Skip to Content

 

     

   

 

     xogade        

 

Fondo libros e axudas para adquirir libros de texto e material escolar - Curso 22/23

Dende o 19 de maio ata o 22 de xuño poderanse solicitar as axudas para adquirir libros de texto (1º e 2º de Primaria), material escolar (todo o alumnado de Educación Primaria) e a participación no fondo solidario de libros de texto (3º e 4º de Primaria).

As solicitudes poderán presentarse no colexio ou electronicamente, a través da aplicación Fondo libros https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

Para a presentación da solicitude no colexio haberá que cubrir os Anexos I e II (que poderán ser recollidos no propio centro ou impresos a través da aplicación Fondo Libros) e entregalos debidamente cumplimentados e asinados, xunto cunha copia do libro de familia e, de ser o caso, a sentenza de separación ou convenio regulador, certificado de discapacidade e documentación acreditativa de ser vítima de violencia de xénero.

Pódese consultar toda a información da convocatoria no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0598-020522-0001_gl.pdf



page | by Dr. Radut