámbitos. Alén de salientar a súa importancia, queremos, a través do seu exemplo, pór en dúbida o que sabemos da nosa historia, cuestionando os seus límites e limitacións.

Ao longo de oito paradas irán destacándose perfís de diferentes ámbitos, como a política, a ciencia ou as artes, sen esquecermos dalgunhas visitantes ilustres. Descubriremos momentos da vida de Elvira Santiso, Concha Castroviejo, María Tobío, Pura Lorenzana ou de Pilar Pereira, mais tamén de Luisa Cuesta ou Margot Sponer.

Dirixido a público adulto. Máximo: 30 participantes. As persoas interesadas poden retirar o convite no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

Categorías: Cultura

Revistas, berce do cómic español e galego actual

Axenda Cultural - Xov, 07/03/2024 - 13:00

De 7 de marzo a 7 de abril
Biblioteca Pública de Ourense - Ourense - Ourense

Os anos 70 e 80 conforman a chamada época dourada das revistas de cómic para adultos en España. Coa relaxación da censura a principios dos 70, e a posterior caída do réxime franquista, o panorama do cómic no noso país puido poñerse ó día en forma de revistas. Estas incluían historias curtas, e partes doutras máis longas que continuaban nos números seguintes; material extranxeiro e moito nacional.

Foi unha excelente época para a creación. Tanto autores e autoras veteranos como noveis, puideron experimentar con temáticas e estéticas impensables de publicar ata aquel momento. Moitas destas persoas non se terían convertido nos profesionais que son hoxe sen estas publicacións. Igualmente, a súa mera existencia e lectura, marcaría vitalmente á seguinte xeración de historietistas.

Sen embargo, a finais dos anos 80, a maioría destas revistas desaparece. En parte, pola saturación do mercado, e en parte pola crise económica global que encareceu enormemente o prezo do papel e remata tamén con cabeceiras icónicas europeas e norteamericanas. 

Co gaio da celebración do Día del Cómic y del Tebeo o 17 de marzo, a biblioteca quere  realizar un pequeno percorrido por algunhas destas míticas revistas ás que tanto lles debe o cómic español actual. Ofrecemos ademáis unha selección de obras que apareceron no seu momento nelas, así como recopilatorios das propias revistas.

Do 7 de marzo ó 7 de abril na Comicteca / Espazo Xove.

Categorías: Cultura

III Xornada sobre as alternativas ao uso do petróleo en aplicacións agrícolas

Axenda Cultural - Xov, 07/03/2024 - 11:00

7 de marzo, 10:00
Colección Museográfica Viva e Integrada do Campo e a Locomoción Agraria (Muvicla) - Láncara - Lugo

O MUVICLA (Colección Museográfica Viva e Integrada do Campo e a Locomoción Agraria) en Trasliste (Láncara - Lugo) celebra a terceira xornada sobre alternativas ao uso do petróleo en aplicacións agrícolas. Os contidos son variados e con distintos enfoques, pero centrados na eficiencia do uso da enerxía como fonte esencial para deteriorar menos o planeta. Para asistir prégase confirmación por correo electrónico, whatsapp ou teléfono. Estará dispoñible tamén un enlace zoom para poder asistir telemáticamente.

muvicla@muvicla.org

619389069 (Marcos) / 649292208 (María)

 

Categorías: Cultura

O corno

Axenda Cultural - Mér, 06/03/2024 - 21:30

6 de marzo, 20:30
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña

(España, 2023)

Dirección e guión: Jaione Camborda. Reparto: Janet Novás, Siobhan Fernándes, Carla Rivas

Sinopse: Illa de Arousa, 1971. María é unha muller que gaña a vida mariscando. Tamén é coñecida na illa por axudar a outras mulleres nos seus partos con especial dedicación e coidado. 
 

Categorías: Cultura

Comité de Ética Asistencial e dereitos dos/as pacientes

Axenda Cultural - Mér, 06/03/2024 - 20:00

6 de marzo, 19:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal - Santiago de Compostela - A Coruña

A fundación dos comités de ética asistencial remóntase a mediados do S. XX. Comezaron a crearse nos Estados Unidos e a súa función era e segue sendo a de mediar para resolver conflitos que xorden da prestación de asistencia sanitaria.

