Skip to Content

 

     

   

 

       xogade      

 

EF

Adaptación da Programación Didáctica para o 3º Trimestre de EF

No documento adxunto podedes atopar a Programación Didáctica de EF adaptada para o 3º trimestre deste curso (2019/2020) trala suspensión das clases presenciais.

SENDEIRISMO

Co obxectivo de practicar actividade física ao aire libre con todo o seu potencial e co fin de colaborar no Proxecto integral do centro, rematamos o curso practicando sendeirismo e en concreto facendo un tramo da Variante Espiritual do Camiño Portugués, Ruta da Pedra e da Auga. Todos os niveis participaron.

 

PIRAGÜISMO - DRAGÓNS 2021

Para rematar o curso con experiencias novas e saudables, viaxamos ao Pontillón do Castro e coñecemos de preto o Complexo deportivo David Cal onde coñecemos o deporte náutico do Piragüismo remando en embarcacións grupais, Dragóns.

 

BÁDMINTON CON ALMU

O día 6 de maio tivemos a sorte de ter con nós, a Almu, que foi xogadora profesional de Bádminto, deporte que estamos a traballar.

Compartíu a súa experiencia deportiva co alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP.

Sempre estaremos agradecidos coa súa colaboración onde unha vez máis se demostra a importancia de toda a Comunidade Educativa na Educación da Infancia.

GRAZAS ALMU!

 

A PSICO DE ABRIL 2021

E xa imos camiño de rematar o curso...

 

A PSICO DE MARZO

Continuamos traballando...

 

 

PSICO DE FEBREIRO 2021 - INFANTIL

Neste vídeo deixamos unha pequena mostra do traballo do mes de febreiro.

 

MONTAXE DE CORDA EN FEBREIRO 2021

Seguimos practicando para mellorar as nosas habilidades coa corda

 

O AERÓBIC

Iniciámonos no aeróbic buscando manternos activos, mellorando as nosas cualidades físicas e habilidades básicas...en resumo, a nosa SAÚDE!

 

A PSICO DE XANEIRO

E como as gañas desta rapazada non se esgotan...seguimos traballando: habilidades manuais, equilibrio, ritmo, condución e conciencia da respiración.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut