Skip to Content

 

     

   

 

           

 

Lista de libros de texto curso 23/24

Lista de libros de texto para o curso 23/24.

IMPORTANTE: NON MERCAR NINGÚN LIBRO ATA FALAR CO TITOR/-A.


Para consultar a lista, preme aquí ou preme no ficheiro adxunto.

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL para o curso 23/24

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR 2023/24

- Axudas para a adquisión de material escolar: Todo o alumnado que o vindeiro curso 2023-24 estea matriculado en Primaria poderá solicitar dita axuda. Nesta convocatoria estas axudas serán diferentes dependendo das marxes de renda per cápita de cada unidade familiar. Se a renda per cápita da unidade familiar ér igual ou inferior a 6.000 €, a axuda será de 75 €; se é superior a 6.000€ e inferior a 10.000€, será de 60€.

- O alumnado que curse 1º e 2º de Primaria, tamén poderá optar á axuda para a adquisición de libros de texto en diferentes contías dependendo da renta per cápita.

- O alumnado que o vindeiro curso esté matriculado en 3º e 4º de Primaria debe solicitar o fondo de libros. O alumnado que realizase reserva de prazo noutro centro deberá presentalo neste último (alumnado de 6º).

O alumnado que reciba os libros de texto comprométese a conservalos en bo estado e devolvelos ao fondo solidario ao finalizar o curso 2023/24. Os libros asignaranse según á renda per cápita da unidade familiar. En caso de cambio de centro o alumnado deberá devolver o lote de libros recibido.

- O alumnado de 5º e 6º de Primaria só poderá solicitar axuda de material xa que no centro se desenvolve o programa E-Dixgal (emprego de materiais dixitais).

* Os libros entregaranse en setembro de 2023,ao inicio do curso escolar.

* Os vales/cheques poderán ser recollidos  no comezo do mes de xullo (enviarase aviso abalar cando se atopen dispoñibles)

* Estas axudas serán compatibles con calquera outra axuda.

Toda a información premendo en  D.O.G. de venres, 19 de maio de 2023

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR E DATOS XERAIS DA CONVOCATORIA

*Prema no enlace e poderá descargar os ANEXOS I e II

https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/23899294

* Debe ser cuberto e entregado no centro no caso de realizarse de modo presencial (ver modos de presentación). Data límite: 21 de xuño de 2023 (inclusive). IMPORTANTE: Deben asinarse en todos os recadros ó efecto (tanto polo solicitante como daquelas persoas que computan na unidade familiar) e sinalar a autorización de comprobación de datos ou non de modo expreso riscando na casilla correspondente.

* Estes anexos son  válidos para a solicitude de axuda para a adquisición de material escolar e de fondo de libros.

* A solicitude será única para todos os/as fillos/as que estean no mesmo centro docente. Indicarase o curso no que estarán matriculados os nenos/as no vindeiro curso.

* A renda familiar é a do ano 2021. Sumaranse as cantidades que aparecen nos recadros 435 e 460 e dividirase polo número de membros da unidade familiar.

- Debe entregarse no centro a copia do libro de familia onde figuren todos os membros da unidade familiar.

- Outra documentación (de ser o caso):

                   - documentación relativa a separación e/ou divorcio (convenio regulador no relativo a/o menor),

                  - discapacidade (de calquera membro da unidade familiar),

                  - situación de violencia de xénero,

                 - situación de acollemento  ou certificado do centro de menores en situación de garda tutela ou garda da Xunta de Galicia.

MODOS DE PRESENTACIÓN

Para a tramitación da solicitude de modo presencial recoméndase ter concertada cita previa vía telefónica. Para a recollida da solicitude NON será necesaria.

Poderase realizar a solicitude accedendo á aplicación Fondolibros, e unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderán optar polas seguintes formas de presentación:

1) Presentación no centro: Neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro (debidamente asinados), xunto coa documentación.

2) Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Tras el, o centro recibirá aviso das solicitudes achegadas por esta vía.

Para calquera outra información ou dúbida sobre este procedemento e a súa solicitude, poden chamar ao teléfono do Centro: 886 151188 , preferentemente  de 9 a 10 .

 

 

 

Becas NEAE 23-24

CONVOCATORIA BOLSAS ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO. CURSO 2023/2024

Do 8 de maio ao 20 de setembro poden solicitar as axudas para alumnado con necesidade específica de apoio para o curso 2023/2024, que convoca o Ministerio de Educación.

Máis información na páxina web do Ministerio de Educación e nos arquivos adxuntos.

Se precisa axuda póñase en contacto coa orientadora do centro mércores,xoves e venres de 9:15 a 14:15.

 Prema no enlace para máis información

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar.html

Admisión 23/24

Todo o alumnado que presentou a solicitude de admisión para o curso 23/24 no noso centro   foi admitido .

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA: DO 20 AO 30 DE XUÑO DE 2023 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 23/24

Iníciase o procedemento de ADMISIÓN DE ALUMNADO en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2023/2024.