Cuestións como os avances científicos e técnicos das últimas décadas, que supoñen dilemas sobre a prolongación da vida ou as manipulacións xenéticas; cambios no estilo de vida que incrementan os desprazamentos a nivel mundial, o que pode implicar choques culturais e/ou relixiosos que poden afectar á aceptación de tratamento médico, son exemplos de situacións que complican ás veces a toma de decisións.

Ademais, tamén están mudando as relacións asistenciais no sentido de que os cidadáns somos tidos en conta en maior medida, pois queremos ser informados e preguntados. Cando se trate da nosa saúde, da nosa vida, careceremos de criterio médico, pero temos dereito a coñecer e a opinar. Isto, que parece tan obvio, non é algo que veña de moito tempo atrás, pois os pacientes eramos vistos como a parte pasiva, simples receptores de atención, sen voz nin voto.

A día de hoxe, contamos con comités de ética asistencial en cada área sanitaria e podemos recorrer a eles cando entendamos que non se respectaron os nosos dereitos ou a nosa autonomía como usuarios da sanidade pública. Xa que logo, resulta evidente a súa utilidade e importancia e, aínda así, son os grandes descoñecidos para o público. Nese sentido, o principal obxectivo desta charla será presentalos, que entendamos as súas funcións, composición e competencias, así como a maneira en que podemos recorrer a eles e para que.

Irene Martínez Montero é psicóloga especialista en psicoloxía clínica da área sanitaria de Santiago-A Barbanza e da Unidade de Prevención do Suicidio. Actualmente ostenta o cargo de Presidenta do Comité de Ética Asistencial da área sanitaria e é vogal do Consello de Bioética de Galiza.

No salón de actos. Dirixido a público adulto. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Categorías: Cultura

La imagen permanente

Axenda Cultural - Mér, 06/03/2024 - 19:00

6 de marzo, 18:00
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña

(España, 2023)

Dirección: Laura Ferrés. Guión:  Laura Ferrés, Ulises Porra, Carlos Vermut. Reparto: María Luengo, Rosario Ortega, Saraida Llamas,

Sinopse: Antonia, unha nai adolescente, desaparece no medio da noite. Cincuenta anos máis tarde e moitos quilómetros ao norte, Carmen, directora de casting algo introvertida, debe encontrar persoas que conten os seus recordos tras cambiar de cidade. 
 

Categorías: Cultura

140 estudantes de 23 equipos galegos participarán na fase rexional de lanzamento de satélites CanSat 2024 da Axencia Espacial Europea co apoio da Xunta

Noticias sobre Ensino - Mér, 06/03/2024 - 15:30

Summary: 

Román Rodríguez subliña a importancia da formación en competencias  como a programación ou as novas tecnoloxías enfocada para a cualificación do alumnado

Asegura que formar a futuros profesionais nun maior desempeño tecnolóxico “aumenta as súas oportunidades laborais”

Idioma Gallego

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións, Román Rodríguez, abriu esta mañá a xornada de formación para os 23 equipos galegos participantes na fase rexional de CanSat 2024, a competición promovida pola Axencia Espacial Europea e que conta co apoio da Xunta de Galicia, na que se reta ao alumnado de Secundaria a realizar unha simulación dun satélite desde a súa concepción ata o lanzamento ao espazo e posterior recollida de datos.

O titular de Educación do Goberno galego asegurou que este desafío ao que se van enfrontar os equipos galegos “supón moito máis ca unha demostración do seu entendemento no campo da aeronáutica, xa que tamén representa unha oportunidade para levar ao terreo práctico o que pode ser unha carreira de futuro para moitos deles”, abondou dirixíndose aos 140 participantes entre alumnado e profesorado da vintena de centros educativos adheridos ao proxecto.

Román Rodríguez salientou que encontros coma este axudan, desde as aulas, a xerar innovación aplicada, ao desenvolvemento colectivo, á resolución de retos tecnolóxicos e ao fortalecemento da capacidade dixital. “Ademais, formar a futuros profesionais nun maior desempeño tecnolóxico aumenta as súas oportunidades de obter un traballo en calquera sector”, afirmou.

