Skip to Content

 

     

   

 

       xogade      

 

Artigos

ADMISIÓN CURSO 24-25

PROCESO DE ADMISIÓN 2024-2025

PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDES

1 ao 20 de marzo

 

 

 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA

  • Impreso de solicitude
  • DNI ou libro de familia de todos os membros computables da unidade familiar.
  • Sentenza de separación (de ser o caso).
  • Documentación acreditativa do alumnado con necesidades específicas

PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN (NO CASO DE BAREMAR)

  • Días hábiles entre o 21 de marzo e o 11 de abril.

PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS

25 de abril

PUBLICACIÓN DE LISTAXES DEFINITIVAS

15 de maio

PERÍODO DE MATRÍCULA

Do 20 ao 30 de xuño

Para calquera dúbida, pódese acudir ao centro en horario lectivo ou chamar por teléfono ao 886151188

Normativa de aplicación:

 DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220211/AnuncioG0598-040222-0004_gl.html

ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221108/AnuncioG0655-281022-0001_gl.html

 

VACANTES CURSO 24-25

VACANTES PARA O CURSO 2024-2025

CURSO

VACANTES

4º EDUCACIÓN INFANTIL

17+3 NEAE

5º EDUCACIÓN INFANTIL

13

6º EDUCACIÓN INFANTIL

15

1º EDUCACIÓN PRIMARIA

0

2º EDUCACIÓN PRIMARIA

0

3º EDUCACIÓN PRIMARIA

0

4º EDUCACIÓN PRIMARIA

0

5º EDUCACIÓN PRIMARIA

4

6º EDUCACIÓN PRIMARIA

0

*Este cadro mostra as vacantes estimadas en base ás permanencias e matrícula actual da escola.

Poden xurdir vacantes no caso de que alumnado do colexio solicite admisión no período ordinario noutros centros educativos.

 

RESERVA DE PRAZA CENTRO ADSCRITO CURSO 24-25

Dende o día 15 de xaneiro  ata o día 5 de febreiro de 2024 ábrese o prazo para a solicitude de reserva de praza no centro de adscrición para que o alumnado de 6º de Primaria poida continuar os seus estudos obrigatorios. O noso centro adscrito é o IES Francisco Asorey. Este trámite poderase realizar a través de dúas vías:

  • modo presencial no centro: a través da solicitude que se enviará ás familias ou a través da creación do formulario a través da seguinte  Aplicación Admisión Alumnado clicando no menú Solicitudes- Reserva- CrearSe se opta por esta vía, sempre se deberá entregar no centro.
  • modo telemático: a través da aplicación anterior sempre que se dispoña dun certificado dixital ou acreditación válida (chave 365).

Aquel alumnado que non desexe reservar no centro adscrito, deberá consultar os prazos de reserva de praza naquel centro ao que queira optar no vindeiro curso.

 

Becas NEAE 24-25

CONVOCATORIA BOLSAS ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO. CURSO 2024/2025

Do 30 de abril ao 13 de setembro poden solicitar as axudas para alumnado con necesidade específica de apoio para o curso 2023/2024, que convoca o Ministerio de Educación.

Máis información na páxina web do Ministerio de Educación e nos arquivos adxuntos.

Se precisa axuda póñase en contacto coa orientadora do centro mércores,xoves e venres de 9:15 a 14:15.

 Prema no enlace para máis información

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar.html

Contacto e horario

O horario de atención ás familias é de 13.30 horas a 14.15 horas.

Para contactar co centro, o teléfono é 886151188 e o mail do centro é o seguinte: ceip.enrique.barreiro@edu.xunta.gal

 



by Dr. Radut