Skip to Content

News aggregator

S. Bernardo

Axenda Cultural - Mér, 19/06/2024 - 20:30

19 de xuño, 20:30
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña

Adaptación da novela de Graciliano Ramos. Un terratenente leva a súa facenda con man de ferro. Cando casa, intenta controlar tamén a súa muller.

Categorías: Cultura

Maria Mazzotta-Amoreamaro

Axenda Cultural - Mér, 19/06/2024 - 20:00

19 de xuño, 20:00
Rúa Nova, 22 - Santiago de Compostela - A Coruña

A italiana Maria Mazzotta é unha das voces máis apreciadas da world music europea. Os seus concertos atrapan o público e mergúllano nunha viaxe a través das emocións da alma, atopando no canto e na tradición popular salentina do sur de Italia, o vehículo perfecto para experimentar a catarse, a forza, o amor ou o esquecemento. Chega agora por primeira vez a Galicia acompañada do acordeonista Antonio de Luca.
Coa súa xira do seu álbumdebut, Amoreamaro, Mazotta ofreceu oitenta concertos en máis dunha vintena de países europeos cos que teceu unha viaxe musical e emocional polos ritmos do sur de Italia, con temas tradicionais atravesados por novas sonoridades e letras e éxitos que labraron o camiño cara á grande canzone italiana, da man de artistas como Domenico Modugno ou Rosa Balistreli.

Categorías: Cultura

O escultor Francisco Asorey

Axenda Cultural - Mér, 19/06/2024 - 19:30

19 de xuño, 19:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal - Santiago de Compostela - A Coruña

Cedemos o espazo á Agrupación Cultural O Galo para realizar a palestra "O escultor Francisco Asorey" e a explicación in situ do monumento a San Fancisco a cargo da profesora doutora Maribel Iglesias Baldomero.

En primeiro lugar, fará un percorrido pola produción do escultor cambadés e a continuación, explicará o monumento a San Francisco diante da propia escultura, unha das máis significativas do artista, situada a uns 80 metros da biblioteca Ánxel Casal.

Maribel Iglesias Baldomero nace en Caracas en 1964, filla de emigrantes galegos que instálanse en Santiago cando volven. Licénciase en Xeografía e Historia e primeiro traballa no IES Ramón Cabanillas de Cambados. Logo de aprobar as oposicións a profesora de secundaria, consegue o destino definitivo no IES Francisco Asorey desa vila.

É unha das estudosas que mellor coñece ao escultor Francisco Asorey, feito que se aprecia no seu estudo Francisco Asorey, escultor galego, editado a partir da súa tese de Doutoramento, defendida na USC en 2016.

Interésalle a historia local e difundila entre o seu alumnado: ir do particular ao universal. Dentro desta liña atópase Cambados, 100 anos de historia a través da fotografía (2005), un traballo que realizou xunto ao alumnado e compañeiras e compañeiros do centro educativo e que obtivo un premio á innovación educativa da Xunta de Galicia. A este seguíronlle os libros Ramón Cabanillas, Biografía en imaxes (2008), polo que acadou o IX Premio Cabanillas. A súa última publicación, Pazo de Fefiñáns. Historia e Arte (2021), tamén responde á súa teima de espallar o patrimonio de Cambados, contribuíndo deste xeito a que este se respecte, active e conserve.

No salón de actos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Categorías: Cultura

De Vilatriste a Vilalegre

Axenda Cultural - Mér, 19/06/2024 - 18:00

19 de xuño, 18:00
Campo da Feira - Carral - A Coruña

Xira por máis de 100 concellos na celebración do 40º aniversario do CDG

Nos arredores de Vilatriste hai unha lagoa da que emana unha néboa misteriosa que impregna o aire cunha estraña tristeza. Uns novos moradores descobren que se beben das súas augas adquiren un superpoder que os dota de capacidades extraordinarias. Pero as xentes de Vilatriste ignoran todos estes efectos. Cando estes forasteiros tentan compartir o seu achado atópanse de fronte coa desconfianza e rexeitamento dos veciños.

A morte do alcalde vello e a chegada do novo traen consigo toda unha serie de transformacións cunhas escuras intencións. Trepas é o alcume dun novo habitante de Vilatriste enredado inesperadamente nunha singular aventura: salvar a vila das fauces dun malvado dirixente. Axudado por unha singular superheroína descobren a fórmula para vencer ao seu inimigo pero... funcionará?

TEXTO ORIXINAL: Roi Vidal Ponte
DIRECCIÓN: Sofía Espiñeira López e Roberto Casal Mouriño
ELENCO: Uxía Algarra Cajide e Roberto Casal Mouriño
ESCENOGRAFÍA: Beatriz de Vega
VESTIARIO: Carmen Pichel
MÚSICA: Brais das Hortas

Categorías: Cultura

La hierba errante

Axenda Cultural - Mér, 19/06/2024 - 18:00

19 de xuño, 18:00
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña

Unha compañía de teatro itinerante chega a unha cidade costeira do sur de Xapón. O seu propietario e actor principal, Komajuro, visita a súa antiga amante, Oyoshi, que rexenta un pequeno restaurante na poboación, e o seu fillo ilexítimo, Kiyoshi, que traballa na oficina de correos coa idea de aforrar para os seus estudos universitarios.

Categorías: Cultura

Iniciación ás IAs: ChatGPT e Dall·E

Axenda Cultural - Mér, 19/06/2024 - 17:00

19 de xuño, 17:00
Centro Internacional de Prensa de Galicia (Rúa nova, n9) - Santiago de Compostela - A Coruña

Queres aprender a utilizar as IAs? Entender como funcionan para poder sacarlles partido? Se queres entendelas, este obradoiro é para ti!

Categorías: Cultura

Traizón?

Axenda Cultural - Mér, 19/06/2024 - 10:00

19 de xuño, 10:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal - Santiago de Compostela - A Coruña

A quen lle pertence a tradución? Traducir significa perder? Que liberdade ten quen traduce? Que liberdade lle quita a que creou o orixinal? Un debate verbo do valor da tradución na era dos intercambios. Unha proposta para pensarmos que lemos e por que. Para sabermos se a obra traducida forma parte da nosa cultura ou se só funciona coma unha ponte para nos achegarmos a outras.

Carlos Arias naceu en Lugo, en 1959. O sustento gáñao como funcionario do Corpo Superior da Xunta de Galicia, o que lle permite desenvolver os seus intereses no ámbito da literatura con liberdade. Non se trata, nin moito menos, dunha figura relevante, pero foi publicando algunhas obras, como o primeiro libro de xadrez en lingua galega (1989), relatos como O barco de seixo (premio Camilo José Cela 1991), a novela Libro das capitulacións de Xulio Corveira Andrade (Toxosoutos, 2003) ou Ríos que se abrazan (Toxosoutos, 2008). Permaneceu no Departamento de Filoloxía Española da USC como investigador (1988-1993) e foi colaborador de distintos medios, como Antena3 Radio (1992-1994), El Correo gallego (1989- 2023) ou revistas especializadas en filoloxía , como Anales de la Literatura española contemporánea (Universidade de Denver , Colorado) ou Verba (USC). En poesía publicou Dor da claridade (Bubela, 2008), Sobol (Sermos Galiza, edición dixital, 20016) e Zafra de arelas (Bubela, 2023). Tamén se encargou da edición ou participou en numerosas obras colectivas e en revistas poéticas. Así mesmo, publicou unha biografía en galego do intelectual e pintor surrealista Eugenio Granell (Xunta de Galicia, 2005), traducida ao español como Eugenio Granell. Un hereje contemporáneo (Fundación Eugenio Granell, 2016). Desde hai anos, encádrase dentro do Sentimentalismo, movemento de vangarda artística galega que aposta pola liberdade e a honestidade literaria, máis aló de recoñecementos ou de réditos alleos ao proceso creativo. No eido da tradución, exerceu este labor dentro da Xunta de Galicia, onde tamén ocupou postos como xefe das seccións de Asesoramento Lingüístico, de Publicacións ou do Libro, nos departametnos de Educación e de Cultura. Actualmente traballa na Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea.

Nas salas de traballo do terceiro andar. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Categorías: Cultura

Seráns en Feixóo

Axenda Cultural - Mar, 18/06/2024 - 21:30

18 de xuño, 21:30
Praza de Feixóo - Santiago de Compostela - A Coruña

Sexta edición de Seráns en Feixóo, que como cada ano se celebrará na praza de Feixóo, na zona vella de Santiago de Compostela. Os concertos terán lugar entre o 25 de maio e o 28 de xuño ás 21:30h.
18 de xuño-Fin de curso Escola Estudio
A Festa de Fin de curso Escola Estudio achegaranos aos novos talentos que se están a formar nesta afamada escola de Jazz radicada en Santiago. Dende os combos máis xuveniles ata formacións que xa comezan a establecerse no circuito galego.

Categorías: Cultura

XMC·Somos

Axenda Cultural - Mar, 18/06/2024 - 20:30

18 de xuño, 20:30
Rúa Nova, 22 - Santiago de Compostela - A Coruña

SOMOS é un dialogo entre dous corpos e todos os seus camiños. Unha conversa que transmite unha mensaxe íntima no momento presente. Encarna e simboliza un intre de conexión. Un espazo que convida a apreciar a beleza da arte a través do movemento, da unión e o conxunto, de escoita interna e de vencello. Unha tradución activa e coexistente que xorde cando nos permitimos ser e nos habitamos de forma consciente. A acción trázase no marco da danza contemporánea determinada polo estilo persoal que caracteriza as coreógrafas, incorporando influencias doutros estilos.

Categorías: Cultura

La hierba errante

Axenda Cultural - Mar, 18/06/2024 - 20:30

18 de xuño, 20:30
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña

Unha compañía de teatro itinerante chega a unha cidade costeira do sur de Xapón. O seu propietario e actor principal, Komajuro, visita a súa antiga amante, Oyoshi, que rexenta un pequeno restaurante na poboación, e o seu fillo ilexítimo, Kiyoshi, que traballa na oficina de correos coa idea de aforrar para os seus estudos universitarios.

Categorías: Cultura

Sentimentalismo - Grupo Cultural

Axenda Cultural - Mar, 18/06/2024 - 19:45

18 de xuño, 19:45
Biblioteca Pública Municipal José Saramago de Santa Marta - Santiago de Compostela - A Coruña

Texto de presentación da actividade

Obradoiro participativo.
Utilízanse narracións, contos e refráns procedentes do acervo popular, extraendo as esencias da súa sabedoría.
Procúrase en todo momento a participación individual e colectiva das persoas asistentes.
A actividade inclúe narracións orais e comentarios de textos, a través de opinións, lecturas sobre as propostas realizadas na actividade e xuízos críticos.

Público/s ao/aos que vai dirixido

Público infantil (6-18 anos)

Público xuvenil

Público adulto

Duración

50 minutos

Sesións

Sesión única: 18/06/2024 - 19:45

Lugar de celebración

CSC Santa Marta

Categorías: Cultura

Rosalía cantareira

Axenda Cultural - Mar, 18/06/2024 - 18:30

18 de xuño, 18:30
Biblioteca Pública Municipal de Cela - Bueu - Pontevedra

Texto de presentación da actividadeNeste obradoiro musical coñeceremos algúns dos poemas de Rosalía de Castro, ela tamén era música! Creaba as súas propias composicións e inspirábase na música popular e tradicional para facer as súas obras. Aprenderemos a procedencia dos diferentes ritmos da nosa música tradicional a través da pandeireta. As cantigas interpretadas serán poemas de Rosalía de Castro adaptados por Jara Ortiz.Público/s ao/aos que vai dirixido

• Público infantil (6-12 anos)

Duración45 minutosSesións

• Sesión única: 18/06/2024 - 18:30

Lugar de celebraciónBiblioteca de Cela. Igrexario nº 1. 36937 Parroquia de Cela (Bueu). Pontevedra

Categorías: Cultura

Presentación da novela "Morir dos veces"

Axenda Cultural - Mar, 18/06/2024 - 18:00

18 de xuño, 18:00
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola - Pontevedra - Pontevedra

Acto organizado en colaboración coa Asociación de Familiares de enfermos de Alzhéimer de Pontevedra (AFAPO).

Alejandro Seral, baseándose nos seus recordos e en como afrontou o diagnóstico da enfermidade do alzhéimer no seu pai, escribe unha novela que parte da realidade e que se difumina nunha ficción certeira no emocional. Esta é a historia da súa vida e dunha familia que debe cambiar a mirada cara ao mundo. Un libro íntimo que trata sen reviravoltas, pero dunha forma entrañable, as consecuencias da enfermidade. «Non hai caretas para suavizar a realidade, pero si unha serie de ensinos que creo que poden axudar ás persoas que se atopan na contorna máis próxima de quen sofre o alzhéimer», conta o autor.

Data e hora: martes 18 de xuño ás 18:00 horas

Público destinatario: adulto e xuvenil

Entrada de balde ata completar aforo

Categorías: Cultura

Leon Hirszman: curtametraxes

Axenda Cultural - Mar, 18/06/2024 - 18:00

18 de xuño, 18:00
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña

Conxunto de curtametraxes do cineasta brasileiro Leon Hirszman.

Categorías: Cultura

A maxia dos contos (Contos de maxia)

Axenda Cultural - Mar, 18/06/2024 - 12:30

18 de xuño, 12:30
Axencia de Lectura Municipal de Sobrado - Sobrado - A Coruña

Texto de presentación da actividadeAbracadabra!o mago Teto saca do seu sombreiro un show no que se mistura a narrativa de contos e xogos de maxia.A actividade consta dunha antoloxía de 7 contos que abordan de maneira central a figura do ilusionista, cos seus coellos, cartas e variñas.E por arte de maxia cada conto,vai acompañado dun xogo relacionado coa historia. Porque hai moita maxia na literatura e moita literatura na maxia.Público/s ao/aos que vai dirixido

• Público infantil

Duración70 minutosSesións

• Sesión única: 18/06/2024 - 12:30

Lugar de celebraciónALM de Sobrado

Categorías: Cultura

Indóciles

Axenda Cultural - fai 0 seg

16 de xuño, 20:30
Parque Miguel Hernández - Vilagarcía de Arousa - Pontevedra

Indóciles é un proxecto multidisciplinar que achega ao público á figura e a á creación de Luísa Villalta, unha autora comprometida e versátil cun legado literario provocador e rebelde.

Da man de Vero Rilo, narradora oral, Nuria Vil, resitadora, e Mónica de Nut, música, o legado e a voz de Villalta volven ao escenario.

Categorías: Cultura

Coa palabra na boca

Axenda Cultural - fai 0 seg

16 de xuño, 20:00
Local Social Vilamartín Pequeno - Barreiros - Lugo

A través da palabra e a música de tradición oral percorreremos historias que falan da xente, do amor, da liberdade e da desobediencia, porque somos un pobo que discrepa e temos unha peculiar forma de enfrontrarnos á vida e á morte. Historias de disidencias cheas de heroínas que non existen nos libros e heroes sen nome. Historias de vida que beirean a morte e de mortos que volven a este mundo.