Lanzamento o 23 de abril

O encontro de hoxe, no decurso do cal se desenvolven catro relatorios vinculados á temática de satélites, serviu para a presentación dos equipos, que están formados por un máximo de seis alumnos baixo a coordinación dun docente.

A xornada de lanzamento de satélites terá lugar o 23 de abril no aeródromo das Gaivotas  en Cerceda e posteriormente, o día 26, haberá un evento para a defensa dos resultados dos proxectos, nos que se valorará a parte de programación e de construción de hardware, así como a parte de comunicación e difusión das propostas. O equipo gañador da fase rexional representará a Galicia na fase nacional.

Un CanSat é unha simulación satélite integrada dentro dunha lata de refrescos. O desafío para o alumnado consiste en introducir nun espazo reducido os principais elementos dun satélite real, como a alimentación eléctrica, os sensores e o sistema de comunicacións. A continuación, lánzase o CanSat a unha altura aproximada dun quilómetro e déixase caer desde unha plataforma mediante un dron, un globo cativo, un foguete ou calquera outro método. O experimento científico consiste en lograr unha aterraxe sen danos e a análise dos datos durante o descenso.

Os centros participantes, algún deles con más dun equipo, son os seguintes:

Provincia

Concello

Centro

A Coruña

Arteixo

IES Manuel Murguía

A Coruña

Betanzos

CPR Plurilingüe Nuestra Señora Carmen

A Coruña

Cariño

IES Cabo Ortegal

A Coruña

A Coruña

CPR Compañía de María

A Coruña

Ferrol

CPR Ayala

A Coruña

Muxía

IES Ramón Caamaño

A Coruña

Noia

IES Virxe do Mar

A Coruña

Ortigueira

IES de Ortigueira

A Coruña

As Pontes

IES Castro da Uz

Lugo

Burela

IES Perdouro

Lugo

Lugo

IES Lucus Augusti

Lugo

Lugo

IES Leiras Pulpeiro

Lugo

Mondoñedo

IES Plurilingüe San Rosendo

Ourense

A Gudiña

CPI Laureano Prieto

Ourense

Ourense

IES O Couto

Ourense

Ourense

CPR Santa María Maristas

Pontevedra

Caldas

IES Aquis Celenis

Pontevedra

Vigo

IES Álvaro Cunqueiro

Pontevedra

Vigo

IES República Oriental do Uruguai

Pontevedra

Vigo

CPR Plurilingüe Montecastelo

Pontevedra

Vigo

CPR Plurilingüe Las Acacias

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: Lexislación

Caderno de Bitácora de Manuel Vispo

Axenda Cultural - Mar, 05/03/2024 - 21:00

5 de marzo, 20:00
Biblioteca Pública de Ourense - Ourense - Ourense

Este martes temos a presentación do libro de Manuel Vispo "Caderno de Bitácora" do selo editorial Dr. Alvareiros da Fundación Vicente Risco ás 20..00h.

O autor estará acompañado de Xosé Antonio González Vázquez, mestre e membro do Clube Alveiros. 

Categorías: Cultura

Rapa das bestas+ Los desheredados

Axenda Cultural - Mar, 05/03/2024 - 20:00

5 de marzo, 19:00
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña

Rapa das bestas  (España, 2017)
Dirección: Jaione Camborda 
Sinopse: A tradición e o espectáculo levanos a ser testemuñas da relación corpo a corpo do home e do animal nun contexto de loita.
Los desheredados (España, 2017)
Dirección e guión: Laura Ferrés. Reparto: Pere Ferrés, Mari Alvarez
Sinopse: É un retrato do pai da directora enfrontándose á fin do negocio familiar.

Categorías: Cultura

Buscando esencias

Axenda Cultural - Mar, 05/03/2024 - 19:30

5 de marzo, 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal - Santiago de Compostela - A Coruña

Cedemos o espazo á mestra, filóloga, autora e ilustradora Claudia Herrero Kaczmarek para realizar o obradoiro literario e artístico “Buscando esencias”.

A actividade está dirixida a 12 nenas e nenos de 6 a 8 anos que traballarán sobre o seu conto “A fada das esencias” e elaborarán manualidades relacionadas co tema. A adxudicación das prazas será por rigorosa orde de chegada.

Na sala infantil.

