Skip to Content

 

     

   

 

       xogade      

 

Artigos

Lista de libros de texto curso 23/24

Lista de libros de texto para o curso 23/24.

IMPORTANTE: NON MERCAR NINGÚN LIBRO ATA FALAR CO TITOR/-A.


Para consultar a lista, preme aquí ou preme no ficheiro adxunto.

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL para o curso 23/24

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR 2023/24

- Axudas para a adquisión de material escolar: Todo o alumnado que o vindeiro curso 2023-24 estea matriculado en Primaria poderá solicitar dita axuda. Nesta convocatoria estas axudas serán diferentes dependendo das marxes de renda per cápita de cada unidade familiar. Se a renda per cápita da unidade familiar ér igual ou inferior a 6.000 €, a axuda será de 75 €; se é superior a 6.000€ e inferior a 10.000€, será de 60€.

- O alumnado que curse 1º e 2º de Primaria, tamén poderá optar á axuda para a adquisición de libros de texto en diferentes contías dependendo da renta per cápita.

- O alumnado que o vindeiro curso esté matriculado en 3º e 4º de Primaria debe solicitar o fondo de libros. O alumnado que realizase reserva de prazo noutro centro deberá presentalo neste último (alumnado de 6º).

O alumnado que reciba os libros de texto comprométese a conservalos en bo estado e devolvelos ao fondo solidario ao finalizar o curso 2023/24. Os libros asignaranse según á renda per cápita da unidade familiar. En caso de cambio de centro o alumnado deberá devolver o lote de libros recibido.

- O alumnado de 5º e 6º de Primaria só poderá solicitar axuda de material xa que no centro se desenvolve o programa E-Dixgal (emprego de materiais dixitais).

* Os libros entregaranse en setembro de 2023,ao inicio do curso escolar.

* Os vales/cheques poderán ser recollidos  no comezo do mes de xullo (enviarase aviso abalar cando se atopen dispoñibles)

* Estas axudas serán compatibles con calquera outra axuda.

Toda a información premendo en  D.O.G. de venres, 19 de maio de 2023

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR E DATOS XERAIS DA CONVOCATORIA

*Prema no enlace e poderá descargar os ANEXOS I e II

https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/23899294

* Debe ser cuberto e entregado no centro no caso de realizarse de modo presencial (ver modos de presentación). Data límite: 21 de xuño de 2023 (inclusive). IMPORTANTE: Deben asinarse en todos os recadros ó efecto (tanto polo solicitante como daquelas persoas que computan na unidade familiar) e sinalar a autorización de comprobación de datos ou non de modo expreso riscando na casilla correspondente.

* Estes anexos son  válidos para a solicitude de axuda para a adquisición de material escolar e de fondo de libros.

* A solicitude será única para todos os/as fillos/as que estean no mesmo centro docente. Indicarase o curso no que estarán matriculados os nenos/as no vindeiro curso.

* A renda familiar é a do ano 2021. Sumaranse as cantidades que aparecen nos recadros 435 e 460 e dividirase polo número de membros da unidade familiar.

- Debe entregarse no centro a copia do libro de familia onde figuren todos os membros da unidade familiar.

- Outra documentación (de ser o caso):

                   - documentación relativa a separación e/ou divorcio (convenio regulador no relativo a/o menor),

                  - discapacidade (de calquera membro da unidade familiar),

                  - situación de violencia de xénero,

                 - situación de acollemento  ou certificado do centro de menores en situación de garda tutela ou garda da Xunta de Galicia.

MODOS DE PRESENTACIÓN

Para a tramitación da solicitude de modo presencial recoméndase ter concertada cita previa vía telefónica. Para a recollida da solicitude NON será necesaria.

Poderase realizar a solicitude accedendo á aplicación Fondolibros, e unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderán optar polas seguintes formas de presentación:

1) Presentación no centro: Neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro (debidamente asinados), xunto coa documentación.

2) Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Tras el, o centro recibirá aviso das solicitudes achegadas por esta vía.

Para calquera outra información ou dúbida sobre este procedemento e a súa solicitude, poden chamar ao teléfono do Centro: 886 151188 , preferentemente  de 9 a 10 .

 

 

 

Libros de texto curso 22/23

Listaxe dos libros de texto aprobados para o curso 22/23. Aclaración importante: non mercar ningún libro ata falar co titor/-a correspondente

Fondo libros e axudas para adquirir libros de texto e material escolar - Curso 22/23

Dende o 19 de maio ata o 22 de xuño poderanse solicitar as axudas para adquirir libros de texto (1º e 2º de Primaria), material escolar (todo o alumnado de Educación Primaria) e a participación no fondo solidario de libros de texto (3º e 4º de Primaria).

As solicitudes poderán presentarse no colexio ou electronicamente, a través da aplicación Fondo libros https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

Para a presentación da solicitude no colexio haberá que cubrir os Anexos I e II (que poderán ser recollidos no propio centro ou impresos a través da aplicación Fondo Libros) e entregalos debidamente cumplimentados e asinados, xunto cunha copia do libro de familia e, de ser o caso, a sentenza de separación ou convenio regulador, certificado de discapacidade e documentación acreditativa de ser vítima de violencia de xénero.

Pódese consultar toda a información da convocatoria no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0598-020522-0001_gl.pdf

LIBROS DE TEXTO CURSO 20/21

IMPORTANTE:

NON MERCAR LIBROS DE TEXTO ATA FALAR CO TITOR/A

A LISTAXE DE LIBROS SE PODE ATOPAR EN SECRETARÍA - LIBROS DE TEXTO

 

Libros de texto para o curso 2021/2022

IMPORTANTE:

- Non mercar ningún libro ata falar co titor/-a

Para acceder á lista de libros fai clic no ficheiro adxunto



by Dr. Radut