Categorías: Cultura

Carlos Blanco

Axenda Cultural - fai 0 seg

16 de xuño, 19:00
Rúa do Preguntoiro, 23 - Santiago de Compostela - A Coruña

Monólogo de Carlos Blanco

Categorías: Cultura

Na hora dos cans

Axenda Cultural - fai 0 seg

16 de xuño, 19:00
Salón Teatro - Santiago de Compostela - A Coruña

Sobre o porvir, a rebeldía e a liberdade

O tema de partida para o espectáculo teatral Na hora dos cans é a pesimista concepción da sociedade sobre o porvir da xuventude, argumentada, entre outros, por aspectos económicos e sociolóxicos. Tamén impera a consideración, non exenta de prexuízos, de que as persoas novas carecen do impulso rebelde que se esperaría de quen comeza unha vida autónoma. Quizais non estean faltas deste impulso e, ante as frustrantes expectativas de futuro, respondan con parálise ou agresividade ou combinen ambos segundo se lles presenten as perspectivas. Que podemos pedir a quen lle concedemos un peor porvir do que os seus pais tiveron no seu momento? Que pensa a xuventude das súas opcións?

FICHA TÉCNICA

Dirección: Nuno M. Cardoso

Dramaturxia: Ana Carreira

Interpretación: Alejandra Quijano Jordan, Aléxia Mengas, Ângelo Castro, Catarina Só, Noemi Pardo, Rita Couceiro Pinto, Théo Verdier, Vasco Paixão,

Escenografía: Justine Baron

Vestiario: Rafa Alves

Deseño de iluminación: Amelia Poyato

Asistencia de dirección: Susana Villaverde

Dirección escénica: Helena Matos

Produción: Joaquim Salgueiro

Parcería: Axencia Galega das Industrias Culturais/Centro Dramático Galego, Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude/Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, École Nationale Supérieure des Arts et Techniques du Théâtre, Instituto Politécnico de Lisboa/Escola Superior de Teatro e Cinema, Instituto Politécnico do Porto/Escola Superior de Música e Artes do Espetáculo, Les Célestins, Théâtre de Lyon, Teatro Nacional D. Maria II, Teatro Nacional São João

Proxecto financiado polo programa europeo Erasmus+ K2

Duración: 1h40’

Idade recomendada: +16 anos

A retirada de entradas (de balde) será unicamente presencial e estarán dispoñibles cada día no despacho de billetes.

Categorías: Cultura

De Vilatriste a Vilalegre

Axenda Cultural - fai 0 seg

16 de xuño, 19:00
Pistas deportivas - Mondariz-Balneario - Pontevedra

Xira por máis de 100 concellos na celebración do 40º aniversario do CDG

Nos arredores de Vilatriste hai unha lagoa da que emana unha néboa misteriosa que impregna o aire cunha estraña tristeza. Uns novos moradores descobren que se beben das súas augas adquiren un superpoder que os dota de capacidades extraordinarias. Pero as xentes de Vilatriste ignoran todos estes efectos. Cando estes forasteiros tentan compartir o seu achado atópanse de fronte coa desconfianza e rexeitamento dos veciños.

A morte do alcalde vello e a chegada do novo traen consigo toda unha serie de transformacións cunhas escuras intencións. Trepas é o alcume dun novo habitante de Vilatriste enredado inesperadamente nunha singular aventura: salvar a vila das fauces dun malvado dirixente. Axudado por unha singular superheroína descobren a fórmula para vencer ao seu inimigo pero... funcionará?

TEXTO ORIXINAL: Roi Vidal Ponche
DIRECCIÓN: Sofía Espiñeira López e Roberto Casal Mouriño
ELENCO: Uxía Algarra Cajide e Roberto Casal Mouriño
ESCENOGRAFÍA: Beatriz de Vega
VESTIARIO: Carmen Pichel
MÚSICA: Brais das Hortas

Categorías: Cultura
Distribuir contido

by Dr. Radut