·        

Prazo de presentación de solicitudes:  do 1 ao 20 de marzo 

 

 IMPORTANTE: A solicitude, xunto co Anexo II Bis deberá vir asinada polos dous proxenitores, titores ou acolledores do menor.

O formulario de solicitude está dispoñible e pode presentarse:

1.A través da aplicación  https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/   (solicitudes>admisión).

 A solicitude debe ser impresa e unha vez asinada presentala no centro xunto con toda a documentación que se indica máis abaixo.

2Na sede electrónica da Xunta   mediante Chave365 ou Certificado Dixital. A solicitude faise na sede, onde se sobe a documentación escaneada. Neste caso non é necesario entregar nin a solicitude nin a documentación no centro, sempre que se complete correctamente  o procedemento.

3.Na secretaría do centro, en horario de 09:00 a 14:15. Hai que recoller o   impreso na secretaría do centro, cumprimentalo, asinalo e presentalo xunto coa documentación que se indica a continuación:

 Documentación que se debe achegar xunto coa Solicitude + Anexo II Bis:

 Fotocopia do DNI do alumno e copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros da unidade familiar.

De se dar o caso, sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

 

Ante calquer dúbida ou aclaración poden poñerse en contacto no teléfono 886 15 11 88

 

 Normativa

 DECRETO 13/2022, de 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación Anexo I

 Orde de 21 de octubre de 2022 polo que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedimiento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánicaca 2/2006, do 3 de mayo, de educación (DOG nº 212 do 8 de novembre de 2022).

Máis información en http://www.edu.xunta.gal

 

 Calendario de aplicación:

1. Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.

2. Prazo de presentación de solicitude de admisión: do 1 ao 20 de marzo.

3. Prazo de presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.

4. Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: o 25 de abril.

5. Prazo de reclamación contra as listaxes provisionais: 5 días hábiles, contados a partir do seguinte á data de publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido.

6. Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: o 15 de maio.

7. Prazo para formalizar a matrícula en educación infantil e primaria: do 20 ao 30 de xuño

VACANTES CURSO 23/24

 

EDUCACIÓN INFANTIL

4ºE.I.

VACANTES 23/24

A

8

B

8

C

9

5º E.I.

VACANTES 23/24

A

9

B

8

C

8

6ºE.I.

VACANTES 23/24

A

8

B

9

C

8

 

 

EDUCACIÓN PRIMARIA

CURSOS

UNIDADES

1

1

1

1

       1       

1

VACANTES 23/24

7

2

2

9

6

5

 

 

RESERVA DE PRAZA DO ALUMNADO DE 6º EP para 1º ESO NO IES FRANCISCO ASOREY. CURSO 2023/2024

ED550A: Reserva de praza, cambio de un centro a outro ao que se está adscrito (do CEIP Plurilingüe Enrique Barreiro Piñeiro ao IES Francisco Asorey-Cambados).

Prazo 15/01/2022 ao 06/02/2023

O próximo día 15 de xaneiro de 2023 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

Aplicación de xestión das solicitudes de reserva para centros adscritos  e admisión (prazo do 1 ao 20 de marzo de 2023), para alumnos de Educación Infantil, Primaria, Ensinanza Secundaria Obrigatoria e Bacharelato en centros sostidos con fondos públicos.

Solicitude de ReservaPrazo do 15 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2023

Información sobre o trámite:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550A

 

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:

1.    

Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá entrara seleccionar a opción de menú “Solicitudes–> Reserva –> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e poderá descargala para asinar e presentar no centro.

  1. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica
    Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para elo deberá premer na icona verde que se atopa arriba a dereita . Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes–> Reserva –> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que ten que indicar os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e posteriormente premendo no botón «Asinar e presentar en Sede Electrónica», poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de firma remate correctamente.

IMPORTANTEDebe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia o anexo I bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, ultima páxina da solicitude que pode visualiar e descargar nesta aplicación).

Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude. 

3.    

Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro, xunto coa documentación requerida. Non esqueza de adxuntar tamén o anexo I coa comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar): 
Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual.
Ben solicitando o impreso nas secretarías dos centros onde o alumno esta matriculado ou descargalo do arquivo adxunto, cubrilos e presentalos asinados no centro, xunto coa documentación pertinente.

Documentos de centro

Aquí temos un novo enlace a unha páxina onde podedes consultar, descargar, imprimir ou completar todos aqueles documentos relativos ao funcionamento diario do centro (autorizacións, admisión, fondo libros, programacións, etc).

 

DOCUMENTOS DE CENTRO

Libros de texto curso 22/23

Listaxe dos libros de texto aprobados para o curso 22/23. Aclaración importante: non mercar ningún libro ata falar co titor/-a correspondente

Adaptación da concreción curricular

No documento adxunto pódese consultar a adaptación da concreción curricular segundo a orde de avaliación do 25 de xaneiro de 2022, pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, educación secundaria e bacherelato no sistema educativo de Galicia.

Distribuir contido


by Dr. Radut