Categorías: Cultura

Contiños na Biblio

Axenda Cultural - Mar, 05/03/2024 - 19:00

5 de marzo, 18:00
Biblioteca Pública de Ourense - Ourense - Ourense

Sesión de contacontos con actividades relacionadas coa historia narrada. 
Actividade pensada para nenas e nenos de 4 a 6 anos.

Cunha limitación de aforo máxino para asistir a ela é necesario facer inscrición previa chamando aos teléfonos 988 788385 e 988788386 desde o venres anterior á actividade.

 

Categorías: Cultura

A Xunta recepciona catro grandes obras en centros educativos de Lugo por importe de 6M€

Noticias sobre Ensino - Mar, 05/03/2024 - 16:02

Summary: 

O conselleiro de Educación en funcións, Román Rodríguez, comproba o resultado da rehabilitación integral do Instituto IES Nosa Señora dos Ollos Grandes (1,6M€)

Tamén veñen de recibirse as obras da central de biomasa da nova mazá educativa (2,2M€), do colexio CEIP de Paradai (932.655€) e do instituto IES Ánxel Fole (1,4M€)

Anuncia o reinicio inmediato das obras na Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón e a previsión de adxudicar en abril as do IES Lucus Augusti

O investimento en obras en centros educativos da cidade da Muralla acadou os 15M€ nos últimos catro anos

Idioma Gallego

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións, Román Rodríguez, comprobou hoxe o resultado das obras de rehabilitación integral do Instituto IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, en Lugo, nas que o seu departamento investiu máis de 1,6M€. “Unha das catro grandes obras en centros educativos que a Xunta vén de recepcionar nas últimas semanas por un importe de 6 M€, xunto coa central de biomasa da nova mazá educativa de Lugo (2,2M€) e as rehabilitacións do colexio CEIP de Paradai (932.655€) e do instituto IES Ánxel Fole (1,4M€)”, destacou.

O representante da Xunta de Galicia anunciou, ademais, o reinicio inmediato das obras de rehabilitación integral na Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón (1M€), que tiveron problemas de subministro de materiais. Así mesmo, está previsto que a reforma do Instituto IES Lucus Augusti (3,4M€) se adxudique no mes de abril, con inicio das obras cando remate o curso.

“A de Lugo é unha das cidades con maior esforzo inversor por parte da Xunta de Galicia en materia de obras educativas”, explicou o conselleiro en funcións, salientando que nos últimos catro anos, o investimento en obras en centros educativos acadou os 15M€, “con actuacións tan salientables como estas que vimos de recepcionar ou o novo edificio de cociñas do Instituto IES Sanxillao, entre outras”.

“Todas elas enmárcanse no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta do Goberno galego para a modernización dos centros educativos, que fai fincapé precisamente na súa adecuación ás esixencias de sostibilidade e respecto polo medio ambiente, con obras que contribúen tamén a mellorar o día a día de alumnos e docentes, como a destes centros”, explicou o Román Rodríguez.

O representante do Goberno galego lembrou, así mesmo, que en 2024 se iniciarán os trámites de novas obras no CIFP As Mercedes, no Centro de Educación Especial Santa María e no Colexio CEIP Plurilingüe de Nadela, con importes aínda por concretar.

Mellora da eficiencia e a funcionalidade

No que atinxe á obra realizada no Instituto IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, o conselleiro en funcións explicou que se enfocou na mellora do confort térmico da comunidade educativa e na eficiencia enerxética, o que redundou nun aforro do 37% de enerxía primaria non renovable.

A actuación abrangueu a colocación de illamento térmico en toda a fachada do edificio e a substitución das carpintarías exteriores de aluminio por outras de madeira. Así mesmo, cambiouse o falso teito por outro de placa de xeso laminada e instaláronse luminarias tipo LED.

Dentro das melloras funcionais solicitadas pola dirección do centro educativo, e para adaptalo ás actuais necesidades docentes, fixéronse varias intervencións. Ampliáronse varias aulas e construíuse unha zona de aseos novos na segunda planta do edificio. Así mesmo, reestruturáronse os espazos das salas de xuntas e da de profesores para gañar máis espazo para a biblioteca escolar. Por último, para de evitar humidades e acadar un maior confort, creouse un circuíto de ventilación na zona do ximnasio e dos departamentos anexos e pintaranse os paramentos interiores e exteriores.

En complemento á actuación, nestes momentos o INEGA está realizando unha instalación de luminarias ornamentais na fachada do edificio.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: Lexislación

Román Rodríguez salienta que Ana Simoneta Rubido e Manuel Rico “representan o mellor exemplo” da calidade das universidades públicas galegas

Noticias sobre Ensino - Mar, 05/03/2024 - 13:59

Summary: 

O conselleiro de Educación en funcións recibe aos dous galegos, elixidos entre os ‘10 jóvenes españoles con más talento’ do programa científico Celera

Idioma Gallego

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións, Román Rodríguez, recibiu esta mañá a Ana Simoneta Rubido Loureiro e Manuel Rico Fernández San Silvestre, que veñen de ser seleccionados entre os 10 jóvenes españoles con más talento ao abeiro do programa científico Celera, nacido hai unha década co obxectivo de identificar a mozos con talento de España para dotalos das ferramentas axeitadas que lles permita potenciar as súas capacidades persoais e profesionais.

Román Rodríguez salientou o “tesón e esforzo” destes dous estudantes cunha “brillante traxectoria académica que, de seguro, será o pasaporte a un prometedor futuro profesional”. “Representan, ademais, o mellor exemplo da calidade das nosas universidades públicas”, abondou o conselleiro, quen agradeceu a ambos que “nos representen a Galicia e ao noso sistema educativo aló onde vaian”.

Ana Simoneta Rubido, que participou de xeito telemático, é graduada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, e impulsora do Pacto Interxeracional polo Futuro, un proxecto de intelixencia colectiva coa participación de máis de 2.000 mozos, e do innovador Espazo da Opositora. Entre os seus obxectivos está o desenvolvemento de proxectos especializados en áreas de goberno aberto, innovación pública e avaliación de políticas co obxectivo de contribuír a axilizar as estruturas administrativas.

Manuel Rico Fernández San Silvestre é estudante de 5º curso de Medicina na USC, e está centrado nas enfermidades neurodexenerativas e desordes, particularmente o Párkinson. O seu obxectivo é afondar no estudo desta enfermidade compaxinando o contacto co paciente e co estudo biotecnolóxico e sanitario. Así mesmo, tamén ten como obxectivo avanzar na exploración de sectores do emprendemento e da divulgación científica para xerar un impacto real. Neste senso, Manuel Rico colabora coa Fundación Degén contra as docencias neurodexenerativas. E tamén ten no seu haber ser o único estudante europeo seleccionado polo Harvard Stem Cell Institute Internship Program en 2022.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: Lexislación

Álex Clavero: A Nova Normalidade

Axenda Cultural - Lun, 04/03/2024 - 21:00

4 de marzo, 20:00
Teatro Afundación Vigo - Vigo - Pontevedra

A nova normalidade é un monólogo cómico que resume todo o que pasou desde marzo de 2020 ata... - Sempre! Porque isto é para sempre. Todo o que ocorreu por mor do COVID... (Non engado o de 19 porque o virus Ileva tanto tempo connosco que xa lle podemos falar de ti) Todo foi tan nova- dose que merece a pena lembralo e resumilo desde un punto de vista simpático, gracioso, crítico, absurdo... Todo moi estilo Clavero, que o único que pretende con Nova Normalidade é que che descojones igual ou máis que coa antiga. Disfrútaa! 

Categorías: Cultura

Marzo Asiatico

Axenda Cultural - Lun, 04/03/2024 - 17:00

De 4 de marzo a 30 de marzo
Biblioteca Pública de Ourense - Ourense - Ourense

Volve o Marzo Asiático á Biblioteca cunha mostra bibliográfica no primeiro andar na que ofreceremos unha selección de obras de autoría asiática ( novelas, libros de cociña, viaxes, música) que nos fagan transportar ata o continente. Unirémonos ao movemento literario presente nas redes dende hai anos #marzoasiático para dar visibilidade á narrativa oriental iniciativa da youtuber e editora "Magrat Ajostiernos"

Animádevos a ler literatura asiática durante o mes de marzo. Hai moito onde elixir!

 

Categorías: Cultura
Distribuir contido


by Dr. Radut